A Sociedade Galega de Ornitoloxía organiza unha interesante "Xornada dos humidais. A conservación das zonas húmidas galegas de importancia ornitolóxica" por mor da conmemoración do día mundial dos humidais que se celebra o día 2 de febreiro.
A cita, de obrigada asistencia, será o vindeiro día 4 de febreiro de 2012, sábado, no
CEN-Casa das Ínsuas de Rábade (LU) e conta coa colaboración da S.G.H.N., o concello de Rábade, a AGCT e o CEN.
Do programa, que podedes ver no cartaz que se inclúe nesta entrada, cabe subliñar a charla a impartir por Luis José Salaverri Leiras, biólogo, destacado membro da SGO e sen dúbida un dos máis profundos coñecedores da ornitofauna chairega, lucense e galega en xeral, baixo o título "Tendencias poboacionais das aves acuáticas invernantes no
nordeste de Galicia".
Se tendes interese, por mínimo que este sexa, no coñecemento e conservación das aves lucenses, non deixedes pasar esta ocasión de escoitar de bocas expertas os diversos factores que interveñen na conservación dos humidais e a fauna a eles asociada.