sábado, 2 de febrero de 2013

Decembro de 2012

Rematamos este 2012, no que quixemos manter unha certa regularidade na actualización do blogue, cun mes de decembro chuvioso e non excesivamente frío. Na estación meteorolóxica de castro Ribeiras de Lea, da rede de estacións automáticas de Meteogalicia recollíanse como máis destacados os seguintes datos: temperatura media de 7,53º C cunha máxima de 17,13º o día 23 e unha mínima absoluta  de -3,41 º o día 9. Houbo 20 días con precipitacións iguais ou superiores a 1 mm dos que un día rexistrou máis de 10 mm e outro máis de 30 mm. A chuvia acumulada durante o mes acadou os 124,8 L/m2 e o día de máis precipitación, o 14, recolléronse 37,3 L/m2. Tan só rexistráronse xeadas en 7 días.

Non está a resultar un inverno no que destaque especialmente a abundancia nin das limícolas que nos anos de intenso frío en latitudes máis norteñas de Europa pódense ollar en boas cantidades, avefrías (Vanellus vanellus) e píldoras douradas (Pluvialis apricaria), nin de anátidas en xeral e outras acuáticas, tampouco se están a observar grandes bandos de tordos reais (Turdus pilaris) nin vermellos (Turdus iliacus) e, agás algunha observación puntual duns poucos centos, os pimpíns reais (Fringilla montifringilla) tampouco están a ser abundantes como noutras ocasións.

Vista da lagoa de Caque dende o observatorio. Foto: D. Calleja.
Destacar a observación dun millafre real (Milvus milvus) en Bazar, esmerillóns (Falco columbarius) en Xermar e A Espiñeira, unha curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) na Veiga de Pumar, unha gatafornela (Circus cyaneus) igualmente na Veiga, cegoñas (Ciconia ciconia) xa en certa abundancia tomando contacto cos seus niños ao longo da comarca, tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus) na Lagoa de Cospeito ou unha garzota branca (Ardea alba) no encoro de Belesar.

Día 2

A Espiñeira (C. González, J. M. Rodríguez, O. Rivas).

Falco columbarius   1 ex. entre unha densa néboa

Matodoso (C. González, J. M. Rodríguez, O. Rivas).

Elanus caeruleus   1 ex. entre esta localidade e Triabá

Día 8

Bretoña. Pastoriza ( F. Fdez. de Soto).

C. ciconia   1 ex. pousado no niño intentando arrincar unha pola da árbore que medraba por riba do mesmo

Día 9

Moucho Athene noctua. Foto: C. González.
Pedra Branca. Xermar (C. González).

Falco columbarius   2 ex.

Árbol. Vilalba (C. González).

Athene noctua   2 ex.

Día 12

O Toiral. Cospeito (C. González).

C. ciconia   1 ex. sobrevoando o lugar

Día 16

Xustás (D. Pérez, O. Rivas).

V. vanellus   40 ex. no desvío cara á Veiga de Pumar

Veiga de Pumar (D. Pérez, O. Rivas).

Pluvialis apricaria   15 - 20 ex.
Asio flammeus   1 ex. á noitiña, observado durante uns 20 minutos.

Día 19

Veiga de Pumar (F. Fdez. de Soto).

C. ciconia   5 ex.
Falco peregrinus   1 ex.
V. vanellus   aprox.   30 ex.
T. pilaris   14 ex.
Emberiza calandra   1 ex. facendo "soar o chaveiro" ou cando menos ensaiaba en canto saía unha raiola de sol entre nubarrón e nubarrón.

Día 22

Na Veiga de Lamas, bastante anegada (C. González).

Como máis destacado:

Ardea cinerea   3 ex.
Aythya fuligula   6 ex.
Anas platyrhynchos   9 ex.
Carduelis spinus   46 ex.
V. vanellus   5 ex.

Veiga de Pumar (F. Fdez. de Soto, C. Varela, O. Rivas).

Circus cyaneus   1 M.
Falco columbarius   1 F. ou xuv.
V. vanellus   38 ex.

Bazar (F. Fdez. de Soto, C. Varela, C. González, O. Rivas).

Milvus milvus   1 ex.

Día 23

Lagoa de Cospeito (D. Calleja).

Tordo real Turdus pilaris. Foto: D. Calleja.
Anas acuta   1 F.
Circus aeruginosus   2 F. ou Inmt.
Rallus aquaticus   4 ex. escoitados

Matodoso (D. Calleja).

Falco peregrinus   1 ex.

A Espiñeira (D. Calleja).

T. pilaris   mínimo 10 ex.
Passer montanus   3 ex.
F. montifringilla   aprox. 400 ex.




Día 26

Portomarín - Paradela (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).

Anas crecca   mín. 100 ex. na cola do encoro de Belesar, no río Miño preto da desembocadura do río Loio.
A. platyrhynchos   mín. 300 ex. na cola do encoro de Belesar, no río Miño preto da desembocadura do río   Loio.
Podiceps cristatus   2 ex. na cola do encoro de Belesar, no río Miño preto da desembocadura do río Loio.

Paradela (F. Fdez. de Soto, O. Rivas).  

Ardea alba   1 ex. na desembocadura do río Loio no Miño.
Carduelis cannabina   bando de arredor de 100 ex. na zona da desembocadura do río Loio, moi baixo de caudal.

 Día 29

Xustás (C. González, F. Fdez de Soto, O. Rivas).

Falco peregrinus   1 ex. acosa insistentemente a unha avefría, finalmente non ten éxito xa que esta tírase nuns toxos.

Bazar (C. González, F. Fdez de Soto, O. Rivas).

M. milvus   continúa o ex. observado a semana anterior.

Día 30

Columba palumbus   un bando de aprox. 150 ex. levántase dun piñeiral despois de soar un disparo, ao NW da Espiñeira.