sábado, 3 de noviembre de 2012

Sobre "las aves que amenazan al silicio" ou como manipular á prensa (ou como deixarse manipular)

  Innumerables son as mostras do mal facer dun maior número de periodistas - ¿disque?¿periodistas? - dos que serían desexables. Escasa ou nula preocupación por documentarse, titulares grandilocuentes, tanto coma ridículos, falsos e tendenciosos, escritura indisimuladamente ao ditado, parcialidade absoluta... Que sí, que o prato de lentellas está caro hoxe, pero un chisco de personalidade, home!

  A antepenúltima, con xenerosidade, chegábanos da "asociación temporal" Voz de Galicia - Erimsa, ou o que é o mesmo Jorge Casanova -  Jose Manuel López (periodista que firma o artigo - director da empresa mineira). Sen máis preámbulos copiamos e pegamos o artigo que provocou o noso pasmo. Publicado na Voz de Galicia o domingo  día 28 de outubro de 2012. Non ten desperdicio, dende o titular até a apoteósica última frase.

"Las aves que amenazan al silicio

 


Hay que ir con cuidado, porque las colonias de ánades aún son muy asustadizas y es preciso moverse con cautela para verlas. Los chalecos reflectantes, con los que es preceptivo moverse en el interior de la explotación minera de Erimsa en Begonte, tampoco facilitan el camuflaje. Así que lo mejor que vemos durante la visita al sistema lagunar en el que se ha convertido parte de la explotación es la huída de un par de bandadas. Estamos en la laguna de Riocaldo, aunque José Manuel López, director de la mina, matiza que Riocaldo queda en otra parroquia. Pero ya es demasiado tarde. Todo el mundo la llama así. Tal vez porque antes, hace 30 años, aquello era una zona de monte y labradío como las que circundan la zona (hoy con más monte que labradío). Fue cuando Erimsa empezó a extraer cuarzo y otros áridos, creando diversos huecos. Unos los rellenó con tierra y otros con agua, creando una red de lagunas única en Galicia que, a su vez, ha generado un verdadero y rico ecosistema en el que las aves acuáticas reinan.
Todo muy bonito. Pero la empresa se encuentra ahora con consecuencias indeseables. Haber transformado el hábitat le ha supuesto una protección especial por parte de Red Natura, afectando a casi un 33% del territorio sobre el que tienen derechos y en el que, estiman, hay reservas de cuarzo para otros cuarenta años.
Ocio y ciencia
La concesión expira en un par de años y la prórroga solicitada aún no ha sido concedida. Así que las aves que migraron para instalarse en el idílico hábitat que les montaron en Begonte juegan ahora en contra de sus benefactores. La empresa quiere revertir la jugada. En medio año prevé abrir una de las lagunas al público, al pie de la A-6. Maneja un ambicioso proyecto para dotar su entorno de actividades de ocio y científicas, para el estudio de las aves. Dar visibilidad a su labor de restauración y revertir en el pueblo parte de los beneficios extraídos de sus entrañas. De allí han salido miles y miles de toneladas de áridos y sobre todo cuarzo, es decir, silicio.
La próxima primavera es posible que ya se pueda acceder a la laguna de Riocaldo para ir acostumbrando a los patos, las grullas, cormoranes o avefrías a la presencia humana. López explica por donde pasarán las rutas de senderismo hasta que, inesperadamente detiene el coche:
-Mire, un águila.
Y allí estaba. La primera que veo en Galicia."

  Ante estas informacións compre facer algunha puntualización:


  A lagoa de Rio Caldo, así chamada naqueles días, aló polo 1901 (hai algo máis de 30 anos, obsérvese) era citada polo clérigo e botánico (ou botánico e clérigo) Baltasar Merino, o Padre Baltasar Merino, na súa obra "Viajes de herborización por Galicia" como unha pequena lagoa cercana aos Pozos do Ollo, pozos que inda hoxe podemos contemplar, sobre todo o Ollo Grande, case igual que por aquel entón. Non é polo tanto ningún invento o de lagoas de Riocaldo. Xa daquela mencionaba o ilustre botánico algunha das especies de flora cuxa protección fixo que hoxe a zona estea incluída na Rede Natura 2000 (LIC Parga - Ladra - Támoga) por exemplo o cardiño da lagoa Eryngium viviparum. Este espazo de valor natural recoñecido conta ademais con outras especies, tanto de flora coma de fauna que figuran nos listados de especies de interese comunitario, no Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial e Catálogo Español de Especies Amenazadas e/ou no catálogo Galego de Especies Ameazadas e o fan merecedor deste estatus de protección: poderiamos nomear os mexillóns de río Margaritifera margaritifera e Unio pictorum, varias especies máis de flora como Luronium natans ou Pilularia globulifera ou mamíferos como a lontra Lutra lutra. Ademais están presentes cando menos 15 hábitats de interese comunitario no LIC, dos cales catro son prioritarios. Tamén réptiles e anfibios (Hyla arborea), artrópodos (Euphydryas aurinia, Oxygastra curtisii), peixes (Gasterosteus aculeatus) ou aves: Botaurus stellaris, Circus pygargus, Chlidonias niger, Podiceps cristatus (cunha pequena poboación reprodutora cada ano afectada pola actividade mineira) por nomear algúns taxóns.

