jueves, 22 de noviembre de 2012

Outubro de 2012

No climatolóxico resultou este outubro un mes típicamente de transición verán - outono, con temperaturas máis altas canto máis próximo o comezo de mes  e máis baixas conforme nos achegamos a novembro. Segundo os datos facilitados por Meteogalicia a través da súa web e recollidos na estación automática de Castro Ribeiras de Lea, a temperatura media durante o mes foi de 11,96 º C, cunha máxima de 28,26 º C o día 7 e unha mínima de -3,31º C o día 29, foi un mes chuvioso segundo esta mesma fonte rexistrándose nesta estación 23 días de chuvia igual ou superior a 0,1 mm. e recolléndose un total de 76,5 l/m2 sendo o día 10 o que rexistrou unha mallor precipitación con 32,5 l/m2.


Miñato (Buteo buteo). Foto: C. González.

No avifaunístico inda se ollan papamoscas negros  (Ficedula hypoleuca) ou pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe), pero tamén os primeiros tordos reais (Turdus pilaris), píldoras douradas (Pluvialis apricaria) e avefrías (Vanellus vanellus). En zonas montañosas do leste da provincia detéctanse estreliñas do norte (Regulus regulus) e moi preto da cidade de Lugo, á beira do Miño unha cegoña (Ciconia ciconia) invernante.

Cara ao final do mes detéctase unha repentina e inusual baixada do nivel da auga na "lagoa grande" de Riocaldo, provocada de xeito premeditado pola mineira Erimsa ao parecer como consecuencia do bombeo co fin de encher de auga outra cubeta próxima, recentemente esgotada a extracción de material. A vista das beiras sen auga resulta inquedante, con centos de mexillóns de río expostos a depredadores e inclemencias meteorolóxicas.

Día 1

O Toiral (C. González).

Ficedula hypoleuca  varios ex.

Preto de alí, en Lamas un falcón pequeno (Falco subbuteo), e un lagarteiro (F. tinnunculus) en liorta cun corvo pequeno (Corvus corone). Tamén un miñato (B. buteo), especie da que se aprecia un incremento estacional na zona dende hai uns días.

Día 2 

Sto. André. As Nogais (F. Fdez. de Soto e O. Rivas).

Regulus regulus  2 ex. nun piñeiral de P. sylvestris entre Pintinidoira e Busgulmar.
Accipiter gentilis  1 macho voando nas proximidades de Busgulmar.
Falco peregrinus  1 ex. entre Busgulmar e Fontefría.

Día 3

O Toiral (C. González).

Accipiter nisus  1 ex. incordiado por cinco pegas (Pica pica).

Día 4

Sto. André. As Nogais (F. Fdez. de Soto e O. Rivas).

Regulus regulus  máis dunha ducia de ex. nun piñeiral de P. sylvestris na zona de Pintinidoira.
Falco perregrinus  1 ex. reclamando sobre unha zona arbolada preto de Pintinidoira.
Sus scrofa  5 xuv. (aínda con raias) nunha pista forestal vistos a pleno día preto de Pintinidoira.
Martes martes  1 ex. no cruce do desvío cara O Portelo na estrada Pedrafita - As Nogais.

Corzos (C. capreolus) nas inmediacións da lagoa de Cospeito. Foto: C. González.

Día 10

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

Elanus caeruleus  2 ex. que habitualmente móvense entre esta zona e A Croa.

Día 14

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

Jynx torquilla  1 ex.
O. oenanthe  1 ex.

Matodoso (F. Fdez. de Soto).

Falco pregrinus  ataque fallido dun ex. sobre un grupo de pombas domésticas.

Día 19

Sta. Comba. Lugo (F. Fdez. de Soto e O. Rivas).

Ciconia ciconia  1 ex. pousado nunha árbore á beira do río Miño preto de Burneiros.
Phalacrocorax carbo  estímase un mínimo de 40 ex. nun durmidoiro á beira do río Miño preto de Burneiros.

Día 20

Rábade (O. Rivas).

Tringa ochropus  1 ex. no río Miño.
Accipiter gentilis  1 ex. pasa voando a baixa altura pola Avda. de Vilalba preto da intersección coa rúa José Pardo.

Día 21

Lagoas de Riocaldo (X. Bergantiños, J. Otero).

Leptotes pirithous. Foto: J. Otero.
Anas platyrhynchos  mínimo 135 ex.
Fulica atra  6 ex.
Tachybaptus ruficollis  7 ex.
Podiceps cristatus  2 ex.
Branta canadensis  1 ex.
Aythya fuligula  1 ex.
Anas crecca  5 ex.
Ardea cinerea  2 ex.
Tamén vense voar unha cantidade aínda apreciable de odonatos de cando menos 6 especies e un par de licénidos: Leptotes pirithous e Polyommatus icarus


Día 23

Lagoa de Caque (J. Otero).

Coa maioría das aves na zona N. da lagoa, o que dificulta a súa  observación. Entre outras:
Anas platyrhynchos mínimo 33 ex.
Anas crecca  16 ex.
Tachybaptus ruficollis  mínimo 3 ex.
Larus ridibundus  1 ad.
Ardea cinerea  5 ex. (4 deles nos prados lindantes).

Veiga de Pumar - Arneiro (J. Otero).

Ardea cinerea 5 ex.
Falco tinnunculus  1 ex.
E pequenos bandos dispersos por toda a zona de pimpín (Fringilla coelebes) e pica dos prados (Anthus pratensis).

Goá (J. Otero).

Falco peregrinus  1 xuv. e, probablemente, un segundo individuo na mesma zona.



Día 25

Rábade (F. Fdez. de Soto).

Egretta alba 1 ex. voando baixo sobre o río Miño.

Día 28

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Pluvialis apricaria  7 ex.
Vanellus vanellus  9 ex.
Turdus pilaris  mínimo 13 ex.

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Na imaxe pódense ver varios mexillóns de río (Unio pictorum) que quedaron en terra. Foto: J. Otero.
Co nivel de auga 40/50 cm. por debaixo do que estaba en días pasados e unha bomba en funcionamento que segue succionando, o que en principio pode favorecer a sedimentación de limícolas (algo tarde xa), a verdade é que trátase dunha agresión ao medio en toda regla. Centos de mexillóns de río (Unio pictorum), lembremos que é especie recollida no catálogo galego de especies ameazadas na categoría de Vulnerable, atópanse fora da auga, o mesmo que toda a vexetación acuática e subacuática nunha extensa área.

Parte do tempo que se había dedicar ao censo (unha vez ao mes cénsanse de xeito coordinado os principais humidais chairegos), empregouse en devolver moitos destes bivalvos á auga.


Unio pictorum. Foto: J. Otero.
Da avifauna observada destacar:
Tringa ochropus  5 ex.
Gallinago gallinago  2 ex.
Calidris alpina  1 ex.
Anas penelope 2 ex.
Aythya fuligula  1 ex.
Larus ridibundus  2 ex. de 2º a.c.
Máis as anátidas comúns A. platyrhynchos e A. crecca, e mergullóns pequeno (Tachybaptus ruficollis) e cristado (Podiceps cristatus), etc.





Pígara. Guitiriz (J. Otero).

Turdus pilaris  mínimo 8 ex. nunha zona de pradeiras que linda co Pedroso.

4 comentarios:

Rafael dijo...

MOi interesante todo o que comentades do mixilón de río, do que servidor nada sabe, por certo...é outra especie diferente de margaritiffera, se é que se escribe así, ou é que a estes lles cambearon a afiliación?

Teño saudade da Chá e a vosa páxiña cúrama...ou auméntama.

Obrigado, meus.

CarboNauta dijo...

Hola,
estoy haciendo una tesis en la Universidad de Santiago de Compostela sobre el cormorán grande y he visto el comentario sobre el dormidero de Burneiros.
Si pudieses mandarme un email con la ubicación más precisa del dormidero te estaría muy agradecida, porque estoy intentando ampliar la lista de dormideros para censar este invierno.
Muchas gracias de antemano.

numenius dijo...

Olá Rafael.

Aínda que non sería para estrañarse que lle cambiaran o nome, nesta ocasión (até onde sabemos) parece que non toca e trátase en efecto dunha especie diferente a M. margaritifera.

Disfrutando desas marabillas das Terras, Serras e Mares do noroeste do Noroeste seguro que a saudade da Chaira é máis levadeira.

Obrigados nós pola visita e comentario.

Un Saúdo.

numenius dijo...

Olá CarboNatura.

Acabamos de enviarche un correo para que te poñas en contacto cos autores da cita.

Un saúdo.