tag:blogger.com,1999:blog-34618837.post4349538777292919149..comments2022-10-10T07:19:30.127+02:00Comments on Aves da Terra Chá: Abril de 2012Unknownnoreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-34618837.post-74251876800615931922012-05-22T12:15:07.635+02:002012-05-22T12:15:07.635+02:00Sabemos o impersoal que resulta este medio e que o...Sabemos o impersoal que resulta este medio e que o que querías dicir non é o que a frase daba pé a interpretar.

Se pensas que debes dar resposta ao noso último comentario, por favor non deixes de facelo, non pretediamos pechar a túa intervención. Pola nosa banda non replicaremos agás no caso dunha alusión moi evidente que non deixara outra posibilidade.

Apertas e a ver como remata o censo das escribentas na Frouxeira, ficamos á espera.numeniushttps://www.blogger.com/profile/03280980183959155578noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-34618837.post-66815324836586130472012-05-21T15:48:33.152+02:002012-05-21T15:48:33.152+02:00Tedes razón en que a frase lida así queda un pouco...Tedes razón en que a frase lida así queda un pouco rara. Pido desculpas logo por darlle un tono demasiado coloquial.
E gostaríame respostarvos a todo iso que dicides, pero entendo que non proceden máis comentarios.
Unha aperta.Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-34618837.post-5862237423969839252012-05-21T08:32:24.296+02:002012-05-21T08:32:24.296+02:00Os datos (os do comentario) foron descargados do s...Os datos (os do comentario) foron descargados do servidor de datos de AEMET e non pensamos que haxa que dubidar deles, AEMET (antes INM) posúe unhas das series máis longas de datos climáticos do estado, senón a máis. Adoitamos escoller unha estación meteorolóxica pertencente (no plano adminstrativo) á Terra Chá, non sempre a mesma, e Lugo capital non o é.
E si collemos datos doutras estacións chairegas, de Meteogalicia (con series moito máis breves) como as de Guitiriz, as precipitacións en abril son inda maiores, e dende logo moi superiores ás que apuntas para Lugo capital.
De calquera xeito, como xa se dixo, é evidente, tes toda a razón e aquí nunca se dixo o contrario, que non é, nin con moito, o mes máis chuvioso (o 6º segundo datos de Rozas) o que non quere dicir que non chova abondo nin que un refrán non poida ser empregado ¿fora? do seu ámbito xeográfico, non era máis que un recurso para ilustrar que ESTE mes de abril choveu a esgalla, home.

Abril 2012 nas estacións de Meteogalicia:
Guitiriz 236,6 mm
Sambreixo 205,8 mm
Castro Ribeiras de Lea 130,3 mm
Lugo Campus 149,9 mm

Na estación de AEMET:
Rozas 165 mm.

Como ves empregamos o dato máis baixo dos posibles (no post).

"Aos meus compañeiros de traballo e aos meus amigos, coma sodes vós, sempre intento corrixirlles ese defecto inculcado na escola de xeito totalmente artificial".

É de supoñer que non empregaches as palabras exactas que querías empregar, porque así lido soa un pouco adoutrinante, e xa non somos un grupiño de nenos.

O Tema da climatoloxía é interesante e seguramente este debate podería ser construtivo / instrutivo dado que o dominas, mais este non é o lugar máis adecuado para espraiarse nel, nin era un motivo principal na entrada, así que pola nosa parte queremos dalo por pechado.

O pracer é sempre noso por contar cos teus comentarios.

Apertasnumeniushttps://www.blogger.com/profile/03280980183959155578noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-34618837.post-11832696715308961512012-05-18T13:32:21.543+02:002012-05-18T13:32:21.543+02:00Isto é un tema que me encanta desde hai moitos ano...Isto é un tema que me encanta desde hai moitos anos, así que será un pracer respostarvos.
Non sei de ónde sacáchedes eses dados, pero vos digo os valores climáticos que recolle a estatística de Meteogalicia para a estación de Lugo capital (http://www.meteogalicia.es/observacion/informesclima/informesIndex.action) :
Pm medias de Abril: 57-77 mm Nº de días con Pm superiores a 1 mm: 12 días
E agora, para que comparedes, poño os mesmos valores medios para outros meses:
Outubro: Pm 118 mm Nº días precip non especificado
Novembro: Pm 102 mm Nº días prec. n/e
Decembro: Pm 139 mm Nº días prec. n/e
Xaneiro: Pm 107-135 mm Nº días prec 14
Febreiro: Pm 60-99 Nº días prec 12
Marzo: Pm 60-85 mm Nº días: 11
Maio: Pm 74-100 Nº días: 12
Coma vedes é o oitavo mes por cantidades medias recollidas na cidade de Lugo. Dito ao revés, o cuarto mes máis “seco”. Non sei se As Rozas mantén un comportamento pluviométrico anómalo (que podería ser..), pero se mirades o resto das estacións meteorolóxicas,veredes que todas as do norte galego obedecen o mesmo padrón. Con isto non quero dicir que sexa un mes seco, por suposto (quén lles dera estas cantiades en Villafáfila ou en Verín, se me apuras) pero desde logo que falar de “Abril aguas mil en Lugo” é unha auténtica aberración linguística, que non ten fundamento ningún. Porque o feito de que o refrán sexa español está a ensinarnos o seu verdadeiro ámbito xeográfico ( efectivamente, en certas áreas de España pode ser un mes moi chuvioso). Non se trata do idioma, senon da procedencia da mensaxe! Aos meus compañeiros de traballo e aos meus amigos, coma sodes vós, sempre intento corrixirlles ese defecto inculcado na escola de xeito totalmente artificial.
Despídome cun refrán 100% galego, que me contou miña nai moitas veces e que se dicía por Monfero:
“ Por Maio aínda a vella queima o tallo, e un pouco que lle quedou por San Xoán o queimou”. Como vemos na sabedoría popular, sería o meteoro do “frío” o que se prolonga na Primavera galega.
Foi un pracer.
Unha aperta.Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-34618837.post-46265810986889011492012-05-17T20:48:58.068+02:002012-05-17T20:48:58.068+02:00Olá Xabi, pasamos a rolda de consultas entre o gru...Olá Xabi, pasamos a rolda de consultas entre o grupo o tema de fenoloxía dos tordos e os biluricos.

Creo que entre nós hai máis dun que tamén viu o moucho por primeira vez en Cospeito, se facemos unha enquisa igual sorprendémonos. Se cadra o da foto é da mesma linaxe.

Dende logo que aprendemos con Martiño, á vez que estupendo herpetólogo e mellor persoa é un bo comunicador. A ver se te animas vir ti na próxima ocasión que de hérpetos tamén nos podes aprender outro tanto.

E do de abril... Home! non sexas tan tiquismiquis co español, é bastante gráfica a expresión inda que (por raro que pareza) non sexa outra invención "do país". E si ademais enfatizas cunha expresión tan típicamente española como "coño", has ter que darnos un chisco de razón ¿Ou?
Certamente non é o mes máis chuvioso pero iso non quere dicir que non chova. Que llo digan aos mazaricos ;-)

Unha aperta

P.S. Cos datos da estación de Rozas a media dende o ano 57 até hoxe é de 96,4 litros no mes de abril (e 17 días de chuvia), pero nalgunha outra estación chairega, con menos anos, a cifra é superior.numeniushttps://www.blogger.com/profile/03280980183959155578noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-34618837.post-76846402752172424082012-05-15T21:09:14.075+02:002012-05-15T21:09:14.075+02:00Pasaba por aquí e acabo de ver que vides de actual...Pasaba por aquí e acabo de ver que vides de actualizar o blogue, así que vamos meter zizaña..

Molan esas citas tan tardías de T.iliacus e T.ochropus. Hai máis observacións asi?

E as fotos da Rula (fermosísima) e do Moucho. Un Moucho, por certo, que vos digo que foi en Cospeito precisamente onde puiden observalo por pirmeira ves.

Seguro que aprendestes moito con Martiño, un estupendo herpetólogo e bon amigo.

Unha aperta.

PD: Qué manía con citar ese refrán de "Abril augas mil", coño. É un refrán español e (que non se me alporize ninguén...) aquí as precipitacións se reparten maiormente polos meses de Outubro, Novembro e Decembro. Antes da aparición de Internet algúns gastábamos o tempo estudando estas cousas. Abril é un mes relativamente seco no nosos país!!(consultade as estatísticas)Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.com