O
máis salientable deste mes de xaneiro, que no climatolóxico
caracterizouse por ser bastante morno e con escasas precipitacións,
foi, na Lagoa de Cospeito, xunto coa presenza dun macho,
probablemente de 1º inverno de pato escuro Anas
rubripes
(D.
Calleja, J. Otero, O. Rivas, C. González, J. R. Bugallo)
e
un abetouro Botaurus
stellaris (L.
J. Cantil
23/01/12,
N.O.G., “galiciaves”),
o incremento progresivo de corvo mariño Phalacrocorax
carbo
con 8 ex. o día 8, 25 ex. o día 22, e 39 ex. o 29 (C.
González).
En
Riocaldo vense os dous primeiros mergullóns cristados Podiceps
cristatus do ano (J. Otero 22/01/12). A poboación
invernante de Phalacrocorax carbo está
no que probablemente será o seu número máximo, ou moi próxima a
el. Bótanse en falta os patos chupóns Aythya
ferina que
en anos anteriores non faltaban no lugar, a tendencia parece non ser
diferente a outras localidades do país. Poucas anátidas en xeral
con cifras baixas de Anas crecca e
observacións anecdóticas de asubiador Anas
penelope e
nulas de, por exemplo cullerete Anas clypeta.
Nas
zonas agrarias ou agrogandeiras de Goá, Arneiro, Veiga de Pumar,
Xustás, Matodoso, Arcillá, Bestar ou Guitiriz escasez de limícolas,
con apenas avistamentos de Pluvialis apricaria
e
moi escasos de Vanellus vanellus.
Tampouco se detectan tordos das especies Turdus
pilaris e
T. iliacus nin
pimpíns do norte Fringilla montifringilla
máis
que de xeito tamén case anecdótico.
A
lagoa de Caque asimesmo non presenta a abundancia de, por exemplo,
Anas crecca,
que no inverno pasado acadaron cifras record, inda que as anátidas
en xeral están en números “normais”.
Día
2
Nas
lagoas de Riocaldo (J. Otero, O. Rivas):
Corvo mariño grande con anel de PVC "CY". |
Phalacrocorax
carbo 123
ex. entre eles o xa vello coñecido “CY” que pasa unha nova
temporada invernal no lugar, e xa van 10.
Anas
penelope 1
F.
Anas
platyrhynchos
mínimo
49 ex.
Anas
crecca aprox.
15 ex.
Branta
canadensis 1
ex., máis outro ex. asignable á ssp. parvipes
ou ben á especie Branta
hutchinsii
, presentes a primeira dende o 16/05/2009 (C.D.
Romay)
e a outra dende mediados de 2011 (O.
Rivas, R. Carrillo).
Aythya
fuligula 1
xuv. presente xa dende o 18/12/2011 (naquela ocasión xunto con outro
exemplar) e observado en distintas datas de decembro (J.
Otero).
Día
8
Matodoso
/ Xustás (J. Otero, O. Rivas, J. Manuel):
Emberiza
schoeniclus
mínimo
17 ex. en sebes con salgueiros e outras arbustivas
Ciconia
ciconia 1
ex.
Na
lagoa de Caque (J. Otero, O. Rivas, J. Manuel):
Sen
facer un conteo preciso, os números que se dan a continuación son
números mínimos que pouco poden diferir dos reais:
Anas
crecca 170
ex.
Anas
platyrhynchos 90
ex.
Anas
clypeata 40
ex.
Anas
strepera 7
ex.
Máis
un número non cuantificado de Fulica atra
e
Tachybaptus ruficollis.
Nos
prados e terreos colindantes coa lagoa de Caque (J. Otero, O.
Rivas, J. Manuel):
Turdus
viscivorus
Turdus
pilaris
Anthus
pratensis
Buteo
buteo 1 ex.
Ciconia
ciconia 2 ex.
Lagoa
de Cospeito (C. González, J. R. Bugallo, J. Otero, O. Rivas, J.
Manuel):
Tampouco
aquí se dan números precisos dalgunhas especies, das que só se
fixo unha estima e nalgún caso nin eso.
Anas
strepera 23 ex.
Anas
crecca >100 ex.
Anas
clypeata
Aythya
fuligula 11 ex.
Fulica
atra aprox. 20 ex.
Gallinula
chloropus
Tachybaptus
ruficollis
Phalacrocorax
carbo 8 ex.
Corvus
corax 2 ex.
Ardea
cinerea 1 ex.
Buteo
buteo 1 ex.
Pluvialis
apricaria bando
de aprox. 60 ex. á primeira hora da mañá (J.
R. Bugallo)
Día
14
En
Lamas, Cospeito, un esmerillón Falco columbarius (C.
González).
Día
15
Xornada de censo coordinado nos principais humidais e zonas agrarias
da comarca que Numenius ven realizando nos últimos anos e cuxos
resultados están aínda por publicar.(C.
González, D. Calleja, J. Otero,
J.
Usera,
O.
Rivas, V. Roura)
Lagoas
de Riocaldo (J. Otero, V. Roura):
Seguen
unhas cifras similares ás do pasado día 2, cun incremento de
lavancos (Anas
platyrhynchos) que
pasan do centenar e a presenza de dous biluricos das rochas (Actitis
hypoleucos) se
houbera que salientar algo.
Zonas
agrogandeiras (Arcillá, Matodoso, xustás, A Veiga, Arneiro,
Guitiriz, etc.) (D. Calleja, J. Otero,
J. Usera, O. Rivas,
V. Roura):
Presenza
moi escasa de Vanellus
vanellus e
Pluvialis apricaria
e prácticamente nula de Turdus
pilaris e
T.
iliacus. Non se
detectan tampouco pimpíns do norte Frigilla
montifringilla
(tan só un único ex. integrado nun bando de F.
coelebs.
D.
Calleja).
Lagoa
de Cospeito (C. González, D. Calleja, O. Rivas):
Pato escuro entre varios exemplares de lavanco. |
A
Espiñeira: (C. González)
Escasas
píldoras douradas (Pluvialis apricaria) e avefrías
(Vanellus vanellus), 2 garzas cincentas (Ardea
cinerea), 1 falcón peregrino (Falco peregrinus),
1 esmerillón (Falco columbarius), 4 miñatos (Buteo
buteo) e 1 picanzo meridional (Lanius meridionalis).
Día 22
Na
Lagoa da Carballosa, en Cospeito
(C.
González)
10 esribentas riscadas Emberiza
cia.
Lagoa
de Cospeito (C. González, J. R. Bugallo, M. Rodríguez, O. Rivas):
Lavanco
Anas platyrhynchos 136 ex., cullerete Anas
clypeata 32 ex., pato frisado Anas strepera 27
ex., asubión Anas penelope 1 ex., pato cristado Aythya
fuligula 13 ex., pato chupón Aythya ferina 1
ex., cerceta común Anas crecca 48 ex., focha Fulica
atra 24 ex., mergullón pequeno Tachybaptus ruficollis
3 ex.
Na
Espiñeira (C. González, J. R. Bugallo, O. Rivas)
Abundancia
de corzos Capreolus capreolus chegándose a observar 11
exemplares. Tamén 66 avefrías Vanellus vanellus, 45
píldoras douradas Pluvialis apricaria, 65 lavercas
Alauda arvensis, 6 garzas cincentas Ardea
cinerea, 6 miñatos Buteo buteo, 1 esmerillón
Falco columbarius, 1 falcón peregrino Falco
peregrinus e 1 lagarteiro Falco tinnunculus.
Na Veiga de Pumar - Arneiro (M. Fernández, Rafael, com. vía blogue):
Ciconia ciconia 18 ex., 15 deles xuntos.
Lagoas de Riocaldo (J. Otero):
Phalacrocorax
carbo 120 ex.
Branta
canadensis 1 ex, máis outro ex. asignable á ssp. parvipes
ou ben á especie Branta
hutchinsii
Os dous gansos presentes en Riocaldo dende hai meses. |
Anas
crecca 2 ex.
Anas
platyrhynchos
mínimo 130 ex.
Actitis
hypoleucos 2 ex.
Podiceps
cristatus 2 ex.
Día
30
(J.
Otero)
Matodoso:
Emberiza
schoeniclus 8 ex.
Passer
montanus mínimo 15 ex.
Vanellus
vanellus 12 ex.
Veiga
de Pumar / Arneiro:
V.
vanellus 40 ex. moi espallados, en pequenos grupos de 8, 4, 10, 9
e 9 exemplares.
4 comentarios:
Parabéns polo novo post do blog!
Moi completo e ben exposto.
Apertas,
Damián
Grazas Damián polo comentario e por pasarte por aquí. Agardamos poder dar algo máis de continuidade nesta "nova" andaina.
Apertas
Sí que está un pouco triste a chaira este inverno. O outro día en Cospeito-Espiñeira chamoume a tención a escaseza xeral de paseriformes. Nin un L.meridionalis, nin un T. pilatris/iliacus, nin P.apricaria,..E bandos moi modestos de F.coelebes ou A.arvensis.
Por aquí estivo a invernada igualmente moi pobre, con números case nulos en Forcadas e Doniños, e baixos tamén na Frouxeira (aquí tamén influíu o tema que xa coñecedes..).
Unha aperta.
Ola Xabi. E menos mal que no que levamos de febreiro cando menos foron chegando máis cercetas a Cospeito e algunhas avefrías máis ás terras agrarias, inda que pouco que ver co espectacular mes de decembro de 2010.
Sobre a lagoa da Frouxeira, pois oxalá que canto antes poida ter a mellor das solucións posibles.
Apertas
Publicar un comentario