O blogue leva xa
tempo (demasiado) sen seres actualizado,
mais iso non quere dicir que Numenius non
seguira coas súas actividades, dentro das posibilidades dun grupo reducido como
é o noso, claro está.
Numenius participou
activamente na creación da Asociación Galega de Custodia do Territorio (A.G.C.T.) xa
no ano 2008, á que permanece vinculada dende entón. Participou tamén
activamente na posta en marcha do CEN - Casa das Ínsuas en Rábade, xunto coa devandita AGCT , Drosera e Saramaganta.
Con estas organizacións
colabora estreitamente na convocatorias de diversas actividades, sempre có fin
último da conservación como obxectivo ( proxectos de custodia, training days,
proxección de documentais,…).
Sen entrar en máis
detalles das actividades pasadas, pretendemos, en adiante, ir dando cumprida información sobre as que
nun futuro se planifiquen e leven a cabo.
E para comezar, o
anuncio dun curso de Iniciación ás Aves Acuáticas Invernantes na Terra Chá, a
celebrar no CEN - Casa das Ínsuas o día 10 de Decembro, e cuxo cartaz podedes
ver na seguinte entrada.
Para rematar, pedir a comprensión de todos aqueles que ao
longo deste dilatado espazo de tempo seguiron visitando regularmente este sitio, atopándose cada vez con que non había novidades. Queremos pedirlles
disculpas por elo e que saiban que é pola súa causa que se decide, facendo un
novo esforzo, retomalo.
2 comentarios:
Noraboa por seguir coa actividade. Non é doado sacar tempo para adicarse altruistamente a estas cousas. Espero poder seguirvos con asiduidade, e quizáis coincidir algún día pola Terra Chá (de vez en cando gústame ir pola lagoa de Cospeito).
Saúdos.
Grazas Enrique, tentaremos mantelo minimamente actualizado, e a poder ser con contidos de interese.
Atoparse con algún de nós na lagoa de Cospeito non debía ser moi difícil, seguro que nas próximas ocasións.
Un saúdo
Publicar un comentario en la entrada