Comeza o ano nas lagoas de Riocaldo cun aumento nos efectivos de lavanco Anas platyrhynchos que pasan dos 600 ex., as cercetas Anas crecca, con cifras moito máis discretas tamén aumentan até os 38, hai hoxe unha parella de culleretes Anas clypeata e dúas parellas de pato chupón Aythya ferina, cifra menor que en semanas pasadas. Seguen por aquí o mergullón bicogroso Podilymbus podiceps ao que parece terlle gustado o lugar, 2 garzotas grandes Egretta alba e un mínimo de 4 garzotas comúns Egretta garzetta (chegaron a 9 ex. o día 22.12.07).
Podilymbus podiceps
Podilymbus podiceps
Os corvos mariños Phalacrocorax carbo se aproximan aos números máximos de invernada chegando aos 111, as galiñolas negras Fulica atra son 18, mergullóns cristados Podiceps cristatus 5 e 3 os mergullóns pequenos Tachybaptus ruficollis. Ademais se escoitan 1 rascón Rallus aquaticus e 1 bilurico alinegro Tringa ochropus presentes na zona dende hai varias semanas.
A algúns non lle gusta compartir habitación
Doutra banda, esta mañá no antigo campo de aviación de Guitiriz e arredores 1 M. esmerillón Falco columbarius, unhas 200 avefrías (galos da braña) V. vanellus, un bando de píldoras douradas Pluvialis apricaria que non superaba os 90 ex., uns 40 tordos rubios Turdus iliacus e moi poucos pimpíns comúns Fringilla coelebs. Este inverno non se están adeixar ver na zona os pimpíns do norte F. montifringilla, debido en parte, presumiblemente, á ausencia de rastrollos de millo.
Vista do antigo campo de aviación de Guitiriz
Vista do antigo campo de aviación de Guitiriz
1 comentario:
Moitas gracias pola ruta, non coñecía o lugar e xa lle tiña ganas. O outro día, a pesares da choiva persistente e sen o tele: avefría, chorlito dorado, zorzal alirrojo e real, reyezuelo, mito, cernícalo... Moi recomendable para o inverno (pena de esmerejón que non se deixou ver)
Publicar un comentario