miércoles, 17 de octubre de 2007

Terra Chá

O pasado sábado 13.10.2007 nunha pequena volta por Goá e a Veiga do Pumar (Gabriel Lijó, Jose Otero e Oscar Rivas) puidemos observar un ataque dun bonito macho de gatafornela Circus cyaneus sobre un bando de picas dos prados Anthus pratensis, sen éxito por certo. Tamén un pequeno bando de sisón Tetrax tetrax.

O domingo 14.10.2007 pola mañá Oscar Rivas observa e fotografía (sen digiscoping, coa cámara a pelo) esta garzota grande Egretta alba no río Ladra ao seu paso por Gaioso (Outeiro de Rei), que se amosou en todo momento moi confiada. Veciños da zona afirman que se leva vendo por aquí dende hai máis de mes e medio. Posiblemente sexa o mesmo ex. observado a finais de Setembro a poucos km. no rio Parga por Oscar Bergantiños. Pola tarde intentamos localizala de novo pero non houbo sorte.


Egretta alba, moi confiada a escasos metros da beira do rio



Así de prácidamente pescaba


Finalmente en Riocaldo antonte 15.10.2007 (Eva Villares e Jose Otero) vense voar os primeiros polos de andoriña dáurica Hirundo daurica, concretamente 2, acompañando aos adultos por breves minutos. Onte 16.10.2007 eran 4 os xuvenís que se atreveron a facer as súas prácticas de voo durante apenas dez minutos moi perto do niño. As fotos son desta misma tarde.




Hirundo daurica adulta



Outra adulta



E un dos xuvenís

Tamén se deixou ver fugazmente o mergullón bicogroso Podilymbus podiceps

2 comentarios:

Sergio París dijo...

Saudos e parabéns polo voso blog.

Esta fin de semana (o domingo)paxareei pola vosa zona e vin o seguinte:

1 Falco columbarius
1 Falco tinnunculus
Ptynoprogne rupestris
Anthus pratensis
1 Oenanthe oenanthe
2 Saxicola rubetra
Sylvia undata
1 Cuculus canorus

Todo isto na Veiga do Pumar, ou no que eu penso que é a Veiga do Pumar,pero era a primeira vez que me achegaba e ao millor non estiven no sitio exacto. Andiven polos arredores dunha pista que vai paralela a un vello canal-acueducto de regadío. A miña intención era ver os sisóns pero non tiven sorte...

Ademais en Riocaldo 9 Podiceps cristatus (3 deles xuvenís)e 15 Phalacrocorax carbo.

Por se vos serve de algo...un saúdo.

numenius dijo...

Grazas Sergio e parabéns polas túas observacións na Terra Chá. Polo que describes é moi probable que sí estiveras xusto no centro da Veiga. Se algunha vez estás interesado en publicar citas da zona no blog sempre o agradecemos, ponte en contacto no correo "ascnumenius@gmail.com" E, desde logo, igualmente parabéns polo teu: http://paxaroseoutrascousas.blogspot.com/

Se queres quedar algún día para dar unha volta pola Terra Chá ponte en contacto igual con nós.

Os sisóns pouco tempo máis van botar aquí