En abril por fin chegaron as chuvias, e madialeva que fixeron honor ao dito, senón foron augas mil non foi por moito. Así na estación meteorolóxica de Castro Ribeiras de Lea (de Meteogalicia) recolléronse durante o mes 130 mm repartidos en 22 días, os días 6 e 7 e dende o 10 até o 30 sen descanso. As temperaturas máis ben baixas cunha media mensual de 7,7ºC (media das máximas = 12,3ºC e media das mínimas = 3,8ºC) sendo a máxima puntual de 21,2ºC o día 9 e a mínima puntual de -0,2ºC o día 16. Inda así xa vedes que o persoal de Numenius non se arreda con facilidade e as saídas ao campo foron numerosas, realmente inda máis das que se reflicten nesta entrada.
Día 1:
A Espiñeira (C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Oenanthe oenanthe 2 ex.
Turdus iliacus
9 ex.
Falco tinnunculus 1 M.
Buteo buteo 1 ex.
Ciconia ciconia 3 ex.
Ardea cinerea 1 ex.
Vanellus vanellus 1 ex.
Capreolus capreolus 5 ex.
Anas platyrhynchos (F.) Foto: J.R Bugallo |
Lagoa de Cospeito (C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Anas platyrhynchos 25 ex.
aprox.
Anas crecca 2 ex.
Aythya fuligula 1 F.
Anas clypeata 12 ex.
Fulica atra 2 ex.
Tachybaptus ruficollis 3
ex.
Veiga de Pumar (C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Ciconia ciconia 108 ex.
na mesma finca xunto con 11 gaivotas choronas (Larus
ridibundus) e 4 garzotas (Egretta garzetta).
Milvus migrans 3 ex.
mínimo
Oenanthe oenanthe 2 ex.
Día 2:
Portomarín e arredores (D. Pérez,
L. Gude, F. Fdez. de Soto, G. Martínez e O. Rivas).
Falco peregrinus 4
territorios na zona.
Pandion haliaetus 1-2
ex. na zona que se observan durante varios días.
Circaetus gallicus
Corvus corax 2
posibles parellas compartindo cortado cunha parella de F.
peregrinus.
Corvus
monedula 1 ex.
no lugar de Sta. Mariña.
Día 6:
Portomarín e arredores (D. Pérez,
L. Gude, F. Fdez. de Soto e O. Rivas):
Oriolus
oriolus 1 ex.
cantando nas beiras do encoro na zona de Sabadelle.
Día 7:
Lagoa de Caque (P.
Quintana vía Galiciaves).
Egreta alba 1 ex.
Egretta garzetta 2 ex.
Circus aeruginosus 1 ex.
Aythya fuligula 2 F.
Upupa epops 1 ex.
Na Croa (C. González).
30 pombos (Columba palumbus)
e unha parella de lagarteiros (Falco tinnunculus)
En Lamas (C.
González). Un porco teixo (Meles meles)
Sobre a autovía A6, á
altura do acceso, na localidade de Rábade un bando de 63 gaivotas
escuras (Larus fuscus) pasan con rumbo NE (J.
Otero).
Día 8:
A Espiñeira
(C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Turdus philomelos varios
exemplares soltos.
Turdus viscivorus mínimo 6 ex.
Alauda arvensis 2 ex.
Falco tinnunculus 1 ex.
Ardea cinerea 2 ex.
Buteo buteo 4 ex.
Capreolus capreolus 3+3
ex.
Pyrrhula pyrrhula 2
parellas
Alauda arvensis. Foto: J.R. Bugallo |
Lagoa de Cospeito
(C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Anas platyrhynchos 7 ex.
Anas crecca 13 ex.
Fulica atra 2 ex
Anthus trivialis 2 ex.
Tachybaptus ruficollis 5
ex.
Hirundo rustica Varios
ex. sobrevoando a lagoa.
Riparia riparia 8/10
mínimo.
Monte da Croa
(C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Anthus trivialis 2 ex.
Accipiter nisus 1 ex.
Cuculus canorus 1 ex.
Milvus migrans 1 ex.
Pyrrhula pyrrhula 1 ex.
Ciconia ciconia 1+3 ex. preto dun niño en Anidos. Este antigo niño, na saída da Feira do monte cara ao Santo, parecía estar en desuso nos últimos anos e en 2012 volve estar ocupado, miragosamente se podería engadir xa que as pólas medraron de xeito que é incrible que dean entrado nel.
Upupa epops 1 parella
Día 9:
Lagoas
de Riocaldo (T. Salazar
vía Galiciaves).
Entre
outras especies:
Charadrius
dubius 1 ex.
Egretta
alba 1 ex.
Anas
penelope 1 ex.
Día 10:
Circus pygargus 1 ex. en Goá, 1ex. na Veiga de Pumar, 1 ex. en Castro Ribeiras de Lea (primeiras observacións persoais) (D. Calleja).
Lagoa de Caque (D. Calleja).
Aythya fuligula 9 ex.
Loentia. Castro de Rei (D. Calleja).
Numenius arquata 2-3 ex. (primeira observación persoal)
Cuculus canorus 1 ex. (primeira observación persoal)
Lagoa de Cospeito (D. Calleja).
Riparia riparia aprox. 6 ex. (primeira observación persoal)
Día 14:
Unha parella de mouchos (Athene
noctua) en Cospeito (C. González).
Athene noctua. Foto: C. González |
Día 16:
Un falcón (Falco peregrinus) preto do campo de fútbol
de Cospeito. A Fonte (C. González).
Día 20:
Veiga
de Pumar (R.
Hevia vía
Galiciaves).
Circus
pygargus 1 F.
Circus
cyaneus 1 F.
Día 21:
A Espiñeira (C.
González, J. Otero, O. Rivas).
6-7 Miñatos (B.
Buteo)
2 Pedreiros cincentos (O.
oenanthe)
Bardián. Bazar (C.
González, J. Otero, O. Rivas).
3 Biluricos claros
(Tringa nebularia)
Ademais,
igual que non todo é Terra Chá, tampouco todo son aves, subliñar
que nesta data celebróuse no CEN–Casa das Ínsuas de Rábade a
parte teórica do cursiño
Identificación teórico-práctica dos anfibios e réptiles de Galicia no que o magnífico herpetólogo Martiño Cabana desvelounos algunhas das chaves para a determinación das especies deste apaixoante grupo faunístico así como outras cuestións relacionadas cos seus hábitats, distribución ou problemas de conservación , que de certo son demasiados. Na posterior saída ao campo por distintas áreas da comarca houbo ocasión de afondar sobre o aprendido, esta vez con animais en vivo e disfrutar (tanto como aprender) do moito e bo saber de Martiño e Rafael Vázquez, outro extraordinario herpetólogo das novas fornadas. Semella que a continuidade no estudo da herpetoloxía galega está garantido e en boas mans con estes e outros que agora non é o momento de nomear pero que moitos temos na mente.
Identificación teórico-práctica dos anfibios e réptiles de Galicia no que o magnífico herpetólogo Martiño Cabana desvelounos algunhas das chaves para a determinación das especies deste apaixoante grupo faunístico así como outras cuestións relacionadas cos seus hábitats, distribución ou problemas de conservación , que de certo son demasiados. Na posterior saída ao campo por distintas áreas da comarca houbo ocasión de afondar sobre o aprendido, esta vez con animais en vivo e disfrutar (tanto como aprender) do moito e bo saber de Martiño e Rafael Vázquez, outro extraordinario herpetólogo das novas fornadas. Semella que a continuidade no estudo da herpetoloxía galega está garantido e en boas mans con estes e outros que agora non é o momento de nomear pero que moitos temos na mente.
T. marmoratus, abaixo F. en fase terrestre e arriba M. en fase acuática. Foto: J. Otero |
Entre
as especies que se puideron observar, nun día de ceo gris, no que
barruzaba e a temperatura foi máis ben fresca citaremos por exemplo
os tres limpafontes (ou pintafontes, ou tritóns...) Lissotriton
boscai,
L. helveticus
e Triturus marmoratus,
tamén Rana temporaria,
Hyla arborea,
Pelophylax perezi,
Lacerta schreiberi,
Podarcis bocagei,
Chioglossa lusitanica
e algunha outra que se queda no tinteiro. Unha proveitosa xornada.
Día 22:
A Espiñeira
(C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Falco columbarius 1
ex.
Turdus philomelos varios
ex.
C. ciconia 4 ex.
Anthus trivialis 2 ex.
Circus pygargus 2 ex.
(un melánico na súa zona de cría na Croa).
Veiga de San Martiño
(C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Anas platyrhynchos 21 ex.
Anas strepera 1 parella
Milvus migrans 1 ex.
Veiga de Pumar
(C. Gonzalez, J.R.
Bugallo, O. Rivas).
Emberiza calandra varios
ex. cantando.
Anas platyrhynchos 14 ex.
Actitis hypoleucos 1 ex.
Tringa
ochropus 3 ex.
Lagoas
de Riocaldo (Alba, F. López, Henrique, I. Ferreiro, J. Otero, M.
Ferreiro,).
Podiceps
cristatus 4 - 5 parellas (mínimo 9 ex.). Obsérvanse
repetidamente danzas de cortexo así como a un ex. alimentándose de
peixes moi próximo á beira da lagoa, tamén unha parella no niño e
outra construíndo a súa plataforma.
Phalacrocorax
carbo 2 ex. pasan sobre a lagoa grande, seguramente ao
durmidoiro que hoxe non se visita.
Fulica
atra 1 ex.
Anas
platyrhynchos 8 ex.
Abundantes
hirundínidos aliméntanse en voos rasantes, andoriñas das barreiras
(Riparia riparia)
e sobre todo andoriñas (Hirundo rustica).
B.
buteo 2 ex.
Milvus
migrans
1 ex.
Branta
canadensis segue o vociferante ex., na vecindade dende hai xa case tres anos.
Ten que ser duro para este bicho a imposibilidade de atopar parella.
Numenius
arquata 1
ex. pasa reclamando poucos metros por encima das nosas cabezas
con rumbo S.
Día
24:
lagoa de Cospeito (D. Calleja).
Circus aeroginosus unha femia
Aythya fuligula 3 ex.
lagoa de Caque (D. Calleja).
Aythya fuligula 2 ex.
Anthus trivialis 2 ex. escoitados (primera observación personal)
Numenius arquata 1 ex. oído prados ao Norte da lagoa de Caque
Veiga de Pumar (D. Calleja).
Emberiza calandra 6 ex.
Lagoas de Riocaldo (J. Otero, V. Roura).
C. ciconia 1ex. gañando altura e desaparecendo cara ao SW.
Hieraaetus pennatus 1 ex. de morfo claro, por momentos inquieta visiblemente aos pombos sobre os que pasa voando.
Columba palumbus 375 ex. sobre un bosque de caducifolios lindante coas lagoas, en voo e pousándose repetidamente nas árbores.
Rábade (J. Otero).
Apus apus Primeira observación persoal, 5-7 ex.
Día 25:
Dous lagarteiros, un en Arcillá
preto da areeira e outro no monte de Lamas (Cospeito), tamén é
habitual escoitar por esta zona o canto do paspallás (Coturnix
coturnix). Tamén se observan de vez en cando unha parella de
perdices (Alectoris rufa) (C. González).
Tringa nebularia. Foto: J.R. Bugallo |
Día 26:
Acompañando a visita de José
Curt (novamente agradecer a Xabi Prieto ternos ofrecido a
oportunidade de compartir con el unhas poucas horas) primeiros Apus
apus pola Chaira (F. Fdez. de Soto, J. Curt, M. Arzúa, O.
Rivas, P. vidal, X. Prieto)
Día 27:
Lamas (C. González).
Passer montanus 1 ex. nun bando de P. domesticus
Milvus migrans
1 ex.
Día 28:
Durante a celebración do Eco-marathón
que a SGO organiza nos arredores da Lagoa de Cospeito como
complemento “lúdico” á súa asemblea xeral celebrada no CEN –
Casa das Ínsuas de Rábade, destacar as seguintes observacións
entre os equipos participantes:
Falco subbuteo Primeiros ex. do ano.
Sylvia communis
Sylvia borin
Numenius arquata 2 ex.
na Espiñeira
Numenius phaeopus
Circus pygargus
Casmerodius albus
Motacilla flava
A Cigoñeira. Damil (E. Villares, J. Otero).
Streptopelia turtur 1 ex. canta pousado nos cables do tendido eléctrico. 1ª observación persoal do ano.
A Cruz da Cancela (L. Cantil vía Galiciaves).
Circaetus gallicus 1 ex.
Gyps fulvus 6 ex.
Día 29:
Lamas (C. González).
Un bando de 10 mazaricos(Numenius sp.) en voo
. Tamén unha rula (Streptopelia
turtur).
Streptopelia turtur. Foto: C. Gonzalez |
A Cigoñeira. Damil (E. Villares, J. Otero).
Hoxe resulta gratificante escoitar simultaneamente os cantos do cuco (Cuculus canorus), bubela (Upupa epops), rula (Streptopelia turtur) e o repenique do peto verde (Picus viridis) nun piñeiro cercano.
Día 30:
Lamas (C. González).
Unha tartaraña cincenta
(Circus pygargus)
un miñato negro (Milvus migrans) e un miñato común
(Buteo buteo).
6 comentarios:
Pasaba por aquí e acabo de ver que vides de actualizar o blogue, así que vamos meter zizaña..
Molan esas citas tan tardías de T.iliacus e T.ochropus. Hai máis observacións asi?
E as fotos da Rula (fermosísima) e do Moucho. Un Moucho, por certo, que vos digo que foi en Cospeito precisamente onde puiden observalo por pirmeira ves.
Seguro que aprendestes moito con Martiño, un estupendo herpetólogo e bon amigo.
Unha aperta.
PD: Qué manía con citar ese refrán de "Abril augas mil", coño. É un refrán español e (que non se me alporize ninguén...) aquí as precipitacións se reparten maiormente polos meses de Outubro, Novembro e Decembro. Antes da aparición de Internet algúns gastábamos o tempo estudando estas cousas. Abril é un mes relativamente seco no nosos país!!(consultade as estatísticas)
Olá Xabi, pasamos a rolda de consultas entre o grupo o tema de fenoloxía dos tordos e os biluricos.
Creo que entre nós hai máis dun que tamén viu o moucho por primeira vez en Cospeito, se facemos unha enquisa igual sorprendémonos. Se cadra o da foto é da mesma linaxe.
Dende logo que aprendemos con Martiño, á vez que estupendo herpetólogo e mellor persoa é un bo comunicador. A ver se te animas vir ti na próxima ocasión que de hérpetos tamén nos podes aprender outro tanto.
E do de abril... Home! non sexas tan tiquismiquis co español, é bastante gráfica a expresión inda que (por raro que pareza) non sexa outra invención "do país". E si ademais enfatizas cunha expresión tan típicamente española como "coño", has ter que darnos un chisco de razón ¿Ou?
Certamente non é o mes máis chuvioso pero iso non quere dicir que non chova. Que llo digan aos mazaricos ;-)
Unha aperta
P.S. Cos datos da estación de Rozas a media dende o ano 57 até hoxe é de 96,4 litros no mes de abril (e 17 días de chuvia), pero nalgunha outra estación chairega, con menos anos, a cifra é superior.
Isto é un tema que me encanta desde hai moitos anos, así que será un pracer respostarvos.
Non sei de ónde sacáchedes eses dados, pero vos digo os valores climáticos que recolle a estatística de Meteogalicia para a estación de Lugo capital (http://www.meteogalicia.es/observacion/informesclima/informesIndex.action) :
Pm medias de Abril: 57-77 mm Nº de días con Pm superiores a 1 mm: 12 días
E agora, para que comparedes, poño os mesmos valores medios para outros meses:
Outubro: Pm 118 mm Nº días precip non especificado
Novembro: Pm 102 mm Nº días prec. n/e
Decembro: Pm 139 mm Nº días prec. n/e
Xaneiro: Pm 107-135 mm Nº días prec 14
Febreiro: Pm 60-99 Nº días prec 12
Marzo: Pm 60-85 mm Nº días: 11
Maio: Pm 74-100 Nº días: 12
Coma vedes é o oitavo mes por cantidades medias recollidas na cidade de Lugo. Dito ao revés, o cuarto mes máis “seco”. Non sei se As Rozas mantén un comportamento pluviométrico anómalo (que podería ser..), pero se mirades o resto das estacións meteorolóxicas,veredes que todas as do norte galego obedecen o mesmo padrón. Con isto non quero dicir que sexa un mes seco, por suposto (quén lles dera estas cantiades en Villafáfila ou en Verín, se me apuras) pero desde logo que falar de “Abril aguas mil en Lugo” é unha auténtica aberración linguística, que non ten fundamento ningún. Porque o feito de que o refrán sexa español está a ensinarnos o seu verdadeiro ámbito xeográfico ( efectivamente, en certas áreas de España pode ser un mes moi chuvioso). Non se trata do idioma, senon da procedencia da mensaxe! Aos meus compañeiros de traballo e aos meus amigos, coma sodes vós, sempre intento corrixirlles ese defecto inculcado na escola de xeito totalmente artificial.
Despídome cun refrán 100% galego, que me contou miña nai moitas veces e que se dicía por Monfero:
“ Por Maio aínda a vella queima o tallo, e un pouco que lle quedou por San Xoán o queimou”. Como vemos na sabedoría popular, sería o meteoro do “frío” o que se prolonga na Primavera galega.
Foi un pracer.
Unha aperta.
Os datos (os do comentario) foron descargados do servidor de datos de AEMET e non pensamos que haxa que dubidar deles, AEMET (antes INM) posúe unhas das series máis longas de datos climáticos do estado, senón a máis. Adoitamos escoller unha estación meteorolóxica pertencente (no plano adminstrativo) á Terra Chá, non sempre a mesma, e Lugo capital non o é.
E si collemos datos doutras estacións chairegas, de Meteogalicia (con series moito máis breves) como as de Guitiriz, as precipitacións en abril son inda maiores, e dende logo moi superiores ás que apuntas para Lugo capital.
De calquera xeito, como xa se dixo, é evidente, tes toda a razón e aquí nunca se dixo o contrario, que non é, nin con moito, o mes máis chuvioso (o 6º segundo datos de Rozas) o que non quere dicir que non chova abondo nin que un refrán non poida ser empregado ¿fora? do seu ámbito xeográfico, non era máis que un recurso para ilustrar que ESTE mes de abril choveu a esgalla, home.
Abril 2012 nas estacións de Meteogalicia:
Guitiriz 236,6 mm
Sambreixo 205,8 mm
Castro Ribeiras de Lea 130,3 mm
Lugo Campus 149,9 mm
Na estación de AEMET:
Rozas 165 mm.
Como ves empregamos o dato máis baixo dos posibles (no post).
"Aos meus compañeiros de traballo e aos meus amigos, coma sodes vós, sempre intento corrixirlles ese defecto inculcado na escola de xeito totalmente artificial".
É de supoñer que non empregaches as palabras exactas que querías empregar, porque así lido soa un pouco adoutrinante, e xa non somos un grupiño de nenos.
O Tema da climatoloxía é interesante e seguramente este debate podería ser construtivo / instrutivo dado que o dominas, mais este non é o lugar máis adecuado para espraiarse nel, nin era un motivo principal na entrada, así que pola nosa parte queremos dalo por pechado.
O pracer é sempre noso por contar cos teus comentarios.
Apertas
Tedes razón en que a frase lida así queda un pouco rara. Pido desculpas logo por darlle un tono demasiado coloquial.
E gostaríame respostarvos a todo iso que dicides, pero entendo que non proceden máis comentarios.
Unha aperta.
Sabemos o impersoal que resulta este medio e que o que querías dicir non é o que a frase daba pé a interpretar.
Se pensas que debes dar resposta ao noso último comentario, por favor non deixes de facelo, non pretediamos pechar a túa intervención. Pola nosa banda non replicaremos agás no caso dunha alusión moi evidente que non deixara outra posibilidade.
Apertas e a ver como remata o censo das escribentas na Frouxeira, ficamos á espera.
Publicar un comentario