A Sociedade Galega de Ornitoloxía organiza unha interesante "Xornada dos humidais. A conservación das zonas húmidas galegas de importancia ornitolóxica" por mor da conmemoración do día mundial dos humidais que se celebra o día 2 de febreiro.
A cita, de obrigada asistencia, será o vindeiro día 4 de febreiro de 2012, sábado, no CEN-Casa das Ínsuas de Rábade (LU) e conta coa colaboración da S.G.H.N., o concello de Rábade, a AGCT e o CEN.
Do programa, que podedes ver no cartaz que se inclúe nesta entrada, cabe subliñar a charla a impartir por Luis José Salaverri Leiras, biólogo, destacado membro da SGO e sen dúbida un dos máis profundos coñecedores da ornitofauna chairega, lucense e galega en xeral, baixo o título "Tendencias poboacionais das aves acuáticas invernantes no
nordeste de Galicia".
Se tendes interese, por mínimo que este sexa, no coñecemento e conservación das aves lucenses, non deixedes pasar esta ocasión de escoitar de bocas expertas os diversos factores que interveñen na conservación dos humidais e a fauna a eles asociada.
2 comentarios:
Onde é exactamente a quedada? cal é o observatorio central, estiven alí pero estiven en alomenos dous observatorios Adela V
Ola Adela V, entendemos que o "observatorio central" é o que se sitúa no alto dun outeiro artificial, a carón do centro de interpretación, do aparcadoiro para turismos e da área de autocaravanas.
O acceso máis doado é dende a vila da Feira do monte (Cospeito).
No mapa de google que hai na páxina principal do blogue, na columna da dereita, podes clicar no texto ao pé para velo máis grande e nel, un dos puntos está marcado como "centro de interpretación", creo que isto pódeche axudar na localización.
Se necesitas algunha outra indicación non dubides en poñerte en contacto con nós a través do correo ascnumenius@gmail.com ou coa SGO que é quen organiza este acto que quixemos publicitar dende aquí.
Un saúdo
Publicar un comentario