miércoles, 26 de diciembre de 2012

Presentación de ¿Para qué sirven las aves?


Dende o grupo Numenius congratulámonos de que Toñete por fin dera cun oco na súa axenda para pasarse por Rábade a presentarnos  o seu libro aos lucenses e a todo aquel que teña a ben pasarse por aquí. Haberá que relelo para, ademais de levalo máis fresco o día dous, volver gozar con todas esas vivencias relacionadas coas aves e a costa coruñesa do excelente ornitólogo e gran comunicador que é Antonio Sandoval e que unha vez máis toma a iniciativa e amósase como pioneiro. Lembremos que o seu blogue Aves de la Ría do Burgo abriu camiño a tantos outros que logo fomos detrás en Galicia e resto da xeografía peninsular.

A cita, ineludible, o próximo mércores 2 de xaneiro de 2013 na Casa das Ínsuas en Rábade ás 20:00 H.

Auguramos e desexámoslle o éxito que a obra sen dúbida merece, xa non entre os ornitólogos de todo o país, se non entre todos aqueles que sintan inquetudes naturalistas e preocupación pola conservación do medio e as súas especies, e non só as aves.

Vémonos en Rábade.

No hay comentarios: