viernes, 4 de mayo de 2012

CURT, DE VISITA NA CHAIRA



Curt plasmando unha imaxe chairega ante a atenta mirada de Vidal. (Foto: X. Prieto)
O pasado xoves, 26-04-2012, a Chaira recibiu a visita de José Curt Martínez, pioneiro do naturalismo galego e todo un referente para os “bicheiros” galegos de máis de 30 anos. Os seus libros foron lectura de cabeceira para moitos dos que hoxe nos adicamos a esto na nosa terra. Sen dúbida, o seu éxito radicou en achegarnos a natureza máis próxima, aquela que se atopa máis alo da corredoira, tal como reza un dos seus ilustres títulos…




Fernando, Curt, Vidal, Oscar e Xabi (Foto: M. Arzúa / X. Prieto)


José Curt, aínda que non é galego, nin actualmente reside en Galicia, declárase como un “exiliado sentimental de Galicia” a onde regresa de cando en cando. Nesta ocasión tivo como anfitrións na súa visita aos compañeiros Xabi Prieto, Pepe Vidal e Manu Arzúa que o acompañaron, entre outros lugares, á Terra Chá, onde tivemos a sorte de compartir unha xornada con todos eles.






Fernando Fdez. de Soto e Óscar Rivas fomos os anfitrións chairegos e, a pesares de que a climatoloxía non foi moi favorable, puidemos visitar algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca, por onde xa fai anos andivera o mestre Curt. 
Fernando, Manu, Oscar, Curt e Vidal (Foto: X. Prieto)



Tamén puidemos sorprender a José Curt con estampas coma a da foto, inimaxinables nas súas primeiras andanzas por esta terra.


Curt diante da espectacular colonia de cegoña branca de Bazar (Foto: X. Prieto)

Foto "de familia" á que ademais dos antes mencionados sumáronse Anxos e Martiño
















Ademáis houbo tempo para compartir un agarimoso xantar, onde se nos uniron Anxos Romeo e Martiño Cabana, e botar unas paroladas, sempre atentos ás múltiples historias e vivencias que nos transmitía Curt, unha persoa cunha enorme experiencia vital e unha fonte inagotable de sabiduría…






…En definitiva, unha xornada amable en boa compañía.

Todas as fotografías foron amablemente cedidas por Xabi Prieto, verdadeiro artífice deste evento ao que o tempo, coma sempre, dará a súa xusta valoración.

5 comentarios:

Xabi Prieto dijo...

Grazas por divulgar este acontecimento, José (e resto de Numenius). Na próxima ocasión espero poder avisar con un pouco máis de antelación..... e de coordinación.
Unha aperta.

numenius dijo...

Non hai nada que agradecer Xabi, máis ben entendémolo como unha obriga e si acaso agradecerche a ti a deferencia para con este blogue ao ceder as fotos, tamén polos teus comentarios e sobre todo por ter informado e convidado a acompañarvos, pensamos que con tempo suficiente como demostra a presenza dalgún de nós, aínda que a outros foinos imposible. Na próxima seguro que Numenius contará con máis (que non mellor) representación.

Grazas e unha aperta no nome do grupo.

Jose Otero

Xabi Prieto dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Eso de "Mestre Curt" es como lo del "Mestre Juan" que Cervantes (que era gallego,lindando con O Bierzo) en el prólogo de El Quijote,lo hace fruto de la fantasía de unas gentes que son tan capaces de dar tanto afecto y esperanza que lo materializan, lo hacen real.
Jamás volveré a ver bidimensional A Terracha, que, como su nombre indica cree la gente que es sólo larga y ancha. La enorme talla humana de Fernando con su libro, de Oscar Rivas con sus lobos, de Martiño Cabana con sus herpetos; de su moza, Anxo,bella arte entre las Bellas Artes,y los que sus vuelos fueron más fugaces: Damián, y ese trío desbordando simpatía: Catuxa, Marcos y lo que viene en camino, y los que no se me olvidan pero se me difuminan en la brétema de las neuronas envejecidas, en suma todos vosotros y vosotras, como dicen ahora, le dais tercera dimensión a la Terrachá: una entrañable y marcada altura que jamás olvidaré.
Solo hay una palabra que resuma esa Terrachá en 3D: Gracias. Con un fuerte abrazo para todos del viejo compañero José Curt.

numenius dijo...

Estimado Curt,

Tu visita a la Chaira siempre quedará grabada en nuestra memoria, tanto individual como colectiva.

Gracias por habernos transmitido
tu pasión por la vida y los paisajes a través de tus libros.

De todas formas, quedamos convocados para posteriores ocasiones en las que volver a compartir paseo, fauna, flora y manjares por esta comarca lucense.

Unha aperta agarimosa.
Asociación NUMENIUS