viernes, 21 de diciembre de 2012

Novembro de 2012

Amanita muscaria. Foto: T. Salazar
Mes de poucas sorpresas na Chaira, no climático e collendo como referencia unha vez máis a estación meteorolóxica automática que Meteogalicia ten en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei atopamos unha temperatura media para o mes de 7,5º C, acadándose a máxima absoluta o día 15 con 20,2º C e a mínima tan só unha semana máis tarde, o día 22 con -3,6º C. Houbo 6 días de xeada (aínda que rozando os 0º houbo algúns máis) e recolléronse 102,3 l/m2 repartidos en 29 días con precipitación > 0,1 mm dos que 17 días rexistraron unha precipitación > 1 mm. O día con máis auga foi o 3 no que caeron 12,8 l/m2. Aínda algunhas setas escaparon das xeadas.

As aves que veñen do frío máis norteño son aínda relativamente escasas en número, avefrías (V. vanellus), píldoras douradas (Pluvialis apricaria), tordo real (Turdus pilaris) e vermello (T. iliacus) xunto con escribentas das canaveiras (Emberiza schoeniculus) ou pimpín real (Fringilla montifringilla) e outras máis comúns déixanse ver nalgunhas zonas da comarca, o mesmo que unhas poucas anátidas nos humidais. En Riocaldo, logo dese repentino e inconsciente vaciado producido a finais de outubro, vense até 8 biluricos alinegro (Tringa ochropus) xuntos mentres xabarís, corvos pequenos e raposos seguen a desfrutar dun, máis que probablemente inesperado, aporte extra de marisco á súa dieta en forma de mexillón de río. En terras de Cospeito e Castro de Rei un par de cegoñas (C. ciconia) que xa non resulta doado asegurar se se trata de exemplares invernantes ou das máis madrugadoras en adianta-lo seu regreso ás zonas de cría.

Día 3

Lagoa de Caque (J. Otero).

Poucas anátidas á vista, apenas se poden contar 106 lavancos (Anas platyrhynchos) e 49 cercetas (A. crecca) e  nas praderías aledañas un lagarteiro (Falco tinnunculus), un mínimo de 14 garzas reais (Ardea cinerea) e 2 tordos reais.

Carriza (T. troglodytes). Foto:  C. González
Día 4

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

V. vanellus   14 ex.
B. buteo   3 ex.
Corvus corax   un ex. acosado por varios corvos pequenos (C. corone)
Fringilla montifringilla   1 ex. pousado nunha árbore no medio dun bando de Fringilla coelebs
Emberiza schoeniclus   1 ex. pousado nunha árbore preto dun rastrollo de millo
Emberiza calandra   pequeno grupo que se movía nas proximidades dun rastrollo de millo.

A Croa (J. Otero).

Lanius meridionalis 1 ex.
Anthus pratensis un activo bando que sobrepasa o centenar de ex.

Lagoa de Cospeito (J. Otero).

Algunhas cercetas metidas entre as espadanas, imposible contalas, uns 70 lavancos e 2 asubións (Anas penelope).

Día 9

A Tolda. Lugo. No río Miño (T. Salazar).

A. penelope   1 F.

Día 10

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Tachybaptus ruficollis   6 ex.
Branta canadensis segue 1 ex.
Anas strepera   1 M.
A. penelope   2 ex.
A. crecca   11 ex.
A. platyrhynchos   237 ex.
Fulica atra   6 ex.
Tringa ochropus  4 ex.
Phalacrocorax carbo   69 ex.

Día 11

Lagoas de Riocaldo (T. Salazar).

Tringa ochropus   8 ex.
Calidris alpina   1 ex.

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

V. vanellus  34 ex.
Accipiter nisus   2 ex.

Carballido. Vilalba (C. González, J.R. Bugallo).

7 xabarís (Sus scrofa).

Día 15

A Espiñeira (J. Otero).

V. vanellus   mínimo 25 ex.
Corvus corone   dous escandalosos grupos, un deles de 211 ex. e o outro arredor de 100 máis outros individuos dispersos.
G. gallinago   1 ex. levanta nun prado enchoupado
Passer montanus   bando de 12-15 ex.  nunha sebe con silveiras.

Día 16

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Phalacrocorax carbo   70 ex.
Tachybaptus ruficollis   4 ex.
Podiceps cristatus   1 ex.
Fulica atra   6 ex.
Branta canadensis   6 ex.
Ardea cinerea   1 ex.
Anas acuta   1 F.
A. platyrhynchos   73 ex.
A. crecca   14 ex.
A. strepera   ex.
A. penelope   2ex.

Día 18

Rábade (D. Pérez, O. Rivas).

G. gallinago   mínimo 30 ex. levántanse dun prado ás aforas da vila.

Espiñeira (J. Otero).

V. vanellus   38 ex. nun rastrollo de millo (con F. Fdez. de Soto).
Falco tinnunculus   1 F.
Tringa ochropus   1 ex.
P. montanus   8 ex. na mesma zona que días atrás
G. gallinago   3 ex.
Sturnus vulgaris   nutridos bandos alimentándose nos rastrollos de millo xunto con corvos pequenos, frinxílidos, avefrías, etc.

   
                     Típica leira con restos de millo na que é doado ollar alimentándose
                 avefrías, píldoras, estorniños, pimpíns, lavercas, picas, corvos pequenos,
                         verderolos, pimpíns do norte, escribentas das canaveiras e outras
                                                     moitas especies. Foto:  J. Otero

Roás. Cospeito (J. Otero).

Carduelis carduelis   bando de aprox. 50 ex.
C. ciconia   1 ex.

Arneiro-Veiga de Pumar (J. Otero).

F. tinnunculus   3 ex.
Ardea cinerea   mínimo 12 ex. espallados polos prados.

Matodoso (J. Otero).

Fringilla montifringilla   mínimo 2 M. mesturados nun bando con F. coelebs e Carduelis chloris.

Arcillá (J. Otero).

F. tinnunculus   1 ex.

Xustás-Matodoso (J. Otero).

Elanus caeruleus   2 ex.

Día 24

Veiga de Pumar (J. Otero).

Nun rastrollo de millo, lindando coa zona inundable que lle dá nome ao lugar aliméntanse tordos reais e charlos (Turdus viscivorus), pimpín, pimpín do norte (un mínimo de 6 ex.) e liñaceiros (Carduelis cannabina).

Día 25

Lagoa de Cospeito (C. González, J.R. Bugallo).

T. ruficollis   3 ex.
A. crecca   74 ex.
A. platyrhynchos   59 ex.
Fulica atra   12 ex.
A. strepera   2 ex.
Gallinula chloropus   1  ex.
Aythya fuligula   1 M. e 3 F.
Ardea cinerea   1 ex. (moi escasas no lugar este outono)
Falco peregrinus 1 ex. voando sobre a lagoa.

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

Tordo real (Turdus pilaris). Foto:  J.R. Bugallo
Os catro tordos T. pilaris, T. viscivorus, T. iliacus e T. philomelos
Passer montanus   15 ex. mínimo
Emberiza calandra   1 ex.
Larus fuscus   5 ex. pasan voando
G. gallinago   5 ex.
Prunella modularis
Regulus ignicapilla
Sturnus spp. e lavercas (Alauda arvensis) en varios grupos.
F. montifringilla   mínimo 200 ex. mesturados con F. coelebs, C. chloris e C. cannabina.
F. columbarius   1 ex.



Veiga de Pumar (J. Otero).

F. montifringilla  algúns ex. mesturados con outros frinxílidos.
F. peregrinus   1 ex. ad.
Accipiter gentilis 1 F. pasando nun par de ocasións a baixa altura entre as árbores onde estan pousados un bando de frinxílidos.

Bazar (J. Otero).

F. montifringilla   mínimo 20 ex. nun bando mixto.

Pacios- Gondriz-Marquide (Castro de rei-A Pastoriza) (J. Otero).

Pímpín do norte (F. montifringilla) e pimpín (F. coelebs). Foto:  J. Otero

F. montifringilla   mínimo 4 ex. xunto con F. coelebs.
Turdus pilaris   grupo de aprox. 20 ex. alimentándose nun prado.
 A Espiñeira (J. Otero).
V. vanellus   mínimo 40 ex. nun rastrollo de millo.
F. montifringilla   un bando con 200-250 ex. e outro con uns 80 ex.  mesturados con pimpíns, verderolos e liñaceiros.

C. ciconia   1 ex. no Pacio e outro en Roás, e xa no Matodoso un bando dunha trintena de tordo rubio (T. iliacus) (J. Otero).




Día 27
Lagoas de Riocaldo (J. Otero).
Día de censo dos humidais chairegos no que se podería destacar que o número de corvos mariños (Phalacrocorax carbo) sobrepasa xa o centenar no seu durmidoiro e hai poucas anátidas en xeral. Deixase ver un rascón (Rallus aquaticus) e 2 biluricos alinegros (T. ochropus).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas polas entradas tan detalladas dos avistamentos pola Chaira. Síntome preto da terra cada vez que vos leo, aínda que nos separen 1000km. Agora no Nadal espero poder ver parte do que por aquí nos contades.
Apertas.
Paula Pisón.

numenius dijo...

Moitas grazas pola/s visita/s Paula.Encantados de "achegarte" a Chaira por pouco que sexa, gustaríanos que as entradas fosen máis frecuentes, aproximándose a tempo real, pero resulta completamente imposible.

Non estou en condicións de darte moitas novidades neste momento, se acaso que hai uns días viuse unha curuxa das xunqueiras pola Veiga.

Que goces dun bo Nadal e un mellor 2013.