domingo, 15 de abril de 2012

Marzo de 2012



Se ao resumo do mes anterior dabámoslle entrada cun comentario sobre a escaseza de precipitación na Terra Chá, o mesmo que no resto do país, o certo é que este marzo superou a marca (en negativo) e así, na estación meteorolóxica do aerodromo de Rozas, da rede de observatorios da AEMET, a cantidade mensual de auga recollida foi de 17,8 mm.

Marzo, mes de chegadas e partidas, apareceron os tordos reais (Turdus pilaris) que apenas se deixaran ver durante o período invernal, inda que en pequenos números, tamén algúns bandos de avefrías (V. vanellus) e sobre todo, coincidindo co paso prenupcial, observación puntual dun grupo numeroso de píldoras douradas (Pluvialis apricaria) na Veiga de Pumar - Arneiro,

Mazaricos negros Plegadis falcinellus  preto da Croa. Foto. J. Otero
Mes, este de 2012 caracterizado tamén polas observacións de mazaricos negros (Plegadis falcinellus) cun máximo de 16 ex. o día 18. Especie observada tamén noutros puntos da nosa xeografía (Valdoviño, Vilagarcía, Vigo, etc.)









Chegan as primeiras bubelas (Upupa epops), cucos (Cuculus canorus), andoriñas das barreiras (Riparia riparia) e andoriñas de cu branco (Delichon urbicum), os miñatos negros (Milvus migrans) son cada vez máis abundantes e as acuáticas invernantes van partindo cara aos seus lugares de cría.

Outros limícolas, ademais das mencionadas píldoras e avefrías, fan parada en Caque, Cospeito, Riocaldo ou nas praderías de Veiga de Pumar – Arneiro, Matodoso e A Espiñeira.

Día 3

Matodoso (F. Fdez. de Soto, G. Lijó e O. Rivas).

Milvus migrans: 3 ex.
Turdus pilaris: 9 ex. Moi escasa esta especie neste inverno.

Veiga de Pumar (F. Fdez. de Soto, G. Lijó e O. Rivas).

Emberiza cirlus: Varios ex. de ambos sexos ao lado dunha finca con cabalos.
Plegadis falcinellus: 13 ex. alimentándose.

Bazar (F. Fdez. de Soto, G. Lijó e O. Rivas).

Circus cyaneus: 1 macho en voo de prospección. Máis tarde, seguramente este mismo macho foi observado na Veiga de Pumar (J. Otero)

Toiral (J. Otero)

Turdus pilaris 8 ex.

Pacios. Castro de Rei (F. Fdez. de Soto, G. Lijó, J. Otero e O. Rivas).

Turdus pilaris 5 ex.

Día 4

A Espiñeira (C. González, D. Pérez, O. Rivas).

Macho de corzo C. capreolus  na Espiñeira. Foto: J. Otero
Philomachus pugnax 1 ex. ( probablemente F.).
Pluvialis apricaria 5 ex.
Vanellus vanellus un pequeno bando
C. capreolus 4 ex. nun lugar no que resulta habitual velos.

Veiga de Pumar (C. González, D. Pérez, O. Rivas).

Un peneireiro (Falco tinnunculus).

Día 6

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Entre outras aves:
Phalacrocorax carbo 61 ex.
Tringa ochropus 2 ex.
Ardea cinerea 1 ex.
B. buteo 1 ex.
Hirundo rustica 6-8 ex.

Día 8

Lagoas de Riocaldo (T. Salazar, F. Pereiras).

Hirundo rustica 3 ex.
Tringa ochropus 2 ex.
Seguen as 2 Brantas.

Día 10

Nun recorrido de mañán pola beira do río Miño entre os concellos de Rábade e Begonte (G. Lijó e O. Rivas) obsérvase grande actividade sonora en distintas especies de paseriformes. A destacar: Prunella modularis que se facía notar por todas partes co seu canto. Dendrocopus major e Sitta europaea que tamén exhibian os seus conspicuos cantos de celo.

Lamas (C. González).

Un gavián (Accipiter nisus) e escóitase bastante o tamborileo do Peto real (Dendrocopus major) e o croar da ra de S. Anton, tamén chamada rela ou estroza (Hyla arborea).

Día 11

Ladra, Vilalba (O. Rivas, R. Méndez)

Falco tinninculus: 1 macho preto dunha canteira en Os Piconzos.

Matodoso (V. Roura, J. Otero)

Pluvialis apricaria 42 ex.

Xermar (V. Roura, J. Otero).

Plegadis falcinellus 1 ex. con PVC (L9L).
P. pyrrhocorax 1 ex. pasa reclamando sobre as nosas cabezas.
Milvus migrans, xa abundantes ao longo da Chaira

Veiga de Pumar – Arneiro (V. Roura, J. Otero).

Falco tinnunculus 2 ex.
Pluvialis apricaria un bando nun rastrollo de millo cifrado de xeito conservador nun primeiro momento en “máis de 1000 ex.” nunha apurada estima por falta de tempo e que máis tarde C. Varela e M. Otero afinarían realizando unha estima máis precisa que establecía un número de entre 2800 – 3100 individuos.

Bardián. Castro de Rei (V. Roura, J. Otero).

V. vanellus bando en voo de 278 ex.

Día 16

Lamas. Cospeito (C. González).

Cuculus canorus primeira escoita persoal do ano.

Día 17

Burrhinus oedicnemus 2ex. concello de Castro de Rei (T. Salazar).

Lagoa de Caque (T. Salazar).

Anas clypeata 48 ex.
Aythya ferina 1 ex.
Aythya fuligula 6 ex.
Anas penelope 1 ex.
Riparia riparia 1 ex.

Ciconia ciconia 85 ex. na Veiga de Pumar – Arneiro - Matodoso, unha anelada en Francia (T. Salazar) .

Veiga de Pumar (T. Salazar).

Philomachus pugnax 10 ex.

Ao longo da zona leste da Terra Chá (V. Roura, J. Otero).

Falco tinnunculus en distintos lugares dos concellos de Castro de Rei e A Pastoriza. Anótanse unha parella saíndo dun furado na parede dunha casa deshabitada, un macho pousado nun tendido eléctrico e un ex. máis peneirándose sobre unha pradería.
Emberiza calandra varios ex. cantan na Veiga de Pumar e Arneiro.

Día 18 (C. González, J.R. Bugallo e J. Otero).

Parte do mesmo grupo de mazaricos negros. Foto: C. González
Plegadis falcinellus un bando de 16 individuos aliméntase entre prados encharcados e un pequeno regato ao leste do monte da Croa, Vilalba. Catro deles portan aneis de PVC (L9L, L6J, PN2 e HC5). “L9L” xa fora observado días atrás en Xermar (11/03/2012) e posiblemente era un dos vistos na Veiga formando parte do grupo de 13 individuos (03/03/2012).

Un exemplar por uns intres separado do bando. Foto: J. Otero
Día 20

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Con maquinaria pesada traballando na zona onde nos últimos tempos se localiza o durmidoiro de corvos mariños (Phalacrocorax carbo) e onde as anátidas repousan procurando tranquilidade, son poucas as aves que se poden ollar, así só subliñar unha baixada importante do número de corvos mariños respecto ao mes anterior, a presenza dunha bubela, primeira observación persoal do ano, igual que a de dous ex. de andoriña de cú branco (Delichon urbicum) voando en compañía de numerosas Hirundo rustica. Tamén dous exemplares de Tringa ochoropus.

Lagoa de Caque 

Philomachus pugnax 10 ex. (D. Calleja).
Turdus pilaris 4 ex. en prados ao N da lagoa (D. Calleja).

Goá

Tringa ochropus 1 ex. (D. Calleja). 

Lagoa de Cospeito

Gallinago gallinago 1 ex. (D. Calleja).
Circus aeruginosus 1 F. (D. Calleja).
Limosa limosa 1 ex. (D. Calleja, J. Otero). 

A Espiñeira 

Alectoris rufa 1ex. (D. Calleja).

A Cigoñeira, Begonte (E. Villares, J. Otero)

Cuculus canorus 1 ex.
Buteo buteo 4 ex. ciclean á par.

Día 23

Pígara. Guitiriz (O. Rivas, R. Méndez).

Upupa epops 1 ex. cantando en Casas Novas.

Veiga de Pumar (C. Verela, F. Fdez. De Soto, M. Otero e O. Rivas).

Meles meles 1 ex. visto á noitiña.
Tyto alba 1 ex. voando preto das casas á noitiña.

Día 25

Lagoa de cospeito (C. González e O. Rivas).

Plegadis falcinellus 12 ex. repousan sobre unha pequena árbore.
Circus aeroginosus: 1 ex. (probablemente F.).

A Espiñeira.

Upupa epops 1 ex.

Bubela Upupa epops na Espiñeira. Foto: C. González
Día 26

Ribela. Cospeito (C. González).

5 miñatos negros (Milvus migrans), 1 azor (Accipiter gentilis), 2 miñatos (Buteo buteo) e 9 cegoñas (Ciconia ciconia) en.

A Cigoñeira (C. González).

Un peneireiro (Falco tinnunculus).

Día 27

Román, Vilalba. (J. Otero).

Falco tinnunculus 1 ex. peneirándose.

Día 30

Lagoa de Cospeito

Egretta garzetta 1 ex. (D. Calleja).
Anas querquedula 2 ex. (D. Calleja). 

A Espiñeira

Turdus pilaris 13 ex. (D. Calleja). 

Veiga de Pumar

Ciconia ciconia 54 ex. (D. Calleja).

Lagoa de Caque

Plegadis falcinellus 3 ex. (D. Calleja).

Lagoas de Riocaldo

Tringa ochropus 1 ex. escoitado (D. Calleja).
 
Día 31

Lagoa de Cospeito (T. Salazar).

Plegadis falcinellus 2 ex.

Portomarín – Paradela (F. Fdez. de Soto, G. Martínez e O. Rivas)

Pandion haliaetus: 1 ex. observado sobre o río na cola do encoro de Belesar.

O Mornelo, Cospeito (C. González).

Athene noctua 1 ex.

A Cigoñeira (E. Villares, J. Otero).

Upupa epops 1 ex. cantando e 2 ex. máis en Saavedra. Begonte (F. López, com. persoal).


2 comentarios:

Madeingaliza dijo...

Encantame o voso traballo. Parabens!

numenius dijo...

Alédanos que che guste e grazas por comentar, Madeingaliza. Os vosos comentarios son ben recibidos..