martes, 25 de junio de 2013

Anelamento de cegoñas na Terra Chá

Nesta tempada de cría 2013 vimos de comezar un proxecto de marcaxe de cegoña branca (Ciconia ciconia) da poboación chairega, un vello anhelo en Numenius co que agardamos obter valiosos datos cos que poder seguir traballando en prol da conservación, non só desta especie, senón do resto da avifauna  e da biodiversidade chairega en xeral.

  Hai un enderezo de correo electrónico (ciconia@numenius.es) habilitado expresamente para recibir as vosas lecturas, que queremos agradecer xa de antemán, e a través do cal marcámonos o compromiso de responder con pronta e precisa información sobre os historiais dos individuos observados a todos aqueles comunicantes que se tomen a molestia.
"Z000". O primeiro da campaña de marcaxe de cegoña branca na Chaira.
  Os exemplares anelados son todos eles polos deste ano e foron marcados no niño entre o 17 de maio e o 1 de xuño. As marcas consisten nun anel de lectura a distancia de PVC de cor verde con díxitos brancos que comezan coa letra Z seguidos de tres números, de Z000 a Z060 na presente campaña, que esperamos seguir ampliando no futuro. Este anel vai situado na tibia esquerda e pódese ler de arriba a abaixo. Na tibia dereita o seu correspondente anel metálico oficial do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

  Xa algún foi visto na Veiga de Pumar nos últimos días, así que xa sabedes, unha ollada algo máis atenta as tibias das cegoñas irá aportando datos que en definitiva son de todos cantos nos preocupamos polo estado e conservación da avifauna galega.
Volvendo os polos ao seu niño
  Non podemos rematar esta nota sen facer público o noso especial agradecemento a X. Manuel Carregal, copartícipe no proxecto e quen co seu aval e dilatada experiencia como anelador fai posible que vaia adiante. Tamén a colaboración nalgunha das xornadas de campo de Graciela Fdez. Arrojo e Alberto Monteagudo.
 

  Agradecer así mesmo a participación de Trabajos en Altura Cantábrico cuxa profesionalidade e disposición fixeron posible que se reduciran notablemente os posibles riscos e as molestias que, por poucas que sexan, son sempre inevitables neste tipo de proxectos. Moitas grazas a Jon, Luís, Toño e compañía?.

  En datas vindeiras ampliaremos información sobre o proxecto: participantes, obxectivos, etc.

  E xa para rematar, o máis importante, desexarlle moita sorte na súa andaina vital a todas esas cegoñas que involuntaria e sufridamentemente son as verdadeiras protagonistas desta historia que aquí arranca.


viernes, 7 de junio de 2013

Conferencia de Delibes en Lourenzá

Non é na Chaira pero sí moi preto e o conferenciante paga a pena.



domingo, 28 de abril de 2013

As cegoñas chairegas na tvg

Velaquí unha nova reportaxe da tvg emitido na Revista FDS coa colonia de cegoñas de Bazar coma protagonista xunto aos compañeiros de Numenius Oscar, Fernando e David. 
Benvida sexa a difusión dos valores ornitolóxicos chairegos nos medios.

                                     
   

viernes, 12 de abril de 2013

Pintar, debuxar, ilustrar.

Vicente Roura

Pintor nado na Coruña e chairego de adopción, aquí reside dende hai anos en pleno contacto coa natureza, pintando emblemáticos edificios mentres olla aos bosques, e máxicas vistas de rúas coruñesas sentado cara a unha corredoira, rodeado de bichos, dos que durmen baixo teito (a burra, os cans, o gato) e dos que veñen comer aos comedeiros por el colocados, os ferreiriños, paporrubios, verderolos e pimpíns e, de cando en vez, o gabián que aparecendo coma un lóstrego da nada tenta capturar un bocado que levar ao papo. O corzo, o raposo ou o xabaril tampouco se fan de rogar. E a curuxa, que tamén comparte teito e dalle nome á súa casa como non podía ser doutro modo.




Vicente Roura colabora habitualmente con Numenius en censos de aves e outros traballos de campo, é un comprometido, un apaixoado naturalista, o mesmo se interesa polos arácnidos que non ten reparos en rescatar unha posta de sapo ou de píntega condenada a desaparecer nunha rodeira de tractor seca e ceibar as larvas unha vez conseguiu que naceran na casa.



 

Comprometido tamén no social, no seu blogue non faltan as iracundas denuncias ás instancias, eclesiásticas ou políticas.



No artístico, a pintura acompañouno case toda a súa vida, con formación na Escola de Artes e Oficios da Coruña tocou tamén a escultura, a escenografía, o cine de animación, a dirección artística, o teatro, o escaparatismo...



Na actual etapa prevalecen nos seus cadros os motivos urbanos -curiosa contradición- edificios, rúas e currunchos da cidade de Hércules, cunha paleta dominada por amarelos, laranxas e azuis que modelan sinuosas formas, frías sombras e intensas ou cálidas luces reflectidas nas fachadas.




Unha escolma da súa pintura, de bosquexos e apuntes e, como non, do seu compromiso social, así como divertidas fotografías pódense ollar no seu blogue: 






Disfrutadeo que ben paga a pena.






 Mariana Roura
De pai e nai pintores (casualmente o pai de nome Vicente), os lapis e pinceis afixéronse ás súas mans dende moi nova. Reside dende hai pouco na Terra Chá, naceu na cidade da Coruña e, como ela mesma di no seu blogue DIBUJOS DE NATURALEZA, “mis padres me educaron con la sensibilidad suficiente para amar la naturaleza”. Así a práctica totalidade da súa obra é de contido naturalista.
  




Do seu contacto co Grupo Naturalista Hábitat xurdiron colaboracións en forma de marabillosas ilustracións para guías de natureza, revistas, trípticos, calendarios e outro material gráfico e divulgativo.

O seu estilo é moi realista e as especies que brotan dos seus lapis acuarelables e pinceis cobran vida polo esmero e especial atención que pon en plasmar os ollos, a mirada do esquío, do sisón, da avetarda, do pato cristado, do lobo e de tantas outras especies.
 

Tampouco as bolboretas ou o mundo vexetal escapan á súa maestría...

 



 





A precocidade debuxando e pintando vese tamén reflectida no feito de que a súa primeira exposición veu a luz cando contaba con apenas quince anos, repetindo con dezasete e agardamos que nun futuro próximo, cando a dedicación ás dúas pequenas lle deixe o tempo suficiente, nos agasalle cunha mostra na comarca.

Nos últimos tempos a sempre absorvente e complexa tarefa de criar ás súas dúas pequenas réstalle tempo para adicarlle á pintura, agardamos que poida retomar a labor creativa canto antes con maior intensidade para o gozo de todos.
     














Tódalas ilustracións amosadas nesta entrada son propiedade intelectual dos seus respectivos autores, Vicente Roura e Mariana Roura. Está prohibida a súa utilización para calquera tipo de uso sen o consentemento expreso dos  autores.







domingo, 31 de marzo de 2013

Febreiro de 2013


Colonia de cegoñas de Bazar entre as augas do Miño desbordado. Foto: X. Otero
Febreiro chuvioso e con temperaturas en xeral mornas na Chaira lucense, persisten as inundacións cos ríos revertendo e os prados, rastrollos e baldíos asolagados, coma un pequeno mar fragmentado e pouco fondo. Na estación meteorolóxica de Castro Ribeiras de Lea, de Meteogalicia, quedaron validados, coma reseñables, os seguintes datos: temperatura media do aire 6º C, con máxima de 16,8 o día 16 e mínima absoluta de -1,4º C o 25. Foron 6 os días de xeada, e 24 nos que se recolleron precipitacións cun valor por riba de 0,1 mm, dos que 13 superaron a cifra de 1 mm. A cantidade de auga caída durante o mes acadou os 95,9 L/m2 en total e o máximo de chuvia nun día lévao o 22 con 16,6 L/m2.

Lagarteiro cincento escudriñando dende un tendido en Lamas. Foto: C. González
Así as cousas, nun inverno que non destaca pola súa dureza en canto ás temperaturas extremas (das chuvias xa falaremos máis adiante), son escasos e pouco destacables os avistamentos de especies típicas das invernías máis crúas como avefrías, píldoras douradas, tordos reais, etc. Números en xeral discretos de anátidas e outras acuáticas poidendo destacar unha boa observación de máis de 60 patos rabudos Anas acuta a finais de mes na lagoa de Caque, xunto con máis dunha ducia de cercetas do estío A. querquedula. Ollouse un lagarteiro cincento Elanus caeruleus nun par de ocasións en lugares distintos, un macho e unha femia de gatafornela Circus cyaneus en datas e lugares tamén distintos, gozamos do canto da avelaiona Strix aluco pola comarca sen esquecer a sempre grata presenza do moucho Athene noctua.

Día 2

 Celebramos o Día Mundial das Zonas Húmidas organizando no CEN - Casa das Ínsuas de Rábade unha xornada  de iniciación ás aves acuáticas invernantes á que non houbo a abrumadora asistencia que agardabamos, vese que o frío non animou moito a madrugar. Así que en "petit comite" visualizamos algún documental no auditorio e logo demos en achegarnos á lagoa de Caque e máis botar unha ollada pola Veiga de Pumar, que non estaba especialmente animada, e zonas próximas.

Femia de pardal Passer domesticus. Foto: X. Otero

Veiga de Lamas (C. González).

Aythya fuligula   21 ex.
Anas platyrhynchos   Un bo número de ex. por toda a zona

Lagoa de Caque (J.R. Bugallo, Serafín, O. Rivas, X. Otero).

Presenza dun número máis ben regular de anátidas, das que case nin fixemos conteos:

Anas clypeata   mínimo 60 ex.
A. platyrhynchos
A. crecca
A. strepera
Aythya fuligula
Fulica atra, etc...
Lagoa de Caque 27/02/2013. Entre as anátidas: Anas acuta, A. querquedula, A. crecca, A. clypeata... Foto: X. Otero








Veiga de Pumar (J.R. Bugallo, S.?????, O. Rivas, X. Otero).

Apenas un lagarteiro Falco tinnunculus.

Bazar (J.R. Bugallo, S.?????, O. Rivas, X. Otero).

Na colonia de cegoña branca Ciconia ciaconia un mínimo de 9 ex.
Phalacrocorax carbo  1 ex.
Turdus pilaris
Turdus iliacus

Azulenta Prunella modularis. Foto: X. Otero
Día 3

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

Lanius meridionalis   1 ex.

Día 5

Feira do monte (C. González).

Strix aluco   1 ex.

 Día 8

 Bestar (C. González).

 Strix aluco   1 ex.



Día 9

Cospeito (C. González).

Athene noctua   segue deixándose ver este habitual da fauna chairega.

Día 19

Lamas (C. González).

Elanus caeruleus   1 ex.

A Cigoñeira (E. Villares, X. Otero).

Buteo buteo  Aproveitando unha breve raiola de sol, unha parella exhibe o seu voo nupcial.


Ferreiriño real Parus major. Foto: X. Otero
Día 21

S. Xiao de Mos (Castro de Rei) (E. Villares).

Circus cyaneus  1 M.

Día 24

Feira do monte (C. González, O. Rivas).

Elanus caeruleus   1 ex. pousado nun piñeiro (P. radiata).

Lagoa de Cospeito (C. González, O. Rivas).

Circus cyaneus   1 F.

Día 25

O Toiral (C. González).

Elanus caeruleus   1 ex.
Falco tinnunculus   1 ex.
Buteo buteo   2 ex.

Día 27

Lagoas de Riocaldo (X. Otero).
A destacar, entre outras especies:

Anas querquedula   1 F.
A. strepera   10 ex.
Aythya fuligula   2 ex.
Croicocephalus ridibundus   6 ex. pasan cara ao SE.
Phalacrocorax carbo   Aínda un bo número de exemplares desta especie invernante.

Aspecto parcial do durmidoiro de corvos mariños nas lagoas de Riocaldo nunha mañá de finais de febreiro. Foto: X. Otero
Lagoa de Caque (D. Calleja, ?. ????, X. Otero)

Cinco das cercetas do estío presentes en Caque o 27/02/2013. Foto: X. Otero
Censada á primeira hora da mañá por D. Calleja e  X.M. Puente e logo visitada, cara ao mediodía, por X. Otero. Entre outras especies:

A. querquedula Entrando durante a mañá xa que eran máis a mediodía que á primeira hora.
A. crecca   en número próximo aos 400 ex.
Circus aeruginosus   1 F./Inmt.
Anas acuta   mín. 60 ex. aos que hai que engadir algunhas decenas máis noutras zonas da Chaira.

Xustás (X. Otero).

Fringilla montifringilla   mín. 3 ex. mesturados con pimpín F. coelebs, verderolos Carduelis chloris e liñaceiros C. cannabina.

Macho de pardal. Foto: X. Otero

















 No foro galiciaves recollemos de R. Hevia a observación de bastantes pimpíns do norte F.montifringilla, 1 picanzo meridional Lanius meridionalis e 1 esmerillón Falco columbarius en Cospeito a mediados de mes.

 Pola súa banda, no Noticiario Ornitoxeográfico Galego (N.O.G.) atopamos citas e J. Cantil na lagoa de Cospeito o día 19:

Aythya fuligula   12 ex.
Anas clypeata   26 ex.
Anas strepera   7 ex.
Circus aeruginosus   1 xuv. voando sobre a lagoa

jueves, 7 de marzo de 2013

Xaneiro de 2013

A Veiga de Pumar anegada o día 20 de xaneiro. Foto: C. González.
  Un mes máis resumimos os datos climáticos e de novo escollemos os da estación meteorolóxica de Castro Ribeiras de Lea, da rede de estacións automáticas de Meteogalicia. O mes co que estreamos ano rexistrou valores medios por riba do habitual tanto en precipitación (e normalmente xaneiro xa adoita ser un mes chuvioso) coma en temperatura media, esta foi de 6,28º C, cunha máxima puntual de 14,38º C  o día 31 e unha mínima de -2,23º C o día 8, os días de xeada ao longo do mes foron 8. En canto ás precipitacións acumuláronse 162,9 L/m2 repartidos en 17 días con  chuvias iguais     ou     superiores a 1 mm.,
Días máis tarde presenta un aspecto máis normal. Foto: C. González.
o día 18 recolléronse 32,6 L/m2, máximo do mes. Non faltou algunha nevarada, moi leve. As fotos de Carlos González dan unha idea moi gráfica do estado no que se atopaba a paisaxe chairega nos días centrais e finais de xaneiro, con prados e millares convertidos en medios lacunares e os ríos desbordados.

 Poderíase pensar nunha relación entre o morno, benévolo das temperaturas e a escasa presenza de especies invernantes de, por exemplo, turdidos (Turdus iliacus e T. pilaris), limícolas (Vanellus vanellus e Pluvialis apricaria), certas anátidas e outras aves. Non está mal encamiñado o razoamento, pero a verdadeira relación dase máis ben con eses valores climáticos nas áreas xeográficas de orixe, máis norteñas, onde tampouco este está a ser un inverno que se caracterice pola súa crueza. Salvo algunha excepción non está sendo un ano de grandes bandos de pimpín real (Fringilla montifringilla). Segue un exemplar de lagarteiro cincento (Elanus caeruleus) pola zona. Hai avistamentos durante este mes doutra típica ao tempo que escasa rapina invernal como é o esmerillón (Falco columbarius). A pesares dunhas poucas citas, existe entre nós a impresión de que as observacións de picanzo real (Lanius meridionalis) raréanse cada vez máis. Pica alpina (Anthus spinoletta), escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus), tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) ou gatafornela (Circus cyaneus) son outras das especies de cuxa observación poidemos gozar neste inicio de 2013.

Pimpín Fringilla coelebs. Foto. X. Otero
Día 1

Entre a Espiñeira e a lagoa de Cospeito (C. González).

Ardea cinerea    7 ex.

Día 5

Vilardeseo. Rábade (O. Rivas).

Emberiza calandra     bando dun mínimo de 40 ex.
Lanius meridionalis    1 ex. en zona tradicional de invernada da especie.

Día 8

A Espiñeira (D. Calleja).

Anthus spinoletta    1 ex.
Fringilla montifringilla    600 ex. aprox.
Emberiza schoeniclus    17 ex. aprox.

Prados ao norte da lagoa de Caque (D. Calleja).

Turdus iliacus    15 ex.

Veiga de Pumar (D. Calleja).

Lanius meridionalis    1 ex.

Os comedeiros axudan a sobrevivir ao inverno. Foto: X. Otero.
Día 10

Falco peregrinus   3 ex. distintos observados en diferentes zonas da Chaira. (F. Fdez. de Soto, O.Rivas).

Mos-Matodoso. Castro de Rei (F. Fdez. de Soto, O.Rivas).

Fringilla montifringilla    numeroso bando mesturado con F. coelebs.
Falco columbairus     1 M.

Bazar (F. Fdez. de Soto, O.Rivas).

Falco columbarius    1 M.
Milvus milvus    1 ex.

Matodoso (F. Fdez. de Soto, O.Rivas).

Elanus caeruleus    1 ex. pousado nun poste eléctrico.

Lagoa de Cospeito. (F. Fdez. de Soto, O.Rivas). 

Vanellus vanellus    55 ex. voando sobre a lagoa.

Veiga de Pumar (D. Calleja).

Ciconia ciconia    aprox.  12 ex.
Pluvialis apricaria    13 ex.
Vanellus vanellus    2 ex.
Turdus pilaris    aprox. 60 ex.

Día 11

A Espiñeira (D. Calleja).

Turdus iliacus    aprox. 40 ex.
Turdus pilaris    aprox. 30 ex.
Fringilla montifringilla    aprox. 700 ex.
Carduelis chloris    aprox. 60 ex.
Falco columbarius     1 M. ataca ao bando de pimpín real.

Veiga de Pumar (D. Calleja).

Falco peregrinus    1 ex.


Día 13
Ferreiriño negro Periparus ater. Foto: X Otero.

Veiga de Pumar (D. Pérez, O. Rivas).

Falco columbarius    1 M. voando ao solpor sobre o humidal.
Elanus caeruleus    1 ex. ao solpor.
Lanius meridionalis    1 ex.
Emberiza schoeniclus     3 ex. no rego de Pumar.

Matodoso (D. Pérez, O. Rivas).

Fringilla montifringilla    bando de máis de 30 ex.


Día 20

Guitiriz. Antigo campo de aviación (V. Roura, X. Otero).

Turdus iliacus    18-20 ex. aprox.
Ardea cinerea    2 ex.

Barreira do Barreiro. Guitiriz (V. Roura, X. Otero).

Phalacrocorax carbo     2 ex. (1 ad. e 1 Inmt.).
Ardea cinerea    2 ex. 

Lagoa de Caque (D. Calleja, J.R. Bugallo).

Circus aeruginosus    1 F/Inmt.

Arneiro (D. Calleja, J.R. Bugallo).

Turdus pilaris    20 ex.

A Espiñeira (D. Calleja, J.R. Bugallo).

Anthus spinoletta    1 ex.

Veiga de Pumar (D. Calleja, J.R. Bugallo).

Falco peregrinus    2 ex.
Pluvialis apricaria    23 ex.
Vanellus vanellus    72 ex.
Turdus iliacus    30 ex.

Paporrubio Erithacus rubecula. Foto: C. González.
A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

Phalacrocorax carbo    60 ex.

Veiga de Pumar (C. González, O. Rivas).

Vanellus vanellus     62 ex.
Falco tinnunculus    3 ex.
Lanius meridionalis    2 ex.

Día 24

Lagoas de Riocaldo (V. Roura, X. Otero).

Tachybaptus ruficollis    3 ex.
Tringa ochropus    1 ex.
Lutra lutra    1 ex.


Día 30  

Lagoa de Cospeito (D. Calleja). 

Gallinago gallinago    11 ex.

Veiga de Pumar (D. Calleja).

Ciconia ciconia    11 ex.
Lanius meridionalis    1 ex.
Turdus pilaris    aprox. 50 ex.

Rozas. Castro de Rei (F. Fdez. de Soto, O.Rivas).

Circus cyaneus     1 ex.

Lagoas de Riocaldo (X. Otero).
Entre outras:

Tringa ochropus    1 ex.
Fulica atra    2 ex. (máis que preocupante o descenso desta especie coma invernante no lugar).

"CY". Unha década invernando en Riocaldo. Foto: X. Otero







.








Guitiriz. Antigo campo de aviación (A. Pombo, V. Roura).

Turdus pilaris    aprox. 50 ex.
Turdus iliacus    aprox. 25 ex.

Barreira do Barreiro (A. Pombo, V. Roura).

Tringa ochropus    1 ex.
Ardea cinerea    1 ex.

Barreira da telleira. Guitiriz (A. Pombo, V. Roura).

Ardea cinerea    1 ex.
Gallinula chloropus    3 ex.

sábado, 2 de febrero de 2013

Decembro de 2012

Rematamos este 2012, no que quixemos manter unha certa regularidade na actualización do blogue, cun mes de decembro chuvioso e non excesivamente frío. Na estación meteorolóxica de castro Ribeiras de Lea, da rede de estacións automáticas de Meteogalicia recollíanse como máis destacados os seguintes datos: temperatura media de 7,53º C cunha máxima de 17,13º o día 23 e unha mínima absoluta  de -3,41 º o día 9. Houbo 20 días con precipitacións iguais ou superiores a 1 mm dos que un día rexistrou máis de 10 mm e outro máis de 30 mm. A chuvia acumulada durante o mes acadou os 124,8 L/m2 e o día de máis precipitación, o 14, recolléronse 37,3 L/m2. Tan só rexistráronse xeadas en 7 días.

Non está a resultar un inverno no que destaque especialmente a abundancia nin das limícolas que nos anos de intenso frío en latitudes máis norteñas de Europa pódense ollar en boas cantidades, avefrías (Vanellus vanellus) e píldoras douradas (Pluvialis apricaria), nin de anátidas en xeral e outras acuáticas, tampouco se están a observar grandes bandos de tordos reais (Turdus pilaris) nin vermellos (Turdus iliacus) e, agás algunha observación puntual duns poucos centos, os pimpíns reais (Fringilla montifringilla) tampouco están a ser abundantes como noutras ocasións.

Vista da lagoa de Caque dende o observatorio. Foto: D. Calleja.
Destacar a observación dun millafre real (Milvus milvus) en Bazar, esmerillóns (Falco columbarius) en Xermar e A Espiñeira, unha curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) na Veiga de Pumar, unha gatafornela (Circus cyaneus) igualmente na Veiga, cegoñas (Ciconia ciconia) xa en certa abundancia tomando contacto cos seus niños ao longo da comarca, tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus) na Lagoa de Cospeito ou unha garzota branca (Ardea alba) no encoro de Belesar.

Día 2

A Espiñeira (C. González, J. M. Rodríguez, O. Rivas).

Falco columbarius   1 ex. entre unha densa néboa

Matodoso (C. González, J. M. Rodríguez, O. Rivas).

Elanus caeruleus   1 ex. entre esta localidade e Triabá

Día 8

Bretoña. Pastoriza ( F. Fdez. de Soto).

C. ciconia   1 ex. pousado no niño intentando arrincar unha pola da árbore que medraba por riba do mesmo

Día 9

Moucho Athene noctua. Foto: C. González.
Pedra Branca. Xermar (C. González).

Falco columbarius   2 ex.

Árbol. Vilalba (C. González).

Athene noctua   2 ex.

Día 12

O Toiral. Cospeito (C. González).

C. ciconia   1 ex. sobrevoando o lugar

Día 16

Xustás (D. Pérez, O. Rivas).

V. vanellus   40 ex. no desvío cara á Veiga de Pumar

Veiga de Pumar (D. Pérez, O. Rivas).

Pluvialis apricaria   15 - 20 ex.
Asio flammeus   1 ex. á noitiña, observado durante uns 20 minutos.

Día 19

Veiga de Pumar (F. Fdez. de Soto).

C. ciconia   5 ex.
Falco peregrinus   1 ex.
V. vanellus   aprox.   30 ex.
T. pilaris   14 ex.
Emberiza calandra   1 ex. facendo "soar o chaveiro" ou cando menos ensaiaba en canto saía unha raiola de sol entre nubarrón e nubarrón.

Día 22

Na Veiga de Lamas, bastante anegada (C. González).

Como máis destacado:

Ardea cinerea   3 ex.
Aythya fuligula   6 ex.
Anas platyrhynchos   9 ex.
Carduelis spinus   46 ex.
V. vanellus   5 ex.

Veiga de Pumar (F. Fdez. de Soto, C. Varela, O. Rivas).

Circus cyaneus   1 M.
Falco columbarius   1 F. ou xuv.
V. vanellus   38 ex.

Bazar (F. Fdez. de Soto, C. Varela, C. González, O. Rivas).

Milvus milvus   1 ex.

Día 23

Lagoa de Cospeito (D. Calleja).

Tordo real Turdus pilaris. Foto: D. Calleja.
Anas acuta   1 F.
Circus aeruginosus   2 F. ou Inmt.
Rallus aquaticus   4 ex. escoitados

Matodoso (D. Calleja).

Falco peregrinus   1 ex.

A Espiñeira (D. Calleja).

T. pilaris   mínimo 10 ex.
Passer montanus   3 ex.
F. montifringilla   aprox. 400 ex.




Día 26

Portomarín - Paradela (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

Anas crecca   mín. 100 ex. na cola do encoro de Belesar, no río Miño preto da desembocadura do río Loio.
A. platyrhynchos   mín. 300 ex. na cola do encoro de Belesar, no río Miño preto da desembocadura do río   Loio.
Podiceps cristatus   2 ex. na cola do encoro de Belesar, no río Miño preto da desembocadura do río Loio.

Paradela (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).  

Ardea alba   1 ex. na desembocadura do río Loio no Miño.
Carduelis cannabina   bando de arredor de 100 ex. na zona da desembocadura do río Loio, moi baixo de caudal.

 Día 29

Xustás (C. González, F. Fdez de Soto, O. Rivas).

Falco peregrinus   1 ex. acosa insistentemente a unha avefría, finalmente non ten éxito xa que esta tírase nuns toxos.

Bazar (C. González, F. Fdez de Soto, O. Rivas).

M. milvus   continúa o ex. observado a semana anterior.

Día 30

Columba palumbus   un bando de aprox. 150 ex. levántase dun piñeiral despois de soar un disparo, ao NW da Espiñeira.

martes, 29 de enero de 2013

Día Mundial das Zonas Húmidas

En Numenius queremos celebrar este día dos humidais organizando unha nova xornada para iniciarse no coñecemento das aves acuáticas chairegas. Agardámosvos na Casa das Ínsuas en Rábade o próximo sábado ás 10 da mañá.




miércoles, 26 de diciembre de 2012

Presentación de ¿Para qué sirven las aves?


Dende o grupo Numenius congratulámonos de que Toñete por fin dera cun oco na súa axenda para pasarse por Rábade a presentarnos  o seu libro aos lucenses e a todo aquel que teña a ben pasarse por aquí. Haberá que relelo para, ademais de levalo máis fresco o día dous, volver gozar con todas esas vivencias relacionadas coas aves e a costa coruñesa do excelente ornitólogo e gran comunicador que é Antonio Sandoval e que unha vez máis toma a iniciativa e amósase como pioneiro. Lembremos que o seu blogue Aves de la Ría do Burgo abriu camiño a tantos outros que logo fomos detrás en Galicia e resto da xeografía peninsular.

A cita, ineludible, o próximo mércores 2 de xaneiro de 2013 na Casa das Ínsuas en Rábade ás 20:00 H.

Auguramos e desexámoslle o éxito que a obra sen dúbida merece, xa non entre os ornitólogos de todo o país, se non entre todos aqueles que sintan inquetudes naturalistas e preocupación pola conservación do medio e as súas especies, e non só as aves.

Vémonos en Rábade.

viernes, 21 de diciembre de 2012

Novembro de 2012

Amanita muscaria. Foto: T. Salazar
Mes de poucas sorpresas na Chaira, no climático e collendo como referencia unha vez máis a estación meteorolóxica automática que Meteogalicia ten en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei atopamos unha temperatura media para o mes de 7,5º C, acadándose a máxima absoluta o día 15 con 20,2º C e a mínima tan só unha semana máis tarde, o día 22 con -3,6º C. Houbo 6 días de xeada (aínda que rozando os 0º houbo algúns máis) e recolléronse 102,3 l/m2 repartidos en 29 días con precipitación > 0,1 mm dos que 17 días rexistraron unha precipitación > 1 mm. O día con máis auga foi o 3 no que caeron 12,8 l/m2. Aínda algunhas setas escaparon das xeadas.

As aves que veñen do frío máis norteño son aínda relativamente escasas en número, avefrías (V. vanellus), píldoras douradas (Pluvialis apricaria), tordo real (Turdus pilaris) e vermello (T. iliacus) xunto con escribentas das canaveiras (Emberiza schoeniculus) ou pimpín real (Fringilla montifringilla) e outras máis comúns déixanse ver nalgunhas zonas da comarca, o mesmo que unhas poucas anátidas nos humidais. En Riocaldo, logo dese repentino e inconsciente vaciado producido a finais de outubro, vense até 8 biluricos alinegro (Tringa ochropus) xuntos mentres xabarís, corvos pequenos e raposos seguen a desfrutar dun, máis que probablemente inesperado, aporte extra de marisco á súa dieta en forma de mexillón de río. En terras de Cospeito e Castro de Rei un par de cegoñas (C. ciconia) que xa non resulta doado asegurar se se trata de exemplares invernantes ou das máis madrugadoras en adianta-lo seu regreso ás zonas de cría.

Día 3

Lagoa de Caque (J. Otero).

Poucas anátidas á vista, apenas se poden contar 106 lavancos (Anas platyrhynchos) e 49 cercetas (A. crecca) e  nas praderías aledañas un lagarteiro (Falco tinnunculus), un mínimo de 14 garzas reais (Ardea cinerea) e 2 tordos reais.

Carriza (T. troglodytes). Foto:  C. González
Día 4

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

V. vanellus   14 ex.
B. buteo   3 ex.
Corvus corax   un ex. acosado por varios corvos pequenos (C. corone)
Fringilla montifringilla   1 ex. pousado nunha árbore no medio dun bando de Fringilla coelebs
Emberiza schoeniclus   1 ex. pousado nunha árbore preto dun rastrollo de millo
Emberiza calandra   pequeno grupo que se movía nas proximidades dun rastrollo de millo.

A Croa (J. Otero).

Lanius meridionalis 1 ex.
Anthus pratensis un activo bando que sobrepasa o centenar de ex.

Lagoa de Cospeito (J. Otero).

Algunhas cercetas metidas entre as espadanas, imposible contalas, uns 70 lavancos e 2 asubións (Anas penelope).

Día 9

A Tolda. Lugo. No río Miño (T. Salazar).

A. penelope   1 F.

Día 10

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Tachybaptus ruficollis   6 ex.
Branta canadensis segue 1 ex.
Anas strepera   1 M.
A. penelope   2 ex.
A. crecca   11 ex.
A. platyrhynchos   237 ex.
Fulica atra   6 ex.
Tringa ochropus  4 ex.
Phalacrocorax carbo   69 ex.

Día 11

Lagoas de Riocaldo (T. Salazar).

Tringa ochropus   8 ex.
Calidris alpina   1 ex.

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

V. vanellus  34 ex.
Accipiter nisus   2 ex.

Carballido. Vilalba (C. González, J.R. Bugallo).

7 xabarís (Sus scrofa).

Día 15

A Espiñeira (J. Otero).

V. vanellus   mínimo 25 ex.
Corvus corone   dous escandalosos grupos, un deles de 211 ex. e o outro arredor de 100 máis outros individuos dispersos.
G. gallinago   1 ex. levanta nun prado enchoupado
Passer montanus   bando de 12-15 ex.  nunha sebe con silveiras.

Día 16

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Phalacrocorax carbo   70 ex.
Tachybaptus ruficollis   4 ex.
Podiceps cristatus   1 ex.
Fulica atra   6 ex.
Branta canadensis   6 ex.
Ardea cinerea   1 ex.
Anas acuta   1 F.
A. platyrhynchos   73 ex.
A. crecca   14 ex.
A. strepera   ex.
A. penelope   2ex.

Día 18

Rábade (D. Pérez, O. Rivas).

G. gallinago   mínimo 30 ex. levántanse dun prado ás aforas da vila.

Espiñeira (J. Otero).

V. vanellus   38 ex. nun rastrollo de millo (con F. Fdez. de Soto).
Falco tinnunculus   1 F.
Tringa ochropus   1 ex.
P. montanus   8 ex. na mesma zona que días atrás
G. gallinago   3 ex.
Sturnus vulgaris   nutridos bandos alimentándose nos rastrollos de millo xunto con corvos pequenos, frinxílidos, avefrías, etc.

   
                     Típica leira con restos de millo na que é doado ollar alimentándose
                 avefrías, píldoras, estorniños, pimpíns, lavercas, picas, corvos pequenos,
                         verderolos, pimpíns do norte, escribentas das canaveiras e outras
                                                     moitas especies. Foto:  J. Otero

Roás. Cospeito (J. Otero).

Carduelis carduelis   bando de aprox. 50 ex.
C. ciconia   1 ex.

Arneiro-Veiga de Pumar (J. Otero).

F. tinnunculus   3 ex.
Ardea cinerea   mínimo 12 ex. espallados polos prados.

Matodoso (J. Otero).

Fringilla montifringilla   mínimo 2 M. mesturados nun bando con F. coelebs e Carduelis chloris.

Arcillá (J. Otero).

F. tinnunculus   1 ex.

Xustás-Matodoso (J. Otero).

Elanus caeruleus   2 ex.

Día 24

Veiga de Pumar (J. Otero).

Nun rastrollo de millo, lindando coa zona inundable que lle dá nome ao lugar aliméntanse tordos reais e charlos (Turdus viscivorus), pimpín, pimpín do norte (un mínimo de 6 ex.) e liñaceiros (Carduelis cannabina).

Día 25

Lagoa de Cospeito (C. González, J.R. Bugallo).

T. ruficollis   3 ex.
A. crecca   74 ex.
A. platyrhynchos   59 ex.
Fulica atra   12 ex.
A. strepera   2 ex.
Gallinula chloropus   1  ex.
Aythya fuligula   1 M. e 3 F.
Ardea cinerea   1 ex. (moi escasas no lugar este outono)
Falco peregrinus 1 ex. voando sobre a lagoa.

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

Tordo real (Turdus pilaris). Foto:  J.R. Bugallo
Os catro tordos T. pilaris, T. viscivorus, T. iliacus e T. philomelos
Passer montanus   15 ex. mínimo
Emberiza calandra   1 ex.
Larus fuscus   5 ex. pasan voando
G. gallinago   5 ex.
Prunella modularis
Regulus ignicapilla
Sturnus spp. e lavercas (Alauda arvensis) en varios grupos.
F. montifringilla   mínimo 200 ex. mesturados con F. coelebs, C. chloris e C. cannabina.
F. columbarius   1 ex.



Veiga de Pumar (J. Otero).

F. montifringilla  algúns ex. mesturados con outros frinxílidos.
F. peregrinus   1 ex. ad.
Accipiter gentilis 1 F. pasando nun par de ocasións a baixa altura entre as árbores onde estan pousados un bando de frinxílidos.

Bazar (J. Otero).

F. montifringilla   mínimo 20 ex. nun bando mixto.

Pacios- Gondriz-Marquide (Castro de rei-A Pastoriza) (J. Otero).

Pímpín do norte (F. montifringilla) e pimpín (F. coelebs). Foto:  J. Otero

F. montifringilla   mínimo 4 ex. xunto con F. coelebs.
Turdus pilaris   grupo de aprox. 20 ex. alimentándose nun prado.
 A Espiñeira (J. Otero).
V. vanellus   mínimo 40 ex. nun rastrollo de millo.
F. montifringilla   un bando con 200-250 ex. e outro con uns 80 ex.  mesturados con pimpíns, verderolos e liñaceiros.

C. ciconia   1 ex. no Pacio e outro en Roás, e xa no Matodoso un bando dunha trintena de tordo rubio (T. iliacus) (J. Otero).




Día 27
Lagoas de Riocaldo (J. Otero).
Día de censo dos humidais chairegos no que se podería destacar que o número de corvos mariños (Phalacrocorax carbo) sobrepasa xa o centenar no seu durmidoiro e hai poucas anátidas en xeral. Deixase ver un rascón (Rallus aquaticus) e 2 biluricos alinegros (T. ochropus).