miércoles, 7 de noviembre de 2007

Non todo é Terra Chá

02-11-2007 Salinas de Villafáfila (Zamora)

Algúns membros de Numenius fomos ata Villafáfila, un dos santuarios ornitolóxicos do noroeste da Península. A pesares da escaseza de choivas outonais e de que a tempada invernal aínda está a empezar , as lagoas principias estaban repletas de aves. Miles de gansos (Anser sp.) concentrábanse no entorno da “salina grande” e centos de grous (Grus grus) repousaban polos arredores da “laguna de Barillos” . Asimesmo puidemos disfrutar coa observación dos grupos de avetardas (Otis tarda), os abundantísimos miñatos reais (Milvus milvus) e algunha que outra tartaraña das Xunqueiras (Circus aeruginosus) que se concentraban nos arredores da reserva.



Avetarda Otis tarda


Avetarda Otis tarda (bando)

03-11-2007 Serra de la Culebra (Zamora)

Despois de ter visitado na xornada anterior a estepa cerealista, achegámonos ata a R.N de la Sierra de la Culebra, destino naturalistico de primeira entidade, tanto en canto, aquí se atopa unha das mellores poboacións de lobo de Europa occidental.

A sorte acompañounos nesta viaxe e puidemos cumplir o obxectivo de ver a esta especie, algo que sempre nos agrada e non deixa de sorprendernos. Nesta ocasión a sorpresa foi máxima o poder observar as evolucións de 7 exs. durante máis dunha hora.

03/04-11-2007 Arribes del Duero

Por último tocou unha visita fugaz ó vasto territorio que conforman as Arribes del Duero, onde se concentran algunhas das maiores poboacións de aves rupicolas de España. Aquí, baixo temperaturas pouco menos que veraniegas, ademáis da impresionante paisaxe quebrada puidemos observar, como máis destacado, á Aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus) e o Bufo real (Bubo bubo)