Niño de mergullón cristado que unha repentina baixada do nivel da auga, non natural, deixa inutilizado e a incubación resulta estragada. Foto: J. Otero 22/05/12
  Dende logo que ao que menos lle debe a protección merecida do complexo sistema ecolóxico do Lugar de Importancia Comunitaria Parga – Ladra – Támoga e á actividade mineira de Erimsa.

  Quedarse co meramente anecdótico como a presenza accidental dun par de grous (Grus grus) ou pretender que a declaración do LIC foi grazas ás obras de Erimsa, agresivas ao fin e ao cabo co medio natural inda que do cambio producido na paisaxe xurdiran unha serie de hábitats que poden favorecer a presenza dalgunhas especies acuáticas é cando menos errado.

  Xusto é recoñecer que despois desta drástica transformación o medio lacunar resultante pode ter unha certa potencialidade para acoller unha máis ou menos rica diversidade biolóxica, pero para elo sería necesario entender que unha restauración non é a plantación de eucaliptos, chopos ou acacias como até agora vense producindo. A zona ten ademais a suficiente extensión para que compaxinar os usos recreativos coa conservación non teña que resultar lesivo para esta, nas súas mans está.

Aspecto do borde dunha das lagoas logo dunha repentina baixada artificial da auga. Pódese apreciar claramente na vexetación en termo medio o nivel que apenas uns días antes acadaba. Como consecuencia centos de exemplares de mexillón de río,  Unio pictorum, especie incluída no catálogo Galego de Especies Ameazadas, quedaron en terra. Foto: J. Otero. 28/10/2012
  Pero para isto, señores de Erimsa, compre entender o verdadeiro valor e potencial para a conservación que posúe esta área protexida, non paren vostedes na anécdota, afonden no coñecemento e fagan algo máis serio que vender fume, non lles vai custar máis cartos e a longo prazo o nome da empresa sairá mellor parado nun futuro no que o respecto polo medio natural cada vez dá máis prestixio.

5 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Boas:

Pois resulta que o citado "periodista" falou con un tal Xabi Prieto. Chamáronme da SGHN porque había alguén que quería saber sobre Riocaldo e eu accedín a falar con el. Logo dunhas palabras, entendín que as súas intencións non eran do todo malas pero, polo visto, trabuqueime. Agora doume conta da man que o alimentaba.
Obviamente o que eu lle dixen e o que se publicou na Voz pouco ten que ver, como imaxinaredes. Pero son moitos anos xa, e estas cousas non nos poden sorprender...
Eu tamén me alporicei bastante cando vin o esperpento publicado na prensa. Sobre todo porque non tiña nada que ver co que eu lle dixera.

En fin, mandan os que mandan. Ou espabilamos contra esta tropa, ou non temos ningunha posibilidade.

Un cordial saúdo.

numenius dijo...

En efecto Xabi pouco nos sorprende xa a maneira de actuar dos medios de comunicación en moitas ocasións, sobre todo no que ten que ver coa conservación, a tódolos efectos unha preocupación menor da sociedade, Parece.

Saúdos.

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Por certo, o "xornalista" envioume a foto da presunta águia por correo e lle expliquei moi claramente que era un Buxato.
O da mentira lévano nos xenes, os pobres....

Rafael dijo...

Boas...ánimo...da gusto aprender

...o do buxato ten moita coña...a primeira aguia que miraba o fulano na Galicia!!

...pra onde é que mira?

...eu non penso que sexa mentira, é simple iñorancia. Pura e dura. Hai moito titulado indocumentado, e ate o día de hoxe non se demostrou que pra firmar nun periódico esixan saber ler e escribir.

O de adecuar as lagoas pra as visitas turísticas soa a destrución da tranquilidade do habitat.

Saúdos a todos. Parabéns pola entrada.

numenius dijo...

Boas Rafael.

Grazas pola visita e o comentario, sempre estimado por vir de que ven.

Non cremos neste caso na ignorancia, seguro que hai algo máis no fondo da cuestión. Iso sí, este home non mirou cara a un poste da luz na súa vida.

E si se me permite emular a un dos mellores bloguistas deste país.

A mandare.