Este mes, sobra dicilo, foi realmente escaso en precipitacións (21,2 l.
recollidos en Rozas, Castro de Rei), pero o efecto desta falta de
auga vese acentuado polo que se arrastra xa dende o pasado outono. Os rastrollos de millo e praderías que o ano pasado por estas
datas amosábanse asolagados, rebordantes, neste febreiro presentan
unha cara ben distinta. A mesma estación meteorolóxica de Rozas
rexistraba unha temperatura media mensual de 5,7ºC cunha mínima
puntual de -7ºC o día 4 e unha máxima de 20,5ºC o día 29.
Así as cousas e visto que a invernía en latitudes máis setentrionais non parece estar sendo en exceso dura, nas zonas agrogandeiras son baixos (ou relativamente baixos) os números de avefría, píldora dourada, tordo real, tordo rubio ou pimpín do norte. Entre as anátidas as cercetas mantivéronse en cifras discretas agás unha pequena "irrupción" na segunda semana do mes, apreciable sobre todo na lagoa de Cospeito, os patos frisados chegan a bos números para a comarca igual que o pato cristado e o cullerete, tamén a galiñola negra acadou bos números en Cospeito, non así a galiñola, con rexistros moi escasos. En Riocaldo continxente récord de corvo mariño e preliminares reprodutivos de mergullón cristado.
O mes poderíase adicar ás cegoñas que enchen caseque cada curruncho da Chaira coa súa presenza, coa vistosidade da súa plumaxe que fai que destaque en voo ou sobre as pradeiras cando se alimenta, co seu sonoro crotoreo ou pousada sobre as grandes e case sempre visibles plataformas onde crían.
Cegoñas (Ciconia ciconia) no niño. Foto: C. González |
O mes poderíase adicar ás cegoñas que enchen caseque cada curruncho da Chaira coa súa presenza, coa vistosidade da súa plumaxe que fai que destaque en voo ou sobre as pradeiras cando se alimenta, co seu sonoro crotoreo ou pousada sobre as grandes e case sempre visibles plataformas onde crían.
A
continuación presentamos, de xeito cronolóxico, algunhas
observacións ao longo principalmente da Chaira, inda que tamén se
inclúen algunhas doutras zonas da provincia por consideralas de
interese (fenoloxía, especies escasas, etc...).
Día
4
Lagoa
de Cospeito (C. González, G. Martínez).
Unha
tartaraña das xunqueiras (Circus
aeruginosus) e
unha londra (Lutra
lutra).
Día
5
471
ex. de Pluvialis apricaria + 43 ex. de Vanellus
vanellus coincidindo coa onda de frío siberiana, nun
percorrido pola Espiñeira, Matodoso e Mos (C. González, O.
Rivas).
Veiga
de Pumar
(C. Varela, M.
Otero).
Un
picanzo meridional (Lanius meridionalis).
Día
7
Guitiriz
(J. Otero).
Nos
prados do antigo campo de aviación (referímonos así á chaira
ocupada na actualidade por unha explotación gandeira de vacún e
lindante co balneario da vila) dous pequenos bandos de avefrías, ou
galos da braña que se lle di por aquí (V.
vanellus)
que entre os dous non suman máis que 51 exemplares.
Día
11
Lagoa
de Cospeito (C.
González)
Destacar
neste día un notable aumento de cercetas (Anas
crecca) superando
con creces os 500 individuos.
Lavanco
(Anas platyrhynchos) 20
Pato
cullerete (Anas clypeata) 71
Pato
frisado (Anas strepera) 14
Asubiador
(Anas penelope) 3
Pato
cristado (Aythya fuligula) 38
Galiñola
negra (Fulica atra) 13
Mergullón
(Tachybaptus ruficollis) 5
Garza
real (Ardea cinerea) 2
Pígara
(Guitiriz) (J. Otero).
Durante
o percorrido para o SACRE de inverno detéctanse 4 tordos reais,
especie, como queda dito nunha entrada anterior, con escasos
avistamentos nesta tempada invernal. Tamén destacar a presenza de 3–4 petos verdes (Picus viridis) nunha franxa
reducida de terreo (3 deles observados simultáneamente).
Lagoas
de Riocaldo (J. Otero).
Segue
o ganso do Canadá e un baixo número de anátidas con 6 cercetas e
43 lavancos (6 deles femias), ademais de 3 galiñolas negras e unha
parella de mergullón cristado (Podiceps cristatus).
Matodoso
/ Xustás (J. Otero).
Un
nutrido bando de frinxílidos entre os que a gran maioría son pimpín
común (Fringilla coelebs), cun menor número de
verderolos (Carduelis chloris) e no que se integran
cando menos 4 pimpíns do norte (Fringilla montifringilla).
Nun
rastrollo de millo, mesturados cun bando de estorniños
(Sturnus spp.)
aliméntanse
un grupo de 327 avefrías.
Día
12
Miñato (Buteo buteo). Foto: C. González |
A
Espiñeira (J.
R. Bugallo).
Un
bando de 101 avefrías xunto con 11 píldoras douradas, poucos
frinxílidos e un bo bando de estorniño pinto (Surnus
vulgaris) como máis salientable, varias parellas de tordo
charlo (Turdus viscivorus) dispersas - segue estrañando
non ver nesta zona tordo rubio (T. iliacus) nin real
(T. pilaris) - e dous grupos de corzos (C.
capreolus) (4 + 3).
Lagoa
de Cospeito (a.m.) (J.
R. Bugallo).
Lavanco
(Anas platyrhynchos) 50 (moi poucos)
Pato
frisado (A. strepera) 26
Cullerete
(A. clypeata) 57
Asubiador
(A. penelope) 3 ( 1 M.)
Cerceta
(A. crecca) 306
Pato
cristado (Aythya fuligula) 16
Mergullón
pequeño (Tachybaptus ruficollis) 6
Garza
real (Ardea cinerea) 2
Corvo
mariño grande (Phalacrocorax carbo) 2
Becacina
(Gallinago gallinago) 1
O
número de cercetas pode estar de novo por encima dos 500 ex. (p.m.)
(O. Rivas).
Veiga
de Pumar (J. R. Bugallo).
2
avefrías e tres pequenos grupos de píldoras douradas (P.
apricaria) con 53, 46 e 32 ex. e encamadas a carón da
estrada dúas perdices (Alectoris rufa), tamén un
grupo de 8 lavercas (Alauda arvensis) e un bonito macho
de gatafornela (Circus cyaneus).
Día
19
Lagoa
de Cospeito
Destacable
abundancia de Anas strepera, parece que os números de invernada
desta especie cada vez son maiores.
Unha
londra (Lutra lutra)
(C. González, O.
Rivas).
Máis
tarde, no mesmo lugar (C. González, J. Otero, M. Rodríguez, O.
Rivas):
Anas
strepera 34
Aythya
fuligula 30
A.
penelope 1 M, 1 F.
A.
clypeata aprox. 40
A.
platyrhynchos
mínimo 100
A.
crecca mínimo 300
Phalacrocorax
carbo 2
Circus
aeruginosus 1 F.
Zonas
agrarias de Cospeito e Castro de Rei (J. Otero).
Nun
percorrido por varias zonas da comarca chairega visítanse un total
de 47 niños de cegoña branca (C.
Ciconia) incluída
a colonia de poucos anos que asentada sobre un grupiño de carballos
parece irse consolidando, poidéndose constatar a ocupación dunha
alta porcentaxe deles.
Colonia de C. ciconia no concello de Castro de Rei. Foto: J. Otero |
Bazar
/ Ponte Outeiro (J. Otero).
Numerosas
garzas reais alimentándose en praderías húmidas e regatos, sendo
observados grupos de 4, 2, 6, 2, 4 e 5 ex., contrastan cos poucos
efectivos observados en datas recentes na lagoa de Cospeito.
Xustás
(J. Otero).
Unha
garzota branca (Egretta
alba) no río
Miño, este ex. parece asentado na zona dende hai varias semanas, e
posiblemente trátase do mesmo que é observado en diversas ocasións
augas abaixo en Ponte Vilar (F.
López, com.
Persoal).
Gaibor
(D. Pérez, O. Rivas).
Á
noitiña unha curuxa (Tyto alba) reclamando.
Día
21
As
cegoñas (C.
ciconia)
comezan o seu ciclo reprodutivo, e durante este mes vemos como se
inicia a ocupación de niños e as primeiras cópulas vanse
producindo ao longo de toda a comarca (C.
Varela, M. Otero).
Detalle de cegoña branca (C. ciconia). Foto: M. Otero |
Castro
de Rei (C. Varela, M. Otero).
Milvus
migrans
Un ex., primeira observación persoal da tempada.
Scolopax
rusticola
Un ex. levanta dunha zona encharcada no linde dun piñeiral. Única
observación da especie neste inverno para a Chaira.
Veiga de Pumar (C. Varela, M. Otero).
Falco
columbarius:
1 ex. xoven ou femia.
Granxa
Gaioso (C. Varela, M. Otero).
Vanellus
vanellus
175 ex.
Pluvialis
apricaria
250 ex.
Turdus
iliacus
14-20 ex. en prados lindantes á lagoa de Caque, única observación
da especie na comarca, logo de botar todo o inverno se detectala (C.
Varela, M. Otero).
Día
22
Lagoas
de Riocaldo (J. Otero,
V. Roura).
Continúan
as lagoas cunha escasa presenza de anátidas de tan só as dúas
especies máis comúns na invernada (lavanco e cerceta), excepción
feita do ganso do Canadá (Branta
canadensis), e de
salientar algo sería:
Actitis
hypoleucos 1 ex.
Tringa
ochropus 1 ex.
Podiceps
cristatus, son
hoxe 7 os exemplares e podemos asistir aos primeiros “escarceos”
en forma das súas espectaculares danzas nupciais.
Á
tardiña, xa case noite, no seu durmidoiro, récord de corvos mariños
grandes cun total de 183 ex. Todo parece indicar que aos habituais do
lugar agregáronse os preto de 40 ex. que viñan utilizando a lagoa
de Cospeito para facer noite e algún máis.
Lagoa
de cospeito (D.
Calleja, J. Otero, V. Roura).
Accipiter
nisus un ex. (M.)
Hirundo
rustica un ex.,
primeira observación persoal do ano. Repítese a observación dun
ex. o día 26 (C.
González).
E
polo demais todo continúa máis ou menos igual que en datas
anteriores, se acaso sinalar un lixeiro aumento no número de
culleretes e unha notable diminución no de cercetas.
Día
23
(C.
González)
Veiga
de Lamas (Cospeito).
Un grupo de avefrías (V. vanellus) que estiveron estes días pola zona alcanzaron hoxe o seu número mais alto con un total de 43 exemplares . Tamén unha píldora dourada (Pluvialis apricaria), 2 Miñatos (Buteo buteo), e un gabián (Accipiter nisus) que intentaba cazar entre uns bandos de Pimpín (Fringilla coelebs) e verderolo (Carduelis chloris).
Gabián (Accipiter nisus). Foto: C. González |
Un grupo de avefrías (V. vanellus) que estiveron estes días pola zona alcanzaron hoxe o seu número mais alto con un total de 43 exemplares . Tamén unha píldora dourada (Pluvialis apricaria), 2 Miñatos (Buteo buteo), e un gabián (Accipiter nisus) que intentaba cazar entre uns bandos de Pimpín (Fringilla coelebs) e verderolo (Carduelis chloris).
Día 25 (D. Pérez, F. Fernández, G. Lijó, O. Rivas)
Egretta
alba
2 ex. no río Miño na cola do embalse de Belesar preto
de Seixón (Portomarín).
Nunha
saída en busca de nocturnas no entorno de Cospeito, 1 ex. de Tyto
alba reclama pola
noite na Espiñeira e son detectados 2 territorios distintos de
Athene noctua.
Día
27
Lugo (J. Otero).
Milvus
migrans 1 ex.
sobrevoando o Miño á altura da nova ponte.
3 comentarios:
Graciñas por tan detallada información (e especificada por localidades!).
Dúas preguntas:
- O Tordo charlo aniña na Espiñeira, ou é simplemente trasumante/divagante? Nos piñeirais de Caque imaxino que si, pero en Cospeito nunca o tiven claro. Sempre tiven curiosidade.
- Cómo lle vai á Lebre na mesma Espiñeira?
Unha aperta.
Ola Xabi:
Tentamos recopilar algo de información entre os que máis habitualmente visitamos a zona e, de memoria principalmente, poderiamos comentar:
Sobre o charlo, é úna especie que aparece en mostraxes en varias localidades da comarca durante o verán, vense grupos familiares en lugares como A Xoca ou Gaibor (A. de Castro) por exemplo. Tamén detéctanse individuos na Espiñeira e zonas próximas, con contactos durante o SACRE (O. Rivas) e en visitas illadas entre abril e
xullo (J. Otero, E. Villares) , pero sobre todo hai observacións directas de aves con ceba na zona SW da Espiñeira, en piñeirais de Pinus radiata (G. Martínez).
Concluiriamos en definitiva dicindo que se trata dunha especie ben distribuída pola Terra Chá, nas típicas zonas abertas en mosaico de prados - lindeiros - bosquetes.
En canto á lebre hai avistamentos esporádicos na zona Sur (G.Martínez) e Leste (J. Otero, E. Villares) da Espiñeira, así como noutros lugares da Chaira como Arcillá, Toiral ou Veiga de Pumar (A. de Castro, G. Martínez, O. Rivas) e non é rara na periferia (Meira ou Rozas) (A. de Castro), pero probablemente vaille mellor en zonas de montaña próximas como o Macizo do Monseibane e a Serra da Loba (G. Martínez) ou o cordal de Montouto (J. Otero, E.Villares), etc.
Apertas
Graciñas!
PD:eu poño "Monseibán". Coñecín xente nativa da zona (tiven unha moza de Abadín) e, se non lembro mal, dicían así. Aínda que nalgúns mapas aparece "Monseibane", probablemente polo hábito linguístico de meter un -e final en moitas palabras (o -e- "paragóxico", creo que lle chaman). Investigade iso.
Unha aperta.
Publicar un comentario