Vicente Roura colabora habitualmente con Numenius en censos de aves e outros traballos de campo, é un comprometido, un apaixoado naturalista, o mesmo se interesa polos arácnidos que non ten reparos en rescatar unha posta de sapo ou de píntega condenada a desaparecer nunha rodeira de tractor seca e ceibar as larvas unha vez conseguiu que naceran na casa.

Comprometido tamén no social, no seu blogue non faltan as iracundas denuncias ás instancias, eclesiásticas ou políticas.
No
artístico, a pintura acompañouno case toda a súa vida, con
formación na Escola de Artes e Oficios da
Coruña tocou tamén
a escultura, a escenografía, o cine de animación, a dirección
artística, o teatro, o escaparatismo...
Na
actual etapa prevalecen nos seus cadros os motivos urbanos -curiosa
contradición- edificios, rúas e currunchos da cidade de Hércules,
cunha paleta dominada por amarelos, laranxas e azuis que modelan sinuosas
formas, frías sombras e intensas ou cálidas luces reflectidas nas fachadas.
Unha escolma da súa pintura, de bosquexos e apuntes e, como non, do seu
compromiso social, así como divertidas fotografías pódense ollar no seu blogue:

Disfrutadeo
que ben paga a pena.
De
pai e nai pintores (casualmente o pai de nome Vicente), os lapis e
pinceis afixéronse ás súas mans dende moi nova. Reside dende hai pouco na Terra Chá, naceu na cidade da
Coruña e, como ela mesma di no seu blogue DIBUJOS DE NATURALEZA,
“mis
padres me educaron con la sensibilidad suficiente para amar la
naturaleza”.
Así a práctica totalidade da súa obra é de contido naturalista.

Do seu contacto co Grupo Naturalista Hábitat xurdiron colaboracións en forma de marabillosas ilustracións para guías de natureza, revistas, trípticos, calendarios e outro material gráfico e divulgativo.
O
seu estilo é moi realista e as especies que brotan dos seus lapis
acuarelables e pinceis cobran vida polo esmero e especial
atención que pon en plasmar os ollos, a mirada do esquío, do sisón,
da avetarda, do pato cristado, do lobo e de tantas outras especies.
Tampouco
as bolboretas ou o mundo vexetal escapan á súa maestría...



A precocidade debuxando e pintando vese tamén reflectida no feito de que a súa primeira exposición veu a luz cando contaba con apenas quince anos, repetindo con dezasete e agardamos que nun futuro próximo, cando a dedicación ás dúas pequenas lle deixe o tempo suficiente, nos agasalle cunha mostra na comarca.
Nos últimos tempos a sempre absorvente e complexa tarefa de criar ás súas dúas pequenas réstalle tempo para adicarlle á pintura, agardamos que poida retomar a labor creativa canto antes con maior intensidade para o gozo de todos.




Tódalas ilustracións amosadas nesta entrada son propiedade intelectual dos seus respectivos autores, Vicente Roura e Mariana Roura. Está prohibida a súa utilización para calquera tipo de uso sen o consentemento expreso dos autores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario