domingo, 14 de octubre de 2012

Agosto de 2012

Neste mes aparecen os primeiros papamoscas negros (Ficedula hypoleuca) e cincentos (Muscicapa striata) do paso posnupcial, tamén os picanzos meridionais (Lanius meridionalis). En Portomarín vólvese ver unha aguia pescadora (Pandion haliaetus) e un millafre real (Milvus milvus). Na Veiga de Pumar obsérvase un cuco real (Clamator glandarius). 

Lagarteiros das torres pousados no tendido eléctrico no Arneiro. Foto: J. Otero
Nesta mesma zona, Veiga de Pumar - Arneiro, fan acto de presenza, un ano máis, os lagarteiros das torres (Falco naumanni) que ao longo do mes van incrementando o seu número. Na chaira lucense acadan un mínimo de 350 ex. o día 28. Na lagoa de Caque obsérvase un cullereiro (Platalea leucorodia) e nos arredores cruzabicos (Loxia curvirostra). A mediados de mes o compañeiro J.R. Bugallo localiza preto de Guntín de Pallares, na comarca de Lugo, un ex. xuvenil de gaio azul (Coracias garrulus) mentres intentaba relocalizar un bando de gansos do canadá (Branta canadensis) observado minutos antes. En Outeiro de Rei, en praderías a carón do Miño 4 bubelas aliméntanse durante todo o mes (P. Quintana).


Bubela (Upupa epops). Foto: P. Quintana.

Día 4

Falco naumanni primeiros ex. deste 2012 observados no Arneiro (X. Prieto vía Galiciaves).

Día 5

Veiga de Pumar-Arneiro (C. González, D. Calleja, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Clamator glandarius  1 xuv.
Elanus caeruleus  2 ex.
Falco naumanni  16 ex.

Día 6

Quiroga (D. Pérez, O. Rivas).

Ficedula hypoleuca 1 ex. preto da aldea de Seara e varios máis no Souto de Soldón. Primeiras observacións persoais do ano.
Phylloscopus trochilus 1 ex. preto da aldea de Seara. Primeira observación persoal do ano.



Cruzabico (Loxia curvirostra). Foto: P. Quintana.


Lagoa de caque (P. Quintana).

Circus aeruginosus 1 xuv.
Loxia curvirostra bando de 6/8 ex. nos piñeirais da contorna da lagoa, xunto a pimpíns, verderolos e escribentas riscadas baixaban beber nos charcos do camiño.

Día 7

Veiga de Pumar-Arneiro-Goá (J. Otero).

Falco naumanni 18 ex. divididos en dous grupos
Tetrax tetrax 29 ex.
Elanus caeruleus 2 ex.








Día 8

Portomarín - Paradela (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

Ficedula hypoleuca varios ex. observados entre os lugares de Andreade e Villaragunte, no concello de Paradela.
Milvus milvus 1 ex., probablemente xuv. nas beiras do encoro de Belesar no lugar de Sta. Mariña. Portomarín.
Pandion haliaetus 1 ex. en Portomarín, no mesmo lugar onde se observara 2 semanas antes.

Cuco real (Clamator glandarius). Foto:David Calleja.

Día 12


A Espiñeira-Matodoso-Veiga de Pumar-Arneiro

Lanius meridionalis primeiras observacións do segundo período invernal na comarca. Este ano chegan algo máis tarde do habitual (mediados de xullo) (D. Calleja, D. Pérez, J. Otero, O. Rivas). 
Circus aeruginosus 3 ex. son observados primeiro pousados nun prado no Arneiro e logo voando até perderse de vista (D. Calleja, D. Pérez, J. Otero, O. Rivas).
Elanus caeruleus con toda probabilidade son 5 os ex. diferentes que se observan no día de hoxe nesta zona da comarca chairega (D. Calleja, D. Pérez, J. Otero, O. Rivas).
Larus fuscus bando de 30 ex. voando á tardiña en dirección N - S (D. Calleja, D. Pérez, J. Otero, O. Rivas).
Ciconia ciconia bando de aprox. 60 ex. na zona das areeiras de Arcillá (J. Otero).


Coello de monte (Oryctolagus cuniculus) en Goá. Foto: J. Otero.
 Día 14

Entre outras observacións:
Lagoa de Caque (F. Fdez. de Soto, S. París, O. Rivas).

Circus aeruginosus 1 ex. prob. xuv.
Tringa ochropus 1 ex.
Streptopelia turtur 1 ex.

Matodoso (F. Fdez. de Soto, S. París, O. Rivas). 

Milvus migrans 1 ex.
Falco peregrinus 1 ad.

Veiga de Pumar (F. Fdez. de Soto, S. París, O. Rivas). 

Tetrax tetrax 16 ex.
Circus pygargus 2 ex. melánicos.
Circus aeruginosus 1 F/xuv.
Elanus caeruleus 2 ex. Obsérvase un deles cazando e inxerindo un micromamífero.
Falco naumanni como nos últimos días e noutras áreas de Galicia son abondosos. Dúas agrupacións de aprox. 15 ex. cada unha e abondosos ex. dispersos pola Veiga, imposibles de contabilizar.

Lagarteiros das torres nun piñeiro seco na Croa. Foto: C. González.

Lagoa de Cospeito (F. Fdez. de Soto, S. París, O. Rivas). 

Ardea purpurea 1 ad.
Falco peregrinus 1 ex.

Portomarín, no canón do río Miño (F. Fdez. de Soto, S. París,D. Pérez, O. Rivas). 

Pernis apivorus 1 ex.
Hieraaetus pennatus 3 ex.
Milvus migrans mín. 5 ex.
Falco peregrinus 1 ex.
Upupa epops 1 ex.

Día 15

Parte do grupo Numenius á procura do gaio azul (Coracias garrulus). Foto: J. Otero.

Coracias garrulus 1 xuv. localizado previamente por J. R. Bugallo déixase observar nunha zona aberta de praderías rodeadas de piñeirais alimentándose e repousando en postes e sebes en Vilamerelle. Guntín de Pallares (C. González, D. Pérez, F. Fdez. de Soto, J.R. Bugallo, J. Otero, O. Rivas). 
O gaio azul en todo momento mantivo as distancias. Foto: J. Otero.
Branta canadensis bando de 11 ex. sobrevoa Ferreira de Pallares (J.R. Bugallo).
Lanius meridionalis 1/2 ex. en Vilamerelle. Guntín de Pallares (C. González, D. Pérez, F. Fdez. de Soto, J.R. Bugallo, J. Otero, O. Rivas). 
Falco sp. dos 5/6 ex. que se observan na zona, cando menos os 3 que se poden ollar con precisión son da especie F. tinnunculus, en Vilamerelle. Guntín de Pallares (C. González, D. Pérez, F. Fdez. de Soto, J.R. Bugallo, J. Otero, O. Rivas).


Día 17


Bestar (C. González).

Elanus caeruleus  1 ex.

Día 20
Veiga de Pumar (P. Quintana).

Falco naumanni  aprox. 90 ex. á última hora agrupándose para ir aos durmidoiros.
Elanus caeruleus 1 ex. (e 1 ex. máis na contorna da lagoa de Caque).
Circus pygargus 1 ex. melánico.


Día 21

O Toiral (C. González).

Elamus caeruleus  1 ex.
Lanius meridionalis  1 ex.

Chasco norteño (Saxicola rubetra). Foto: C. González.
Día 22

Entre outras observacións:
Matodoso-Xustás-Veiga de Pumar-Arneiro (D. Rguez. Viéites, L. Gude, O. Rivas). 

Elanus caeruleus 2 ex.
Tetrax tetrax 26 ex.
Circus pygargus 1 F./xuv. melánica.

Lagoa de Caque (D. Rguez. Viéites, L. Gude, O. Rivas).
Tringa glareola 1 ex.
Actitis hypoleucos varios ex.

Lagoas de Riocaldo (D. Rguez. Viéites, L. Gude, O. Rivas).

Tringa ochropus 3 ex.
Falco subbuteo 1 ex. no entorno das lagoas.
Actitis hypoleucos varios ex.


Papuxa do mato (Sylvia undata). Foto: P. Quintana.
Entre a Veiga de Pumar e A Espiñeira (D. Rguez. Viéites, L. Gude, O. Rivas).

Falco naumanni mín. 80 ex., especialmente abondosos no entorno da Veiga arredor das zonas que adoitan utilizar como durmideiro nas últimas semanas.

Lanius meridionalis 4 ex. en distintas zonas da comarca.

Lagoa de Cospeito (D. Rguez. Viéites, L. Gude, O. Rivas).

Circus aeruginosus 2 ex.
Falco subbuteo 2 ex.
Falco peregrinus 1 ex. preto de Cospeito

Muimenta (J. Cantil vía Galiciaves).

Falco naumanni 6 ex.

Día 24

Miñato abelleiro (Pernis apivorus). Foto: P. Quintana.
Martul. Outeiro de Rei (P. Quintana).

Pernis apivorus 1 ex.

Día 25

O Toiral  (C. González).

Elanus caeruleus  1 ex.
Falco tinnunculus  1 ex.

Veiga de Pumar-Arneiro-Goá (C. González, J. Otero, O. Rivas).

Falco naumanni mín. 115 ex.
Muscicapa striata 1 ex.
Ficedula hypoleuca 1 ex.
Upupa epops 2 ex.
Tamén se deixan ver varios coellos (Oryctolagus cuniculus) saíndo dunha sebe.

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

Saxicola rubetra varios ex., primeiras observacións persoais do paso.

Támoga (J. Otero).

Accipiter gentilis 1 ex. pousado no tendido telefónico, actitude entendemos que pouco habitual.

Día 26

Lagoa de cospeito (C. González).

Circus aeruginosus  3 ex. Un deles con marcas alares que non se puideron ver con claridade.
Anas crecca  9 ex.

A Croa (C. González).

Á última hora da tarde uns 140 lagarteiros das torres Falco naumanni

Día 28

Gaio (Garrulus glandarius). Foto: P. Quintana.
Falco naumanni censo coordinado á entrada dos dous durmidoiros chairegos coñecidos, na Veiga de Pumar e A Espiñeira, ao solpor, que deixa un resultado de entre 350 e 380 ex. (C. González, D. Calleja, J. Otero, O. Rivas).

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).


Podiceps cristatus 12 ex., 8 ad. e 4 xuv. (2+1+1)
Phalacrocorax carbo 7 ex.
Tringa ochropus 2 ex.
Apus apus 3 ex.

Lagoa de Cospeito (D. Calleja, J. Otero).

Entre outras observacións:
Falco subbuteo 1 ex.
Circus aeruginosus 1 F./xuv.
Apus apus 1 ex.

Baamonde (G. Fdez. Arrojo, M. Carregal vía Galiciaves).

Hirundo daurica un niño baixo a ponte da A6 cos dous ad. cebando.

Día 29

Cullereiro (Platalea leucorodia) na lagoa de Caque. Foto: P. Quintana.
Lagoa de Caque (P. Quintana).

Platalea leucorodia 1 ex.
Tringa nebularia 1 ex.
Falco peregrinus 2 ex., M. e F. ad., nunha especie de xogo chegando facer a femia un picado ao bilurico que non paraba de chiar.
Accipiter nisus 1 ex.

Día 30

Lagoa de Caque (P. Quintana).

Tringa nebularia 2 ex.
Na contorna da lagoa 1 papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) e 1 avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus).

Sisoi (C. González).

Falco naumanni  6 ex. ao mediodía.

Arcillá (C. González).

Falco peregrinus  1 ex.
Caprimulgus europaeus  3 ex.

No hay comentarios: