miércoles, 13 de junio de 2012

Maio de 2012

Mes de plena actividade reprodutora, con moitas das especies xa establecidas e dedicadas de cheo á primordial tarefa de intentar perpetuarse, inda que cada vez estes bípedos sen plumas pretendidamente superiores chamados humanos poñémosllo máis difícil. Xa se sabe: destrucción de hábitats, intensificación agrícola e gandeira, transformación da paisaxe e cambios no uso do solo, abuso de pesti- plagui- bio- fito- herbi- e tódolos cidas que se nos ocorran, así como de fertilizantes e outros produtos químicos, escasa cultura ambiental... a lista de ameazas é ampla e diversa.

Niño de C. ciconia  sobre cheminea,  pouco frecuente na Terra Chá. Foto: J.Otero
A pesares de todo, o mundo natural é tan testán coma nós e eses bichos que por aí voan, reptan, andan ou nadan seguen na teima de sacar adiante a súa descendencia a pesares de todo, ano tras ano.

No meteorolóxico pois case que un pouco de todo, días de calor e madrugadas de frío, metade do mes chovendo pero días moi despexados. Na estación meteorolóxica de Sambreixo (Guitiriz), outra das da rede automática de meteogalicia, recollíanse un total de 53,4 litros durante os 15 días de chuvia rexistrados, cun máximo de 12,6 litros o día 8 e no que respecta ás temperaturas a media foi de 13º C cunha máxima puntual de 31º C o día 31 e unha mínima absoluta de 0,8º C o día 20.

Así as cousas, un mes máis ofrecemos un resumo do que as xentes de Numenius anotamos nos nosos cadernos de campo, máis algunha que outra observación de interese extraída do foro "galiciaves" da SGO.






Día 1

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Podicpes cristatus 4 parellas seguras máis unha posible 5ª, só unha está ocupando o niño.
Apus apus 4 ex., dous deles  ao norte da A6.
Falco subbuteo 1 ex. en voo de caza, inda que ante a aparente escaseza de odonatos a   saber qué é o que caza.
Branta canadensis 1 ex.

Ademais un pintafontes verde (Triturus marmoratus) e unhas poucas ras verdes (Pelophylax perezi) nunha das moi escasas charcas onde inda sobreviven algúns pés de Potamogeton natans nas lagoas, planta de importancia na alimentación das aves acuáticas, seguramente o cangrexo americano (Procambarus clarkii) ten algunha relación co seu acelerado retroceso nos últimos anos.

Día 5

A Espiñeira (M. A. Fernández vía galiciaves).

Oriolus oriolus 1 ex.

Día 6

A Espiñeira (A. Martínez, R. Hevia vía galiciaves). 

Oriolus oriolus 3 M.
Ouriolo (O. oriolus) na Espiñeira. Foto: Ricardo Hevia.
Veiga de Pumar (A. Martínez, R. Hevia vía galiciaves).

Circus pygargus  Mínimo 6 ex. dos que 5 voan case xuntos.

A Espiñeira (J.R. Bugallo).  

Circus pygargus 1 ex. melánico.
Streptopelia turtur 3 ex
Falco tinnunculus 2 ex..
Buteo buteo varios ex., un deles é un animal moi clariño que estivo xa toda a temporada invernal na zona.
Motacilla flava 3 ex.
Alauda arvensis 
Anthus trivialis 2 ex.
Turdus philomelos 2/3 ex.

Lagoa de Cospeito (J.R. Bugallo).

Apus apus varios grupos cazando sobre a lagoa xunto con andoriñas comúns (Hirundo rustica) e avións comúns (Delichon urbicum).
Fulica atra 4 Parellas en distintas zonas da lagoa.
Tachybaptus ruficollis 8/10 ex.
Gallinula chloropus varios ex. perseguíndose na lagoa central.
Anas platyrhynchos poucos ex. á vista
Sylvia communis 1 F. diante do observatorio principal
Milvus migrans 2 ex.
Falco subbuteo 1 ex. cazando sobre a lagoa. 
Ciconia ciconia xa se observan polos no niño (J.R. Bugallo, O. Rivas).

Carral. Begonte (O. Rivas).

Hippolais polyglotta 1 ex. cantando no mesmo territorio en que o facía o ano pasado.
Hippolais polyglotta. Foto: J. Otero


Día 10

Román. Vilalba (J. Otero).

Circus pygargus 2 ex. de morfo escuro (imposible distinguir sexo a contraluz).

Día 12

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Destacar que tan só unha parella de mergullón cristado (Podiceps cristatus) ocupa o niño, que por outra banda xa non é ningún dos que se ocuparon con anterioridade, o que supón o sexto intento con cinco fracasos contabilizados como mínimo.







Día 13

O Pedroso.Pacios. Begonte (D. Pérez, O. Rivas).

Circus pygargus 1 M. de morfo escuro.

Día 16

Agra das pradeiras. Sta. Mº de Cospeito (O. rivas, P. Pisón).


Martes martes 1 ex.

A Espiñeira (O. rivas, P. Pisón).

Lanius collurio 1 P.

Día 17

Lamas (C. González).

Circus pygargus 3 ex.

Veiga de Pumar (J. Otero).

Circus pygargus mínimo 2 F. e 3 M. (un deles de morfo escuro). Unha parella está levando material para o niño no medio dun prado onde xa en anos anteriores houbo intentos de cría rematados en fracaso.
Lanius collurio 1 M.
Ciconia ciconia Mínimo 60 ex.
Ademais de lavercas (Alauda arvensis), paspallás (Coturnix coturnix), trigueiróns (Emberiza calandra), cucos (Cuculus canorus), lavandeiras amarelas (Motacilla flava), lagarteiros (Falco tinnunculus), millafres negros (Milvus migrans), etc.

