sábado, 6 de octubre de 2012

A AGCT organiza en Lugo o III Congreso Ibérico do Lobo

A Asociación Galega de Custodia do Territorio (www.custodiadoterritorio.org), co apoio de entidades conservacionistas, grupos de investigación, universidades, administracións, etc., está organizando o III Congreso Ibérico do Lobo. Os temas principais do congreso serán a ecoloxía, xestión, administración e conservación das poboacións do lobo ibérico (Canis lupus signatus).
Investigadores, técnicos e persoal das administracións, representantes de entidades gubernamentales, organizacións sen ánimo de lucro, e calquera persoa interesada na ecoloxía e a conservación deste carismático carnívoro están invitados a participar e aportar ideas, opinións e novas investigacións.
Máis información, programa preliminar e información de rexistro dispoñible na páxina web do Congreso: www.IIICongresoLobo.org.
Para calquera dúbida póñase en contacto con nos en: IIIcongresolobo@gmail.com.
Recordar que a fecha de inscrición económica remata o 16 de outubro do 2012.

No seguinte enlace pódese consultar o programa definitivo (salvo cambios menores obrigados):

http://www.iiicongresolobo.org/programa_congreso

No hay comentarios: