lunes, 10 de septiembre de 2012

Xuño - xullo de 2012


Toca, logo deste dilatado período vacacional (vacacións tan só no que á actualización do blogue se refire), retomar a "pluma" e dar conta dalgunhas das novas que durante estes tres últimos meses fomos rexistrando, algunhas pensamos que certamente interesantes. Imos dividir os contidos en dúas entradas (xuño - xullo dunha banda e agosto doutra) coa intención de non facer en exceso tediosa a lectura das mesmas.

2 ex. de lagarteiro cincento (Elanus caeruleus) no Arneiro. Foto: D. Calleja.
Durante o mes de xuño vanse asentando nos seus territorios os picanzos vermellos (Lanius collurio). O sisón (T. tetrax) intensifica a súa tardía actividade reprodutiva, e tamén o alcaraván (Burrhinus oedicnemus) ocupa o seu tempo en tentar sacar adiante, tal vez con segundas postas, a súa descendencia. Nas mesmas labores están inmersas tartarañas cincentas (Circus pygargus), lagarteiros (Falco tinnunculus), falcóns pequenos (F. subbuteo) e outras aves de presa, tal coma moitos paseriformes e outros grupos de aves. Nacen os primeiros pitos de mergullón cristado (Podiceps cristatus) e, fóra do ámbito ornitolóxico a vida bule de igual xeito, réptiles, lepidópteros e outros insectos e mesmo a flora aproveitan os calurosos e longos días do estío para amosarse na súa plenitude.


Macho de vacaloura (Lucanus cervus) despegando. Foto: C. González.
Como curiosidades destacadas subliñar o avistamaento dunha cegoña negra (Ciconia nigra) a mediados de mes ou a presenza dende os últimos días de xuño de varios exemplares de lagarteiro cincento (Elanus caeruleus).

No transcorrer do mes de xullo sucédense as observacións de lagarteiro cincento por parte de diferentes ornitólogos, hai algún avistamento de falcón peregrino (Falco peregrinus) e asoman os primeiros voantóns de picanzo vermello. Obsérvase o moucho (Athene noctua) de Cospeito con frecuencia (C. González). Nacen os derradeiros polos de cegoña branca da relativamente abundante poboación chairega. En Portomarín obsérvase unha aguia pescadora (Pandion haliaetus). Repítense varios intentos abortados de cría do mergullón cristado en Riocaldo, e afortunadamente algún exitoso. Observacións de garzas vermellas (Ardea purpurea) en Cospeito e de andoriña dáurica (Hirundo daurica) en Rábade.

Como ven sendo habitual pasamos a detallar cronolóxicamente as observacións máis destacadas.

XUÑO:

Día 2

Buteo buteo  1 ex. dá caza a unha rata e cómea pousado na estrada, en Cospeito (C. González).

Día 3

Xustás-Veiga de Pumar-Arneiro-Goá

Numenius arquata. 3 ex. en primeiro termo, ao fondo cegoñas aliméntase tra-lo paso dun tractor. Foto: J. Otero.
Entre outras observacións:
Falco peregrinus  1 parella reclamando pousada en dúas árbores contiguas no lugar da Xoca, Goá
(C. González, J.R. Schz., Bugallo, O. Rivas).
Circus aeruginosus  1 ex. voando na Veiga de Pumar (C. González, J.R. Schz., Bugallo, O. Rivas).
Macho de morfo "normal" de tartaraña cincenta (Circus pygargus). Foto: J. Otero.
Numenius arquata  3 ex. pousados nuna leira con millo recén xermolado (C. González, J.R. Schz., J. Otero, O. Rivas).
Streptopelia turtur 8 ex.  nun percorrido entre Xustás e  Arneiro (J. Otero).
Ciconia ciconia  82 ex. en pequenos bandos entre Xustás e  Arneiro (J. Otero).
Circus pygargus  1 M. e 2 F., unha delas melánica, na zona da Veiga de Pumar-Arneiro (J. Otero).
Lanius collurio  1 M., 1 P. e 1 F. en 3 territorios distinto na zona da Veiga de Pumar-Arneiro (J. Otero).


Día 9

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Podiceps cristatus  4 parellas ocupando niños.
Notable número de hirundínidos, especialmente andoriña (Hirundo rustica) e algunha andoriña das barreiras (Riparia riparia) alimentádose, xunto a un número tamén apreciable de cirrios (Apus apus) sobre a lagoa grande.

Día 10

Veiga de Pumar (J. Otero).

Numenius arquata  3 ex. nunha zona moi próxima a onde se viron a semana anterior.

Román. Vilalba (C. González, J. Otero, O. Rivas).

Circus pygargus  1 F. melánica
Milvus migrans  3 ex.

Aporia crataegi.  2  ex. desta fermosa especie  presente na Chaira. Foto: J. Otero.

Día 13

Cospeito (C. González).

Athene noctua  1 ex.

Día 14

A Pastoriza (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

Ciconia nigra  1 ex. sobre o rego da Fraga en San Miguel de Saldanxe.

Día 16

Cospeito - Castro de Rei (O. Rivas).

Falco tinnunculus  1 F. incubando nun niño sobre un piñeiro en Arcillá. Saen en principio adiante 4 polos que con aproximadamente 3 semanas desaparecen, semella que poideron ser depredados.
Burrhinus oedicnemus  1 parella incubando.
M. de pardal montés (Passer montanus) no Arneiro. Foto: J. Otero.

Día 17

Arneiro (J. Otero).
Pernis apivorus  1 ex.
Passer montanus un pequeno bando (5-6 ex.) procura alimento nun terreo arado.









Día 18

Lagoas de Riocaldo (J. Armesto, E. Coira, J. Folgueira , J. Otero).

Podicpes cristatus  primeiros polos, unha parella con 3 pitos "a bordo".

Ad. de mergullón cristado ofrece unha pluma ao pito, protexido no lombo da súa parella. Foto J. Otero (arquivo).

 Día 24

Veiga de Pumar-Arneiro-Goá (C. González, J. Otero).

Milvus migrans  6-7 ex.
Falco subbuteo  1 ex. acosando aos millafres que ciclean gañando altura até que os perdemos de vista.

Día 26

Cospeito

Lanius collurio 1 ex. na saída da Feira do Monte cara a Rábade pousado no tendido eléctrico (C. González).
Falco tinnunculus  1 ex. xunto á igrexa de Lamas (C. González).
Athene noctua  1 ex. en Cospeito (C. González).
Circus aeruginosus  2 F. na lagoa de Cospeito (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

 
Parella de lagarteiros cincentos en actitude de cortexo. Foto: D. Calleja.
Día 29


Elanus caeruleus 3 ad., 2 deles emparellados, voan perseguíndose con batidos de ás e vocalizacións agudas no Arneiro (D. Calleja, J. Otero).
Circus pygargus 1 M. en Xustás (D. Calleja).
Aythya fuligula 1 F. na lagoa de Caque (D. Calleja).



Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Entre outras observacións:
Fulica atra  2 ex.
Podicpes cristatus 1 P. con 3 polos, 1 P. con 1 polo (mínimo), 1 P. chocando e 1 P. máis comezando a construir o niño.
Hieraaetus pennatus  1 ex. de morfo claro.



XULLO:

Día 1

A Pena grande. Carballido. Vilalba (C. González).
Milvus migrans  1 ex.
Falco tinnunculus  1 ex.
Lanius collurio  1 ex.

Veiga de Pumar-Arneiro-Goá 

Burrhinus oedicnemus  1 P. (O. Rivas).
Elanus caeruleus  2 ex. (D. Calleja, J. Otero, O. Rivas).

Día 3

Veiga de Pumar-Arneiro-Goá

Elanus caeruleus  2 ad. (D. Calleja, A. Martínez, R. Hevia).
Circus pygargus 1 F. Probablemente o mesmo ex. foi observado uns minutos antes en Xustás (D. Calleja).  

Día 6 

Rallus aquaticus  1 ex. escoitado na lagoa de Cospeito (C. González).  

Día 7

Falco peregrinus  1 xuv. na Veiga de Pumar (J. Otero). 

Día 8 

Lagoa de Cospeito (C. González, J.R. Bugallo).

Circus aeruginosus  1 ex.
Ardea cinerea  3 ex.
Ardea purpurea  1 ex. 

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

Macho de sisón no Arneiro. Foto: J. Otero.
T. tetrax  4 ex.
Turdus viscivorus  8 ex.
C. ciconia  18 ex.
Circus pygargus  1 ex.
Árbol, entre A Croa e Vilademouros, Carballido (C. González, J.R. Bugallo).

Lanius collurio 2 M. 

Veiga de Pumar-Arneiro (D. Calleja).

Elanus caeruleus  1 ad.
Circus pygargus  1 F.
Falco subbuteo  1 ex.

Día 10

Accipiter gentilis  1 ex. (probable F.) pasa voando a baixa altura en Insua, O Castro, Begonte (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

Día 18

Xustás-Veiga de Pumar-Arneiro
Pica das árbores (Anthus trivialis) con ceba na Veiga de Pumar. Foto: D. Calleja.

Elanus caeruleus  1 ad. (D. Calleja, J. Otero).
Passer montanus  2 ex. (D. Calleja, J. Otero).
Circus pygargus  1 M. e 1 F. en Xustás (D. Calleja).
Anthus trivialis  2 ex. con ceba (D. Calleja).
C. ciconia  97 ex. repartidos por toda a zona (J. Otero).
Día 19 

Pandion haliaetus  1 ex. en Portomarín (F. Fdez. de Soto, O. Rivas). 

Día 22

Falco peregrinus  1 ex. pousado nunha árbore e posteriormente persegue a un sisón no Arneiro (J. Otero, O. Rivas).
Circus aeruginosus 1 ex. con marcas alares (Esq.: Verde, Dta.: Branca) na lagoa de Cospeito (C. González, O. Rivas).

Niño de andriña dáurica en Rábade. Foto: J. Otero.
Día 24

Martes martes 1 ex. en Xermar (C. González). 

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Ardea cinerea  5 ex.
Larus fuscus  19 ex. pasan cara ao W


Día 25

Lanius collurio  1 F. con 2 voantóns na Cigoñeira (J. Otero).







Día 26 

Hirundo daurica  2 ex. entran debaixo dunha ponte na A6 en Rábade. Días máis tarde obsérvase o niño, semella xa antigo, con tres túneis de entrada/saída pero non se pode confirmar a presenza da especie (J. Otero).

Día 27 

Hieraaetus pennatus 1 ex. na Feira do Monte (C. González).
Platanthera bifolia, unha das especies de orquídeas da Terra chá. foto: J. Otero
Día 29

Falco tinnunculus 5 ex. na Croa (C. González, J.R. Bugallo).
Lagoa de Cospeito (C. González, J.R. Bugallo).

Falco tinnunculus  1 ex.
Circus aeruginosus  2 ex.
Ardea cinerea  3 ex.
Ardea purpurea  2 ex.
Buteo buteo  1 ex.
Milvus migrans  1 ex.
Lanius collurio  un grupo familiar