Bazar (J. Otero).

Tringa glareola 2 ex. 
Bilurico bastardo (Tringa glareola). Foto: J. Otero.

Lagoa de Cospeito (J. Otero).

Pernis apivorus 2 ex. Un deles permanece pousado durante uns minutos nun salgueiro da zona central da lagoa.
Ardea cinerea 1 ex. ad.
Fulica atra 1 ex. cando menos
Tamén algún mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis), galiñola negra (Gallinula chloropus) e lavanco (Anas platyrhynchos).



Día 18

A Espiñeira (C. González).

Lanius collurio 1 ex. 

Día 20

Portomarín (C. González, F. Fdez. de Soto, J.R. Bugallo, O. Rivas, T. Salazar).

Milvus migrans 1 ex. con marcas alares de PVC (brancas 18). Posteriormente confírmase que foi marcado pola fundación Migres en Tarifa.

Día 22

Lagoa de Cospeito (D. Calleja).

Hippolais polyglotta 1 ex.
Sylvia borin 2 ex.
Oriolus oriolus 2 ex. escoitados
Streptopelia turtur 1 ex. escoitado.

A Espiñeira (D. Calleja).

Sylvia communis 2 ex.
Streptopelia turtur 2 ex.
Papuxa común (Sylvia communis). Foto: D. Calleja
Veiga de Pumar (D. Calleja).

C. coturnix 1 ex. escoitado
Motacilla flava 2 ex.

Goá (D. Calleja).

Anthus trivialis 1 ex.

Xustás (D. Calleja).

Lanius collurio 1 ex.

Lagoa de Caque (D. Calleja).

Hippolais polyglota 3 ex.

Lagoas de Riocaldo (J. Otero). 

Riparia riparia aproximadamente 15 ex.
P. cristatus continúa chocando unha soa parella
B. canadensis 1 ex.
Falco subbuteo 1 ex.
Himantopus himantopus 1 ex.

Día 25 
Parella de predices (Alectoris rufa). Foto: C. González.

Arneiro (R. Hevia vía galiciaves).

Tetrax tetrax 1 M. 1ª observación da temporada.

Lagoa de Cospeito (R. Hevia vía galiciaves).

Pernis apivorus 1 M.

Lamas (C. González).

Lanius collurio 1 P.
Alectoris rufa 1 P.

Cospeito (C. González).

Athene noctua 1 ex.
Milvus migrans 1 ex.

Lagoas de Riocaldo (F. López, J. Otero).
Pernalonga (H. himantopus). Foto: J. Otero.



















H. himantopus segue 1 ex.
Ardea cinerea 1 ex.
Hirundo daurica 1 ex.
P. cristatus continua chocando unha parella e hai outras tres.

Na Cigoñeira (E. Villares, J. Otero) fotografamos as primeiras orquídeas chairegas da temporada (días atrás, non moi lonxe ollamos as primeiras Dactylorhiza elata), Serapias parviflora e S. lingua que este ano florecen cun considerable retardo respecto ao ano pasado. Tamén Orchis coriophora presenta un inminente estado de floración, o mesmo que S. cordigera.

Orchis coriophora ssp. martrinii. Foto: J. Otero.
Serapias lingua. Foto: J. Otero.

























Día 26

Lagoa de Cospeito (A. Sandoval vía galiciaves).

Circus aeruginosus 1 ex.
Falco subbuteo 4 ex.
Pernis apivorus 2 ex.
Tamén cirrios e hirundínidos moi abundantes.

Veiga de Pumar (A. Sandoval vía galiciaves).

Circus pygargus 5-7 ex. (1 melánico). Unha parella copula nun camiño de terra.
Tamén son abondosos os millafres negros  e cirrios.

Veiga de Pumar (M.A. Fernández vía galiciaves).

Circus pygargus 1 F. con placas alares.
Vanellus vanellus 1 ex.
T. tetrax 2 M.
O. oriolus escoitado.
C. coturnix escoitado.

 A Espiñeira (M.A. Fernández vía galiciaves).

Lanius collurio 1 P. 

Bazar (G. Lijó, O. Rivas). 

Aquila pennata 1 ex. de morfo intermedio.

Lagoa de Cospeito (G. Lijó, O. Rivas). 

Aythya ferina 1 M.
Falco subbuteo mínimo 6 ex. á noitiña.


Día 27

Veiga de Pumar - Arneiro (R. Hevia vía galiciaves).

T. tetrax 5 M.

Lagoa de cospeito (C. González).

Circus aeruginosus 1 F.
Pernis apivorus 1 ex.
Buteo buteo varios ex.
Abundancia de hirundínidos (Riparia riparia, Delichon urbicum, Hirundo rustica) e cirrios (Apus apus)
Anas platyrhynchos 21 ex.
Tachybaptus ruficollis 9 ex.
Aythya ferina 1 M.
Fulica atra 8 ex.
Gallinula chloropus 2 ex.
Ardea cinerea 1 ex.

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

Pernis apivorus 2 ex.
O. oriolus 1 ex.

Trobo. Begonte (O. Rivas). 

Pernis apivorus 1 ex.

Día 28

A Cigoñeira (E. Villares, J. Otero).

Caprimulgus europaeus escoitado o 1º ex. da temporada.

Día 31

A Cigoñeira (E. Villares, J. Otero).

Upupa epops 1 ex. máis un segundo ex. a escasos 2 km., en Saavedra.



 







No hay comentarios: