Curt plasmando unha imaxe chairega ante a atenta mirada de Vidal. (Foto: X. Prieto) |
O
pasado xoves, 26-04-2012, a Chaira recibiu a visita de José Curt
Martínez, pioneiro do naturalismo galego e todo un referente para os
“bicheiros” galegos de máis de 30 anos. Os seus libros foron
lectura de cabeceira para moitos dos que hoxe nos adicamos a esto na
nosa terra. Sen dúbida, o seu éxito radicou en achegarnos a
natureza máis próxima, aquela que se atopa máis alo da
corredoira, tal como reza un dos seus ilustres títulos…
Fernando, Curt, Vidal, Oscar e Xabi (Foto: M. Arzúa / X. Prieto) |
José
Curt, aínda que non é galego, nin actualmente reside en Galicia,
declárase como un “exiliado sentimental de Galicia” a onde
regresa de cando en cando. Nesta ocasión tivo como anfitrións na
súa visita aos compañeiros Xabi Prieto, Pepe Vidal e Manu Arzúa que
o acompañaron, entre outros lugares, á Terra Chá, onde tivemos a
sorte de compartir unha xornada con todos eles.
Fernando
Fdez. de Soto e Óscar Rivas fomos os anfitrións chairegos e, a
pesares de que a climatoloxía non foi moi favorable, puidemos
visitar algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca, por onde
xa fai anos andivera o mestre Curt.
Fernando, Manu, Oscar, Curt e Vidal (Foto: X. Prieto) |
Tamén
puidemos sorprender a José Curt con estampas coma a da foto,
inimaxinables nas súas primeiras andanzas por esta terra.
Curt diante da espectacular colonia de cegoña branca de Bazar (Foto: X. Prieto) |
Foto "de familia" á que ademais dos antes mencionados sumáronse Anxos e Martiño |
Ademáis
houbo tempo para compartir un agarimoso xantar, onde se nos uniron
Anxos Romeo e Martiño Cabana, e botar unas paroladas, sempre atentos
ás múltiples historias e vivencias que nos transmitía Curt, unha
persoa cunha enorme experiencia vital e unha fonte inagotable de
sabiduría…
…En
definitiva, unha xornada amable en boa compañía.
Todas as fotografías foron amablemente cedidas por Xabi Prieto, verdadeiro artífice deste evento ao que o tempo, coma sempre, dará a súa xusta valoración.
5 comentarios:
Grazas por divulgar este acontecimento, José (e resto de Numenius). Na próxima ocasión espero poder avisar con un pouco máis de antelación..... e de coordinación.
Unha aperta.
Non hai nada que agradecer Xabi, máis ben entendémolo como unha obriga e si acaso agradecerche a ti a deferencia para con este blogue ao ceder as fotos, tamén polos teus comentarios e sobre todo por ter informado e convidado a acompañarvos, pensamos que con tempo suficiente como demostra a presenza dalgún de nós, aínda que a outros foinos imposible. Na próxima seguro que Numenius contará con máis (que non mellor) representación.
Grazas e unha aperta no nome do grupo.
Jose Otero
Eso de "Mestre Curt" es como lo del "Mestre Juan" que Cervantes (que era gallego,lindando con O Bierzo) en el prólogo de El Quijote,lo hace fruto de la fantasía de unas gentes que son tan capaces de dar tanto afecto y esperanza que lo materializan, lo hacen real.
Jamás volveré a ver bidimensional A Terracha, que, como su nombre indica cree la gente que es sólo larga y ancha. La enorme talla humana de Fernando con su libro, de Oscar Rivas con sus lobos, de Martiño Cabana con sus herpetos; de su moza, Anxo,bella arte entre las Bellas Artes,y los que sus vuelos fueron más fugaces: Damián, y ese trío desbordando simpatía: Catuxa, Marcos y lo que viene en camino, y los que no se me olvidan pero se me difuminan en la brétema de las neuronas envejecidas, en suma todos vosotros y vosotras, como dicen ahora, le dais tercera dimensión a la Terrachá: una entrañable y marcada altura que jamás olvidaré.
Solo hay una palabra que resuma esa Terrachá en 3D: Gracias. Con un fuerte abrazo para todos del viejo compañero José Curt.
Estimado Curt,
Tu visita a la Chaira siempre quedará grabada en nuestra memoria, tanto individual como colectiva.
Gracias por habernos transmitido
tu pasión por la vida y los paisajes a través de tus libros.
De todas formas, quedamos convocados para posteriores ocasiones en las que volver a compartir paseo, fauna, flora y manjares por esta comarca lucense.
Unha aperta agarimosa.
Asociación NUMENIUS
Publicar un comentario