Colonia de cegoñas de Bazar entre as augas do Miño desbordado. Foto: X. Otero |
Así as cousas, nun inverno que non destaca pola súa dureza en canto ás temperaturas extremas (das chuvias xa falaremos máis adiante), son escasos e pouco destacables os avistamentos de especies típicas das invernías máis crúas como avefrías, píldoras douradas, tordos reais, etc. Números en xeral discretos de anátidas e outras acuáticas poidendo destacar unha boa observación de máis de 60 patos rabudos Anas acuta a finais de mes na lagoa de Caque, xunto con máis dunha ducia de cercetas do estío A. querquedula. Ollouse un lagarteiro cincento Elanus caeruleus nun par de ocasións en lugares distintos, un macho e unha femia de gatafornela Circus cyaneus en datas e lugares tamén distintos, gozamos do canto da avelaiona Strix aluco pola comarca sen esquecer a sempre grata presenza do moucho Athene noctua.
Día 2
Celebramos o Día Mundial das Zonas Húmidas organizando no CEN - Casa das Ínsuas de Rábade unha xornada de iniciación ás aves acuáticas invernantes á que non houbo a abrumadora asistencia que agardabamos, vese que o frío non animou moito a madrugar. Así que en "petit comite" visualizamos algún documental no auditorio e logo demos en achegarnos á lagoa de Caque e máis botar unha ollada pola Veiga de Pumar, que non estaba especialmente animada, e zonas próximas.
Veiga de Lamas (C. González).
Aythya fuligula 21 ex.
Anas platyrhynchos Un bo número de ex. por toda a zona
Lagoa de Caque (J.R. Bugallo, Serafín, O. Rivas, X. Otero).
Presenza dun número máis ben regular de anátidas, das que case nin fixemos conteos:
Anas clypeata mínimo 60 ex.
A. platyrhynchos
A. crecca
A. strepera
Aythya fuligula
Fulica atra, etc...
Lagoa de Caque 27/02/2013. Entre as anátidas: Anas acuta, A. querquedula, A. crecca, A. clypeata... Foto: X. Otero |
Veiga de Pumar (J.R. Bugallo, S.?????, O. Rivas, X. Otero).
Apenas un lagarteiro Falco tinnunculus.
Bazar (J.R. Bugallo, S.?????, O. Rivas, X. Otero).
Na colonia de cegoña branca Ciconia ciaconia un mínimo de 9 ex.
Phalacrocorax carbo 1 ex.
Turdus pilaris
Turdus iliacus
Día 3
A Espiñeira (C. González, O. Rivas).
Lanius meridionalis 1 ex.
Día 5
Feira do monte (C. González).
Strix aluco 1 ex.
Día 8
Bestar (C. González).
Strix aluco 1 ex.
Día 9
Cospeito (C. González).
Athene noctua segue deixándose ver este habitual da fauna chairega.
Día 19
Lamas (C. González).
Elanus caeruleus 1 ex.
A Cigoñeira (E. Villares, X. Otero).
Buteo buteo Aproveitando unha breve raiola de sol, unha parella exhibe o seu voo nupcial.
A Cigoñeira (E. Villares, X. Otero).
Buteo buteo Aproveitando unha breve raiola de sol, unha parella exhibe o seu voo nupcial.
Día 21
S. Xiao de Mos (Castro de Rei) (E. Villares).
Circus cyaneus 1 M.
Día 24
Feira do monte (C. González, O. Rivas).
Elanus caeruleus 1 ex. pousado nun piñeiro (P. radiata).
Lagoa de Cospeito (C. González, O. Rivas).
Circus cyaneus 1 F.
Día 25
O Toiral (C. González).
Elanus caeruleus 1 ex.
Falco tinnunculus 1 ex.
Buteo buteo 2 ex.
Día 27
Lagoas de Riocaldo (X. Otero).
A destacar, entre outras especies:
Anas querquedula 1 F.
A. strepera 10 ex.
Aythya fuligula 2 ex.
Croicocephalus ridibundus 6 ex. pasan cara ao SE.
Phalacrocorax carbo Aínda un bo número de exemplares desta especie invernante.
Aspecto parcial do durmidoiro de corvos mariños nas lagoas de Riocaldo nunha mañá de finais de febreiro. Foto: X. Otero |
Lagoa de Caque (D. Calleja, ?. ????, X. Otero)
Cinco das cercetas do estío presentes en Caque o 27/02/2013. Foto: X. Otero |
A. querquedula Entrando durante a mañá xa que eran máis a mediodía que á primeira hora.
A. crecca en número próximo aos 400 ex.
Circus aeruginosus 1 F./Inmt.
Anas acuta mín. 60 ex. aos que hai que engadir algunhas decenas máis noutras zonas da Chaira.
Anas acuta mín. 60 ex. aos que hai que engadir algunhas decenas máis noutras zonas da Chaira.
Xustás (X. Otero).
Fringilla montifringilla mín. 3 ex. mesturados con pimpín F. coelebs, verderolos Carduelis chloris e liñaceiros C. cannabina.
No foro galiciaves recollemos de R. Hevia a observación de bastantes pimpíns do norte F.montifringilla, 1 picanzo meridional Lanius meridionalis e 1 esmerillón Falco columbarius en Cospeito a mediados de mes.
Macho de pardal. Foto: X. Otero |
No foro galiciaves recollemos de R. Hevia a observación de bastantes pimpíns do norte F.montifringilla, 1 picanzo meridional Lanius meridionalis e 1 esmerillón Falco columbarius en Cospeito a mediados de mes.
Pola súa banda, no Noticiario Ornitoxeográfico Galego (N.O.G.) atopamos citas e J. Cantil na lagoa de Cospeito o día 19:
Aythya fuligula 12 ex.
Anas clypeata 26 ex.
Anas strepera 7 ex.
Circus aeruginosus 1 xuv. voando sobre a lagoa