jueves, 22 de noviembre de 2012

Outubro de 2012

No climatolóxico resultou este outubro un mes típicamente de transición verán - outono, con temperaturas máis altas canto máis próximo o comezo de mes  e máis baixas conforme nos achegamos a novembro. Segundo os datos facilitados por Meteogalicia a través da súa web e recollidos na estación automática de Castro Ribeiras de Lea, a temperatura media durante o mes foi de 11,96 º C, cunha máxima de 28,26 º C o día 7 e unha mínima de -3,31º C o día 29, foi un mes chuvioso segundo esta mesma fonte rexistrándose nesta estación 23 días de chuvia igual ou superior a 0,1 mm. e recolléndose un total de 76,5 l/m2 sendo o día 10 o que rexistrou unha mallor precipitación con 32,5 l/m2.


Miñato (Buteo buteo). Foto: C. González.

No avifaunístico inda se ollan papamoscas negros  (Ficedula hypoleuca) ou pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe), pero tamén os primeiros tordos reais (Turdus pilaris), píldoras douradas (Pluvialis apricaria) e avefrías (Vanellus vanellus). En zonas montañosas do leste da provincia detéctanse estreliñas do norte (Regulus regulus) e moi preto da cidade de Lugo, á beira do Miño unha cegoña (Ciconia ciconia) invernante.

Cara ao final do mes detéctase unha repentina e inusual baixada do nivel da auga na "lagoa grande" de Riocaldo, provocada de xeito premeditado pola mineira Erimsa ao parecer como consecuencia do bombeo co fin de encher de auga outra cubeta próxima, recentemente esgotada a extracción de material. A vista das beiras sen auga resulta inquedante, con centos de mexillóns de río expostos a depredadores e inclemencias meteorolóxicas.

Día 1

O Toiral (C. González).

Ficedula hypoleuca  varios ex.

Preto de alí, en Lamas un falcón pequeno (Falco subbuteo), e un lagarteiro (F. tinnunculus) en liorta cun corvo pequeno (Corvus corone). Tamén un miñato (B. buteo), especie da que se aprecia un incremento estacional na zona dende hai uns días.

Día 2 

Sto. André. As Nogais (F. Fdez. de Soto e O. Rivas).

Regulus regulus  2 ex. nun piñeiral de P. sylvestris entre Pintinidoira e Busgulmar.
Accipiter gentilis  1 macho voando nas proximidades de Busgulmar.
Falco peregrinus  1 ex. entre Busgulmar e Fontefría.

Día 3

O Toiral (C. González).

Accipiter nisus  1 ex. incordiado por cinco pegas (Pica pica).

Día 4

Sto. André. As Nogais (F. Fdez. de Soto e O. Rivas).

Regulus regulus  máis dunha ducia de ex. nun piñeiral de P. sylvestris na zona de Pintinidoira.
Falco perregrinus  1 ex. reclamando sobre unha zona arbolada preto de Pintinidoira.
Sus scrofa  5 xuv. (aínda con raias) nunha pista forestal vistos a pleno día preto de Pintinidoira.
Martes martes  1 ex. no cruce do desvío cara O Portelo na estrada Pedrafita - As Nogais.

Corzos (C. capreolus) nas inmediacións da lagoa de Cospeito. Foto: C. González.

Día 10

A Espiñeira (C. González, O. Rivas).

Elanus caeruleus  2 ex. que habitualmente móvense entre esta zona e A Croa.

Día 14

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo).

Jynx torquilla  1 ex.
O. oenanthe  1 ex.

Matodoso (F. Fdez. de Soto).

Falco pregrinus  ataque fallido dun ex. sobre un grupo de pombas domésticas.

Día 19

Sta. Comba. Lugo (F. Fdez. de Soto e O. Rivas).

Ciconia ciconia  1 ex. pousado nunha árbore á beira do río Miño preto de Burneiros.
Phalacrocorax carbo  estímase un mínimo de 40 ex. nun durmidoiro á beira do río Miño preto de Burneiros.

Día 20

Rábade (O. Rivas).

Tringa ochropus  1 ex. no río Miño.
Accipiter gentilis  1 ex. pasa voando a baixa altura pola Avda. de Vilalba preto da intersección coa rúa José Pardo.

Día 21

Lagoas de Riocaldo (X. Bergantiños, J. Otero).

Leptotes pirithous. Foto: J. Otero.
Anas platyrhynchos  mínimo 135 ex.
Fulica atra  6 ex.
Tachybaptus ruficollis  7 ex.
Podiceps cristatus  2 ex.
Branta canadensis  1 ex.
Aythya fuligula  1 ex.
Anas crecca  5 ex.
Ardea cinerea  2 ex.
Tamén vense voar unha cantidade aínda apreciable de odonatos de cando menos 6 especies e un par de licénidos: Leptotes pirithous e Polyommatus icarus


Día 23

Lagoa de Caque (J. Otero).

Coa maioría das aves na zona N. da lagoa, o que dificulta a súa  observación. Entre outras:
Anas platyrhynchos mínimo 33 ex.
Anas crecca  16 ex.
Tachybaptus ruficollis  mínimo 3 ex.
Larus ridibundus  1 ad.
Ardea cinerea  5 ex. (4 deles nos prados lindantes).

Veiga de Pumar - