domingo, 21 de octubre de 2012

Setembro de 2012


Mes aínda típicamente estival no que se seguen a acadar temperaturas elevadas na comarca, chegando a un máximo de 34º C na primeira semana, estas máximas non baixarían dos 20º C até prácticamente a entrada oficial do outono. A mínima mensual rexístrase o último día con 4º C. A chuvia total suma 34 mm. repartida en 6 días. Datos ofrecidos por Meteogalicia na estación automática de Castro Ribeiras de Lea.

Femia de sisón (Tetrax tetrax) nunha pradería chairega. Foto: D. Calleja

No meramente ornitolóxico subliñar que continúa o paso de papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), pedreiro cincento (O. oenanthe) ou chasco norteño (Saxicola rubetra) e os avistamentos de rula (Streptopelia turtur), picanzo vermello (Lanius collurio) ou aguia calzada (Aquila pennata) (até hai ben pouco Hieraaetus pennatus). Os sisóns (T. tetrax) chairegos, xa concentrados dende o mes de xullo, chegan ao que parece o seu máximo da tempada (rexistros propios), bastante lonxe dos máximos doutros anos. Prodúcese un goteo de limícolas nos humidais de Caque, Cospeito e Riocaldo. Máis observacións de lagarteiro cincento (Elanus caeruleus) e lagarteiro das torres (Falco naumanni)...

Día 2

Ficedula hypoleuca  continúa o paso, facéndose moi notable (O. Rivas).

Saavedra. Begonte (O. Rivas).

Pernis apivorus 1 ex. en Altide.

Lagoa de Cospeito (C. González, J.R. Bugallo).

Ardea cinerea  5 ex.
Falco subbuteo  1 ex.
Abundancia de hirundínidos.
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Foto: C. González.
A Espiñeira (C. González, F. Fdez. de Soto, J.R. Bugallo, M. Sánchez).

Elanus caeruleus 2 ex.
Saxicola rubetra  12 ex.
Falco tinnunculus  1 ex.
Ficedula hypoleuca  1 ex.


Día 3

Vilamerelle. Guntín de Pallares (D. Calleja, E. Villares).

Falco naumanni  aprox. 6 ex.
O. oenanthe  1 ex.
Saxicola rubetra  1 ex.
Lanius meridionalis  1ex.

Día 4

Veiga de Pumar-Arneiro-Goá (D. Calleja, F. Fdez. de Soto, J. Otero, O. Rivas).

Elanus caeruleus  obsérvanse 3 ex. distintos entre Xustás e a Veiga de Pumar.
T. tetrax  censados 38 ex. (7 máis na Espiñeira para un total de 45 ex.).
Falco naumanni  130 ex. nas proximidades do durmidoiro do Arneiro.
Saxicola rubetra 2 ex. na Veiga.

A Espiñeira-A Croa (C. González, J. Otero).

Falco naumanni  (ausencia total no durmidoiro da Croa).
T. tetrax 7 ex.

Paradela (M. Pérez vía N.O.G.).

Falco naumanni  mínimo 14 ex. no lugar de Agurtión na parroquia de Andreade.

Ortópteros como o da imaxe son unha das razóns da presenza masiva de lagarteiros nestas datas. Foto: D. Calleja
Día 5

Bestar. Cospeito (C. González).

Falco sp. (probables F. naumanni)  2 ex.
Elanus caeruleus  1 ex.

Día 6

Lagoa de Caque (J. Cantil vía N.O.G.).

Anas clypeata  2 ex.
Tringa ochropus  2 ex.

Veiga de Pumar (J. Cantil vía N.O.G.).

Falco naumanni  19 ex. dispersos pola zona.

Begonte (L. Gude vía N.O.G.).

Chlidonias niger  3 xuv.

Día 9

Lagoa de Caque (C. González, O. Rivas).

Philomachus pugnax  2 ex.
Calidris alba  1 ex.
 
Chaxco norteño (Saxicola rubetra). Foto: C. González.
Montouto. Abadín  (I. Fernández vía N.O.G.).


Saxicola rubetra  até 12 ex. nuns 100 m. de zarzais á beira do camiño, polo menos 5 dos ex. son  xuv. de primeiro verán.

Día 11

Lamas (C. González).

Aquila pennata  1 ex.
Falco tinnunculus  1 ex.

Día 12

Bestar (C. González).

Falco naumanni 7 ex.

Lagoa de Caque (L. Gude vía N.O.G.).

Calidris minuta 1 ex.

Día 15

Momán. Cospeito (C. González).

O. oenanthe  3 ex.
Saxicola rubetra  3-4 ex.

A Espiñeira  (C. González).

Lanius collurio  1 ex.
Saxicola rubetra  presenza da especie.

Veiga de Pumar (A. Burgas via N.O.G.).

Falco naumanni  12 ex.

Circus aeruginosus 1 ex. de 1º ano

Lagoa de Cospeito (A. Burgas via N.O.G.).

Philomachus pugnax  1 ex.

Femia de Crocothemis erythraea. Foto: J. Otero.

Lagoas de Riocaldo (X. Bergantiños, J. Otero).


Branta canadensis  segue 1 ex.
Fulica atra  9 ex.
Hirundo rustica  2 ex.
Ardea cinerea 4 ex.
Algúns odonatos, tanto anisópteros como zygópteros déixanse fotografar ao pé da lagoa e zonas próximas.





Día 19

Parada. Outeiro de Rei (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

Streptopelia turtur  2 ex.

Día 20

Rábade (C. González).

Aquila pennata  1 ex.

Día 22

 Lagoas de Riocaldo  (O. Rivas).

Aquila pennata  1 ex. de morfo claro reclamando no entorno das lagoas.

Portomarín (M. Pérez vía N.O.G.).

Pandion haliaetus  1 ex. preto da vila.

Día 26

Sisoi (C. González).

Falco peregrinus  1 ex. pousado no tendido eléctrico.

As mantis son insectos típicos deste mes de setembro. Foto: J. Otero
Día 27

Lamas (C. González).

Falco peregrinus  1 ex., posiblemente o mesmo do día anterior, pousado tamén no tendido eléctrico.

Lagoa de Caque (D. Calleja).

Anas crecca  14 ex.
Falco subbuteo  1 ex. entre a lagoa e Matodoso.
R. riparia  1 ex.
Hirundo rustica  aprox. 6 ex.

Arneiro-Veiga de Pumar (D. Calleja, J. Otero).

Elanus caeruleus  1 ex.
Falco naumanni  6 ex.


Goá

Saxicola rubetra  8 ex. (D. Calleja).
T. tetrax  11 ex. (J. Otero).

A Espiñeira (D. Calleja).

Elanus caeruleus  1 ex. entre este lugar e o lindante monte da Croa.
Falco naumani  7 ex.
Hirundo rustica  aprox. 6 ex.



 Lagoa de Cospeito (D. Calleja, J. Otero).

Entre outras observacións:
Anas crecca  8 ex.
Hirundo rustica  aprox. 20 ex.
Alcedo atthis  1 ex.
Sus scrofa un xabaril campando sen preocupación aparente entre a lagoa e un dos observatorios (D. Calleja). Ollar o video.

                                       

Xustás (J. Otero).

Elanus caeruleus  1 ex.

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Entre outras observacións:
Podiceps cristatus  8 ex. (4 ad. e 4 xuv.).
Hirundo rustica  mín. 14 ex.
Tringa ochropus  1 ex.

Día 29

Lagoa de Cospeito (C. González).

Entre outras observacións:
Ardea cinerea  4 ex.
Hirundo rustica en número elevado.
Anas platyrhynchos e Tachybaptus ruficollis como acuáticas visibles.

Xustás (C. González).

Elanus caeruleus  1 ex.

Lamas (C. González).

Falco peregrinus  1 ex.

Xermar (C. González).

Falco subbuteo  1 ex.
Streptopelia turtur  1 ex.

Día 30

Santalla de Rioaveso. Cospeito (P. Pisón vía N.O.G.).

Gyps fulvus  1 ex. collendo unha térmica en dirección norte.

2 comentarios:

Enrique Sampedro Miranda dijo...

Qué fermosa a foto da femia de sisón.
E parabens polo tremendo traballo de recoller e publicar tódalas citas.
Un saudo.

numenius dijo...

Grazas Quique, por pasarte por aquí e polas túas verbas. Tí ben sabes do laborioso do mantemento dun blogue, pero hai que dicir que neste caso temos o traballo algo máis repartido, sen a colaboración dos socios do grupo non sería posible.

Un saúdo e segue a deleitarnos con esas boas entradas no "Ría de Ribadeo".