martes, 15 de mayo de 2012

Abril de 2012


En abril por fin chegaron as chuvias, e madialeva que fixeron honor ao dito, senón foron augas mil non foi por moito. Así na estación meteorolóxica de Castro Ribeiras de Lea (de Meteogalicia) recolléronse durante o mes 130 mm repartidos en 22 días, os días 6 e 7 e dende o 10 até o 30 sen descanso. As temperaturas máis ben baixas cunha media mensual de 7,7ºC (media das máximas = 12,3ºC  e media das mínimas = 3,8ºC) sendo a máxima puntual de 21,2ºC o día 9 e a mínima puntual de -0,2ºC o día 16. Inda así xa vedes que o persoal de Numenius non se arreda con facilidade e as saídas ao campo foron numerosas, realmente inda máis das que se reflicten nesta entrada.

Día 1:

A Espiñeira (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Oenanthe oenanthe  2 ex.
Turdus iliacus 9 ex.
Falco tinnunculus 1 M.
Buteo buteo 1 ex.
Ciconia ciconia 3 ex.
Ardea cinerea  1 ex.
Vanellus vanellus  1 ex.
Capreolus capreolus  5 ex.
 
Anas platyrhynchos (F.) Foto: J.R Bugallo



 Lagoa de Cospeito (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Anas platyrhynchos  25 ex. aprox.
Anas crecca  2 ex.
Aythya fuligula  1 F.
Anas clypeata  12 ex.
Fulica atra  2 ex.
Tachybaptus ruficollis  3 ex.

Veiga de Pumar (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Ciconia ciconia  108 ex. na mesma finca xunto con 11 gaivotas choronas (Larus ridibundus) e 4  garzotas (Egretta garzetta).
Milvus migrans  3 ex. mínimo
Oenanthe oenanthe  2 ex.

Día 2:

Portomarín e arredores (D. Pérez, L. Gude, F. Fdez. de Soto, G. Martínez e O. Rivas).

Falco peregrinus  4 territorios na zona.
Pandion haliaetus  1-2 ex. na zona que se observan durante varios días.
Circaetus gallicus
Corvus corax  2 posibles parellas compartindo cortado cunha parella de F. peregrinus.
Corvus monedula  1 ex. no lugar de Sta. Mariña.

Día 6:

Portomarín e arredores (D. Pérez, L. Gude, F. Fdez. de Soto e O. Rivas):

Oriolus oriolus  1 ex. cantando nas beiras do encoro na zona de Sabadelle.

Día 7:

Lagoa de Caque (P. Quintana vía Galiciaves).

Egreta alba  1 ex.
Egretta garzetta  2 ex.
Circus aeruginosus  1 ex.
Aythya fuligula  2 F.
Upupa epops 1 ex.

Na Croa (C. González).

30 pombos (Columba palumbus) e unha parella de lagarteiros (Falco tinnunculus)

En Lamas (C. González). Un porco teixo (Meles meles)

Sobre a autovía A6, á altura do acceso, na localidade de Rábade un bando de 63 gaivotas escuras (Larus fuscus) pasan con rumbo NE (J. Otero).

Día 8:

A Espiñeira (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Turdus philomelos  varios exemplares soltos.
Turdus viscivorus mínimo  6 ex.
Alauda arvensis  2 ex.
Falco tinnunculus   1 ex.
Ardea cinerea   2 ex.
Buteo buteo   4 ex.
Capreolus capreolus   3+3 ex.
Pyrrhula pyrrhula   2 parellas

Alauda arvensis. Foto: J.R. Bugallo

Lagoa de Cospeito (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Anas platyrhynchos   7 ex.
Anas crecca   13 ex.
Fulica atra   2 ex
Anthus trivialis  2 ex.
Tachybaptus ruficollis  5 ex.
Hirundo rustica  Varios ex. sobrevoando a lagoa.
Riparia riparia   8/10 mínimo.

Monte da Croa (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Anthus trivialis  2 ex.
Accipiter nisus  1 ex.
Cuculus canorus  1 ex.
Milvus migrans  1 ex.
Pyrrhula pyrrhula  1 ex.
Ciconia ciconia 1+3 ex. preto dun niño en Anidos. Este antigo niño, na saída da Feira do monte cara ao Santo, parecía estar en desuso nos últimos anos e en 2012 volve estar ocupado, miragosamente se podería engadir xa que as pólas medraron de xeito que é incrible que dean entrado nel.

No lugar da Trabanca, Cela (Outeiro de Rei). (D. Pérez e O. Rivas).

Upupa epops 1 parella

Día 9:

Lagoas de Riocaldo (T. Salazar  vía Galiciaves).

Entre outras especies:
Charadrius dubius   1 ex.
Egretta alba  1 ex.
Anas penelope  1 ex.

Día 10:
Circus pygargus 1 ex. en Goá, 1ex. na Veiga de Pumar, 1 ex. en Castro Ribeiras de Lea (primeiras observacións persoais) (D. Calleja).
Lagoa de Caque (D. Calleja).
Aythya fuligula  9 ex.
Loentia. Castro de Rei (D. Calleja).
Numenius arquata  2-3 ex. (primeira observación persoal)
Cuculus canorus  1 ex. (primeira observación persoal)
Lagoa de Cospeito (D. Calleja).
Riparia riparia  aprox. 6 ex. (primeira observación persoal)
Día 14:
Unha parella de mouchos (Athene noctua) en Cospeito (C. González).
Athene noctua. Foto: C. González

Día 16:

Un falcón (Falco peregrinus) preto do campo de fútbol de Cospeito. A Fonte (C. González).

Día 20:

Veiga de Pumar (R. Hevia vía Galiciaves).

Circus pygargus  1 F.
Circus cyaneus  1 F.

Día 21:

A Espiñeira (C. González, J. Otero, O. Rivas).

6-7 Miñatos (B. Buteo)
2 Pedreiros cincentos (O. oenanthe)

Bardián. Bazar (C. González, J. Otero, O. Rivas).

3 Biluricos claros (Tringa nebularia)

Ademais, igual que non todo é Terra Chá, tampouco todo son aves, subliñar que nesta data celebróuse no CEN–Casa das Ínsuas de Rábade a parte teórica do cursiño
Identificación teórico-práctica dos anfibios e réptiles de Galicia no que o magnífico herpetólogo Martiño Cabana desvelounos algunhas das chaves para a determinación das especies deste apaixoante grupo faunístico así como outras cuestións relacionadas cos seus hábitats, distribución ou problemas de conservación , que de certo son demasiados. Na posterior saída ao campo por distintas áreas da comarca houbo ocasión de afondar sobre o aprendido, esta vez con animais en vivo e disfrutar (tanto como aprender) do moito e bo saber de Martiño e Rafael Vázquez, outro extraordinario herpetólogo das novas fornadas. Semella que a continuidade no estudo da herpetoloxía galega está garantido e en boas mans con estes e outros que agora non é o momento de nomear pero que moitos temos na mente.

T. marmoratus, abaixo F. en fase terrestre e arriba M. en fase acuática. Foto: J. Otero
 Entre as especies que se puideron observar, nun día de ceo gris, no que barruzaba e a temperatura foi máis ben fresca citaremos por exemplo os tres limpafontes (ou pintafontes, ou tritóns...) Lissotriton boscai, L. helveticus e Triturus marmoratus, tamén Rana temporaria, Hyla arborea, Pelophylax perezi, Lacerta schreiberi, Podarcis bocagei, Chioglossa lusitanica e algunha outra que se queda no tinteiro. Unha proveitosa xornada.



Día 22:

A Espiñeira (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Falco columbarius   1 ex.
Turdus philomelos  varios ex.
C. ciconia   4 ex.
Anthus trivialis  2 ex.
Circus pygargus  2 ex. (un melánico na súa zona de cría na Croa).

Veiga de San Martiño (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Anas platyrhynchos   21 ex.
Anas strepera  1 parella
Milvus migrans   1 ex.

Veiga de Pumar (C. Gonzalez, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Emberiza calandra  varios ex. cantando.
Anas platyrhynchos  14 ex.
Actitis hypoleucos  1 ex.
Tringa ochropus  3 ex.

Lagoas de Riocaldo (Alba, F. López, Henrique, I. Ferreiro, J. Otero, M. Ferreiro,).

Podiceps cristatus  4 - 5 parellas (mínimo 9 ex.). Obsérvanse repetidamente danzas de cortexo así como a un ex. alimentándose de peixes moi próximo á beira da lagoa, tamén unha parella no niño e outra construíndo a súa plataforma.
Phalacrocorax carbo   2 ex. pasan sobre a lagoa grande, seguramente ao durmidoiro que hoxe non se visita.
Fulica atra   1 ex.
Anas platyrhynchos  8 ex.
Abundantes hirundínidos aliméntanse en voos rasantes, andoriñas das barreiras (Riparia riparia) e sobre todo andoriñas (Hirundo rustica).
B. buteo  2 ex.
Milvus migrans  1 ex.
Branta canadensis  segue o vociferante ex., na vecindade dende hai xa case tres anos. Ten que ser duro para este bicho a imposibilidade de atopar parella.
Numenius arquata 1 ex. pasa reclamando poucos metros por encima das nosas cabezas con rumbo S.

Día 24:
lagoa de Cospeito (D. Calleja).
Circus aeroginosus                    unha femia
Aythya fuligula  3 ex.
lagoa de Caque (D. Calleja).
Aythya fuligula  2 ex.
Anthus trivialis  2 ex. escoitados (primera observación personal)
Numenius arquata  1 ex. oído prados ao Norte da lagoa de Caque
Veiga de Pumar (D. Calleja).
Emberiza calandra  6 ex.
Lagoas de Riocaldo (J. Otero, V. Roura).
C. ciconia  1ex. gañando altura e desaparecendo cara ao SW.
Hieraaetus pennatus 1 ex. de morfo claro, por momentos inquieta visiblemente aos  pombos sobre os que pasa voando.
Columba palumbus  375 ex. sobre un bosque de caducifolios lindante coas lagoas, en voo e pousándose repetidamente nas árbores.
Rábade (J. Otero).
Apus apus  Primeira observación persoal, 5-7 ex.
Día 25:
Dous lagarteiros, un en Arcillá preto da areeira e outro no monte de Lamas (Cospeito), tamén é habitual escoitar por esta zona o canto do paspallás (Coturnix coturnix). Tamén se observan de vez en cando unha parella de perdices (Alectoris rufa) (C. González).

Tringa nebularia. Foto: J.R. Bugallo


Día 26:

Acompañando a visita de José Curt (novamente agradecer a Xabi Prieto ternos ofrecido a oportunidade de compartir con el unhas poucas horas) primeiros Apus apus pola Chaira (F. Fdez. de Soto, J. Curt, M. Arzúa, O. Rivas, P. vidal, X. Prieto)



Día 27:

Lamas (C. González).
Passer montanus  1 ex. nun bando de P. domesticus
Milvus migrans  1 ex.
Día 28:
Durante a celebración do Eco-marathón que a SGO organiza nos arredores da Lagoa de Cospeito como complemento “lúdico” á súa asemblea xeral celebrada no CEN – Casa das Ínsuas de Rábade, destacar as seguintes observacións entre os equipos participantes:

Falco subbuteo   Primeiros ex. do ano.
Sylvia communis
Sylvia borin
Numenius arquata  2 ex. na Espiñeira
Numenius phaeopus
Circus pygargus
Casmerodius albus
Motacilla flava
A Cigoñeira. Damil (E. Villares, J. Otero).
Streptopelia turtur  1 ex. canta pousado nos cables do tendido eléctrico. 1ª observación persoal do ano.
A Cruz da Cancela (L. Cantil  vía Galiciaves).
Circaetus gallicus  1 ex.
Gyps fulvus  6 ex.
Día 29:
Lamas (C. González).
Un bando de 10 mazaricos(Numenius sp.) en voo . Tamén unha rula (Streptopelia turtur).

Streptopelia turtur. Foto: C. Gonzalez
A Cigoñeira. Damil (E. Villares, J. Otero).
Hoxe resulta gratificante escoitar simultaneamente os cantos do cuco (Cuculus canorus), bubela (Upupa epops), rula (Streptopelia turtur) e o repenique do peto verde (Picus viridis) nun piñeiro cercano.
Día 30:

Lamas (C. González).

Unha tartaraña cincenta (Circus pygargus) un miñato negro (Milvus migrans) e un miñato común (Buteo buteo).

viernes, 4 de mayo de 2012

CURT, DE VISITA NA CHAIRA



Curt plasmando unha imaxe chairega ante a atenta mirada de Vidal. (Foto: X. Prieto)
O pasado xoves, 26-04-2012, a Chaira recibiu a visita de José Curt Martínez, pioneiro do naturalismo galego e todo un referente para os “bicheiros” galegos de máis de 30 anos. Os seus libros foron lectura de cabeceira para moitos dos que hoxe nos adicamos a esto na nosa terra. Sen dúbida, o seu éxito radicou en achegarnos a natureza máis próxima, aquela que se atopa máis alo da corredoira, tal como reza un dos seus ilustres títulos…




Fernando, Curt, Vidal, Oscar e Xabi (Foto: M. Arzúa / X. Prieto)


José Curt, aínda que non é galego, nin actualmente reside en Galicia, declárase como un “exiliado sentimental de Galicia” a onde regresa de cando en cando. Nesta ocasión tivo como anfitrións na súa visita aos compañeiros Xabi Prieto, Pepe Vidal e Manu Arzúa que o acompañaron, entre outros lugares, á Terra Chá, onde tivemos a sorte de compartir unha xornada con todos eles.






Fernando Fdez. de Soto e Óscar Rivas fomos os anfitrións chairegos e, a pesares de que a climatoloxía non foi moi favorable, puidemos visitar algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca, por onde xa fai anos andivera o mestre Curt. 
Fernando, Manu, Oscar, Curt e Vidal (Foto: X. Prieto)



Tamén puidemos sorprender a José Curt con estampas coma a da foto, inimaxinables nas súas primeiras andanzas por esta terra.


Curt diante da espectacular colonia de cegoña branca de Bazar (Foto: X. Prieto)

Foto "de familia" á que ademais dos antes mencionados sumáronse Anxos e Martiño
















Ademáis houbo tempo para compartir un agarimoso xantar, onde se nos uniron Anxos Romeo e Martiño Cabana, e botar unas paroladas, sempre atentos ás múltiples historias e vivencias que nos transmitía Curt, unha persoa cunha enorme experiencia vital e unha fonte inagotable de sabiduría…






…En definitiva, unha xornada amable en boa compañía.

Todas as fotografías foron amablemente cedidas por Xabi Prieto, verdadeiro artífice deste evento ao que o tempo, coma sempre, dará a súa xusta valoración.