jueves 15 de marzo de 2012

Febreiro 2012


Este mes, sobra dicilo, foi realmente escaso en precipitacións (21,2 l. recollidos en Rozas, Castro de Rei), pero o efecto desta falta de auga vese acentuado polo que se arrastra xa dende o pasado outono. Os rastrollos de millo e praderías que o ano pasado por estas datas amosábanse asolagados, rebordantes, neste febreiro presentan unha cara ben distinta. A mesma estación meteorolóxica de Rozas rexistraba unha temperatura media mensual de 5,7ºC cunha mínima puntual de -7ºC o día 4 e unha máxima de 20,5ºC o día 29.

Así as cousas e visto que a invernía en latitudes máis setentrionais non parece estar sendo en exceso dura, nas zonas agrogandeiras son baixos (ou relativamente baixos) os números de avefría, píldora dourada, tordo real, tordo rubio ou pimpín do norte. Entre as anátidas as cercetas mantivéronse en cifras discretas agás unha pequena "irrupción" na segunda semana do mes, apreciable sobre todo na lagoa de Cospeito, os patos frisados chegan a bos números para a comarca igual que o pato cristado e o cullerete, tamén a galiñola negra acadou bos números en Cospeito, non así a galiñola, con rexistros moi escasos. En Riocaldo continxente récord de corvo mariño e preliminares reprodutivos de mergullón cristado. 
Cegoñas (Ciconia ciconia)  no niño. Foto: C. González

O mes poderíase adicar ás cegoñas que enchen caseque cada curruncho da Chaira coa súa presenza, coa vistosidade da súa plumaxe que fai que destaque en voo ou sobre as pradeiras cando se alimenta, co seu sonoro crotoreo ou pousada sobre as grandes e case sempre visibles plataformas onde crían.

A continuación presentamos, de xeito cronolóxico, algunhas observacións ao longo principalmente da Chaira, inda que tamén se inclúen algunhas doutras zonas da provincia por consideralas de interese (fenoloxía, especies escasas, etc...).

Día 4

Lagoa de Cospeito (C. González, G. Martínez).

Unha tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) e unha londra (Lutra lutra).

Día 5

471 ex. de Pluvialis apricaria + 43 ex. de Vanellus vanellus coincidindo coa onda de frío siberiana, nun percorrido pola Espiñeira, Matodoso e Mos (C. González, O. Rivas).

Veiga de Pumar (C. Varela, M. Otero).

Un picanzo meridional (Lanius meridionalis).

Día 7

Guitiriz (J. Otero).

Nos prados do antigo campo de aviación (referímonos así á chaira ocupada na actualidade por unha explotación gandeira de vacún e lindante co balneario da vila) dous pequenos bandos de avefrías, ou galos da braña que se lle di por aquí (V. vanellus) que entre os dous non suman máis que 51 exemplares.

Día 11

Lagoa de Cospeito (C. González)

Destacar neste día un notable aumento de cercetas (Anas crecca) superando con creces os 500 individuos. 

Lavanco (Anas platyrhynchos) 20
Pato cullerete (Anas clypeata) 71
Pato frisado (Anas strepera) 14
Asubiador (Anas penelope) 3
Pato cristado (Aythya fuligula) 38
Galiñola negra (Fulica atra) 13
Mergullón (Tachybaptus ruficollis) 5
Garza real (Ardea cinerea) 2

Pígara (Guitiriz) (J. Otero).

Durante o percorrido para o SACRE de inverno detéctanse 4 tordos reais, especie, como queda dito nunha entrada anterior, con escasos avistamentos nesta tempada invernal. Tamén destacar a presenza de 3–4 petos verdes (Picus viridis) nunha franxa reducida de terreo (3 deles observados simultáneamente).

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Segue o ganso do Canadá e un baixo número de anátidas con 6 cercetas e 43 lavancos (6 deles femias), ademais de 3 galiñolas negras e unha parella de mergullón cristado (Podiceps cristatus).

Matodoso / Xustás (J. Otero).

Un nutrido bando de frinxílidos entre os que a gran maioría son pimpín común (Fringilla coelebs), cun menor número de verderolos (Carduelis chloris) e no que se integran cando menos 4 pimpíns do norte (Fringilla montifringilla).
Nun rastrollo de millo, mesturados cun bando de estorniños (Sturnus spp.) aliméntanse un grupo de 327 avefrías.

Miñato (Buteo buteo). Foto: C. González
Día 12

A Espiñeira (J. R. Bugallo).

Un bando de 101 avefrías xunto con 11 píldoras douradas, poucos frinxílidos e un bo bando de estorniño pinto (Surnus vulgaris) como máis salientable, varias parellas de tordo charlo (Turdus viscivorus) dispersas - segue estrañando non ver nesta zona tordo rubio (T. iliacus) nin real (T. pilaris) - e dous grupos de corzos (C. capreolus) (4 + 3).

Lagoa de Cospeito (a.m.) (J. R. Bugallo).

Lavanco (Anas platyrhynchos) 50 (moi poucos)
Pato frisado (A. strepera) 26
Cullerete (A. clypeata) 57
Asubiador (A. penelope) 3 ( 1 M.)
Cerceta (A. crecca) 306
Pato cristado (Aythya fuligula) 16
Mergullón pequeño (Tachybaptus ruficollis) 6
Garza real (Ardea cinerea) 2
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) 2
Becacina (Gallinago gallinago) 1

O número de cercetas pode estar de novo por encima dos 500 ex. (p.m.) (O. Rivas).

Veiga de Pumar (J. R. Bugallo).

2 avefrías e tres pequenos grupos de píldoras douradas (P. apricaria) con 53, 46 e 32 ex. e encamadas a carón da estrada dúas perdices (Alectoris rufa), tamén un grupo de 8 lavercas (Alauda arvensis) e un bonito macho de gatafornela (Circus cyaneus).

Día 19

Lagoa de Cospeito

Destacable abundancia de Anas strepera, parece que os números de invernada desta especie cada vez son maiores.

Unha londra (Lutra lutra) (C. González, O. Rivas).

Máis tarde, no mesmo lugar (C. González, J. Otero, M. Rodríguez, O. Rivas):

Anas strepera 34
Aythya fuligula 30
A. penelope 1 M, 1 F.
A. clypeata aprox. 40
A. platyrhynchos mínimo 100
A. crecca mínimo 300
Phalacrocorax carbo 2
Circus aeruginosus 1 F.

Zonas agrarias de Cospeito e Castro de Rei (J. Otero).
Nun percorrido por varias zonas da comarca chairega visítanse un total de 47 niños de cegoña branca (C. Ciconia) incluída a colonia de poucos anos que asentada sobre un grupiño de carballos parece irse consolidando, poidéndose constatar a ocupación dunha alta porcentaxe deles. 

Colonia de C. ciconia  no concello de Castro de Rei. Foto: J. Otero
 Bazar / Ponte Outeiro (J. Otero).

Numerosas garzas reais alimentándose en praderías húmidas e regatos, sendo observados grupos de 4, 2, 6, 2, 4 e 5 ex., contrastan cos poucos efectivos observados en datas recentes na lagoa de Cospeito (J. Otero).

Xustás (J. Otero).

Unha garzota branca (Egretta alba) no río Miño, este ex. parece asentado na zona dende hai varias semanas, e posiblemente trátase do mesmo que é observado en diversas ocasións augas abaixo en Ponte Vilar (F. López, com. Persoal).

Gaibor (D. Pérez, O. Rivas).

Á noitiña unha curuxa (Tyto alba) reclamando.

Día 21

As cegoñas (C. ciconia) comezan o seu ciclo reprodutivo, e durante este mes vemos como se inicia a ocupación de niños e as primeiras cópulas vanse producindo ao longo de toda a comarca (C. Varela, M. Otero).

Detalle de cegoña branca (C. ciconia). Foto: M. Otero

Castro de Rei (C. Varela, M. Otero).

Milvus migrans Un ex., primeira observación persoal da tempada.
Scolopax rusticola Un ex. levanta dunha zona encharcada no linde dun piñeiral. Única observación da especie neste inverno para a Chaira.





 Veiga de Pumar (C. Varela, M. Otero).

Falco columbarius: 1 ex. xoven ou femia.

Granxa Gaioso (C. Varela, M. Otero).

Vanellus vanellus 175 ex.
Pluvialis apricaria 250 ex.

Turdus iliacus 14-20 ex. en prados lindantes á lagoa de Caque, única observación da especie na comarca, logo de botar todo o inverno se detectala (C. Varela, M. Otero). 

Millafre negro (Milvus migrans). Foto: M. Otero
Día 22

Lagoas de Riocaldo (J. Otero, V. Roura).

Continúan as lagoas cunha escasa presenza de anátidas de tan só as dúas especies máis comúns na invernada (lavanco e cerceta), excepción feita do ganso do Canadá (Branta canadensis), e de salientar algo sería:

Actitis hypoleucos 1 ex.
Tringa ochropus 1 ex.
Podiceps cristatus, son hoxe 7 os exemplares e podemos asistir aos primeiros “escarceos” en forma das súas espectaculares danzas nupciais.

Á tardiña, xa case noite, no seu durmidoiro, récord de corvos mariños grandes cun total de 183 ex. Todo parece indicar que aos habituais do lugar agregáronse os preto de 40 ex. que viñan utilizando a lagoa de Cospeito para facer noite e algún máis.

Lagoa de cospeito (D. Calleja, J. Otero, V. Roura).

Accipiter nisus un ex. (M.)
Hirundo rustica un ex., primeira observación persoal do ano. Repítese a observación dun ex. o día 26 (C. González).

E polo demais todo continúa máis ou menos igual que en datas anteriores, se acaso sinalar un lixeiro aumento no número de culleretes e unha notable diminución no de cercetas.

Día 23 (C. González)

Veiga de Lamas (Cospeito).

Gabián (Accipiter nisus). Foto: C. González

Un grupo de avefrías (V. vanellus) que estiveron estes días pola zona alcanzaron hoxe o seu número mais alto con un total de 43 exemplares . Tamén unha píldora dourada (Pluvialis apricaria), 2 Miñatos (Buteo buteo), e un gabián (Accipiter nisus) que intentaba cazar entre uns bandos de Pimpín (Fringilla coelebs) e verderolo (Carduelis chloris).




Día 25 (D. Pérez, F. Fernández, G. Lijó, O. Rivas)

Egretta alba 2 ex. no río Miño na cola do embalse de Belesar preto de Seixón (Portomarín).

Nunha saída en busca de nocturnas no entorno de Cospeito, 1 ex. de Tyto alba reclama pola noite na Espiñeira e son detectados 2 territorios distintos de Athene noctua.

Día 27

Lugo (J. Otero).
Milvus migrans 1 ex. sobrevoando o Miño á altura da nova ponte.

miércoles 15 de febrero de 2012

Xaneiro 2012


O máis salientable deste mes de xaneiro, que no climatolóxico caracterizouse por ser bastante morno e con escasas precipitacións, foi, na Lagoa de Cospeito, xunto coa presenza dun macho, probablemente de 1º inverno de pato escuro Anas rubripes (D. Calleja, J. Otero, O. Rivas, C. González, J. R. Bugallo) e un abetouro Botaurus stellaris (L. J. Cantil 23/01/12, N.O.G., “galiciaves”), o incremento progresivo de corvo mariño Phalacrocorax carbo con 8 ex. o día 8, 25 ex. o día 22, e 39 ex. o 29 (C. González).
En Riocaldo vense os dous primeiros mergullóns cristados Podiceps cristatus do ano (J. Otero 22/01/12). A poboación invernante de Phalacrocorax carbo está no que probablemente será o seu número máximo, ou moi próxima a el. Bótanse en falta os patos chupóns Aythya ferina que en anos anteriores non faltaban no lugar, a tendencia parece non ser diferente a outras localidades do país. Poucas anátidas en xeral con cifras baixas de Anas crecca e observacións anecdóticas de asubiador Anas penelope e nulas de, por exemplo cullerete Anas clypeta.
Nas zonas agrarias ou agrogandeiras de Goá, Arneiro, Veiga de Pumar, Xustás, Matodoso, Arcillá, Bestar ou Guitiriz escasez de limícolas, con apenas avistamentos de Pluvialis apricaria e moi escasos de Vanellus vanellus. Tampouco se detectan tordos das especies Turdus pilaris e T. iliacus nin pimpíns do norte Fringilla montifringilla máis que de xeito tamén case anecdótico.
A lagoa de Caque asimesmo non presenta a abundancia de, por exemplo, Anas crecca, que no inverno pasado acadaron cifras record, inda que as anátidas en xeral están en números “normais”.

Día 2
Nas lagoas de Riocaldo (J. Otero, O. Rivas):
Corvo mariño grande con anel de PVC "CY".








Phalacrocorax carbo 123 ex. entre eles o xa vello coñecido “CY” que pasa unha nova temporada invernal no lugar, e xa van 10.
Anas penelope 1 F.
Anas platyrhynchos mínimo 49 ex.
Anas crecca aprox. 15 ex.
Branta canadensis 1 ex., máis outro ex. asignable á ssp. parvipes ou ben á especie Branta hutchinsii , presentes a primeira dende o 16/05/2009 (C.D. Romay) e a outra dende mediados de 2011 (O. Rivas, R. Carrillo).
Aythya fuligula 1 xuv. presente xa dende o 18/12/2011 (naquela ocasión xunto con outro exemplar) e observado en distintas datas de decembro (J. Otero).
Día 8
Matodoso / Xustás (J. Otero, O. Rivas, J. Manuel):
Emberiza schoeniclus mínimo 17 ex. en sebes con salgueiros e outras arbustivas
Ciconia ciconia 1 ex.
Na lagoa de Caque (J. Otero, O. Rivas, J. Manuel):
Sen facer un conteo preciso, os números que se dan a continuación son números mínimos que pouco poden diferir dos reais:
Anas crecca 170 ex.
Anas platyrhynchos 90 ex.
Anas clypeata 40 ex.
Anas strepera 7 ex.
Máis un número non cuantificado de Fulica atra e Tachybaptus ruficollis.
Nos prados e terreos colindantes coa lagoa de Caque (J. Otero, O. Rivas, J. Manuel):
Turdus viscivorus
Turdus pilaris
Anthus pratensis
Buteo buteo 1 ex.
Ciconia ciconia 2 ex.
Lagoa de Cospeito (C. González, J. R. Bugallo, J. Otero, O. Rivas, J. Manuel):
Tampouco aquí se dan números precisos dalgunhas especies, das que só se fixo unha estima e nalgún caso nin eso.
Anas strepera 23 ex.
Anas crecca >100 ex.
Anas clypeata
Aythya fuligula 11 ex.
Fulica atra aprox. 20 ex.
Gallinula chloropus
Tachybaptus ruficollis
Phalacrocorax carbo 8 ex.
Corvus corax 2 ex.
Ardea cinerea 1 ex.
Buteo buteo 1 ex.
Pluvialis apricaria bando de aprox. 60 ex. á primeira hora da mañá (J. R. Bugallo)
Día 14
En Lamas, Cospeito, un esmerillón Falco columbarius (C. González).
Día 15 Xornada de censo coordinado nos principais humidais e zonas agrarias da comarca que Numenius ven realizando nos últimos anos e cuxos resultados están aínda por publicar.(C. González, D. Calleja, J. Otero, J. Usera, O. Rivas, V. Roura)
Lagoas de Riocaldo (J. Otero, V. Roura):
Seguen unhas cifras similares ás do pasado día 2, cun incremento de lavancos (Anas platyrhynchos) que pasan do centenar e a presenza de dous biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) se houbera que salientar algo.
Zonas agrogandeiras (Arcillá, Matodoso, xustás, A Veiga, Arneiro, Guitiriz, etc.) (D. Calleja, J. Otero, J. Usera, O. Rivas, V. Roura):
Presenza moi escasa de Vanellus vanellus e Pluvialis apricaria e prácticamente nula de Turdus pilaris e T. iliacus. Non se detectan tampouco pimpíns do norte Frigilla montifringilla (tan só un único ex. integrado nun bando de F. coelebs. D. Calleja).
Lagoa de Cospeito (C. González, D. Calleja, O. Rivas):
Pato escuro entre varios exemplares de lavanco.
Anas rubripes 1 M. (probablemente de 1º inv.) observado por primeira vez o 20/12/2011 (D. Calleja, J. Otero) volve ser ollado os días 22/01 e 24/01 (C. González, D. Calleja, J. R. Bugallo, J. Otero, O. Rivas). 

A Espiñeira: (C. González)
Escasas píldoras douradas (Pluvialis apricaria) e avefrías (Vanellus vanellus), 2 garzas cincentas (Ardea cinerea), 1 falcón peregrino (Falco peregrinus), 1 esmerillón (Falco columbarius), 4 miñatos (Buteo buteo) e 1 picanzo meridional (Lanius meridionalis).


Día 22
Na Lagoa da Carballosa, en Cospeito (C. González) 10 esribentas riscadas Emberiza cia.
Lagoa de Cospeito (C. González, J. R. Bugallo, M. Rodríguez, O. Rivas):
Lavanco Anas platyrhynchos 136 ex., cullerete Anas clypeata 32 ex., pato frisado Anas strepera 27 ex., asubión Anas penelope 1 ex., pato cristado Aythya fuligula 13 ex., pato chupón Aythya ferina 1 ex., cerceta común Anas crecca 48 ex., focha Fulica atra 24 ex., mergullón pequeno Tachybaptus ruficollis 3 ex.
Na Espiñeira (C. González, J. R. Bugallo, O. Rivas)
Abundancia de corzos Capreolus capreolus chegándose a observar 11 exemplares. Tamén 66 avefrías Vanellus vanellus, 45 píldoras douradas Pluvialis apricaria, 65 lavercas Alauda arvensis, 6 garzas cincentas Ardea cinerea, 6 miñatos Buteo buteo, 1 esmerillón Falco columbarius, 1 falcón peregrino Falco peregrinus e 1 lagarteiro Falco tinnunculus.

Na Veiga de Pumar - Arneiro (M. Fernández, Rafael, com. vía blogue):
Ciconia ciconia 18 ex., 15 deles xuntos.

Lagoas de Riocaldo (J. Otero):
Phalacrocorax carbo 120 ex.
Branta canadensis 1 ex, máis outro ex. asignable á ssp. parvipes ou ben á especie Branta hutchinsii
Os dous gansos presentes en Riocaldo dende hai meses.
 
Anas crecca 2 ex.
Anas platyrhynchos mínimo 130 ex.
Actitis hypoleucos 2 ex.
Podiceps cristatus 2 ex.
Día 30 (J. Otero)
Matodoso:
Emberiza schoeniclus 8 ex.
Passer montanus mínimo 15 ex.
Vanellus vanellus 12 ex.
Veiga de Pumar / Arneiro:
V. vanellus 40 ex. moi espallados, en pequenos grupos de 8, 4, 10, 9 e 9 exemplares.



jueves 26 de enero de 2012

Sobre anfibios e réptiles




O sábado día 28/01/2012 continuando coa programación do CEN-Casa das ínsuas en Rábade, lévase a cabo unha interesante actividade relacionada co mundo da herpetoloxía na que Martiño Cabana Otero proporcionará as bases para unha correcta prospección e determinación dos anfibios, incluídas as súas larvas e ovos. A xornada comeza cunha introducción teórica no CEN ás 10:00 e complétase coa saída ao campo até as 14:00.

(Recoméndase traer calzado adecuado para moverse por lugares húmidos e encharcados)

martes 24 de enero de 2012

Xornada dos humidais, da SGO



A Sociedade Galega de Ornitoloxía organiza unha interesante "Xornada dos humidais. A conservación das zonas húmidas galegas de importancia ornitolóxica" por mor da conmemoración do día mundial dos humidais que se celebra o día 2 de febreiro.

A cita, de obrigada asistencia, será o vindeiro día 4 de febreiro de 2012, sábado,  no CEN-Casa das Ínsuas de Rábade (LU) e conta coa colaboración da S.G.H.N., o concello de Rábade, a AGCT e o CEN.

Do programa, que podedes ver no cartaz que se inclúe nesta entrada, cabe subliñar a charla a impartir por Luis José Salaverri Leiras, biólogo, destacado membro da SGO e sen dúbida un dos máis profundos coñecedores da ornitofauna chairega, lucense e galega en xeral, baixo o título "Tendencias poboacionais das aves acuáticas invernantes no nordeste de Galicia".

Se tendes interese, por mínimo que este sexa, no coñecemento e conservación das aves lucenses, non deixedes pasar esta ocasión de escoitar de bocas expertas os diversos factores que interveñen na conservación dos humidais e a fauna a eles asociada.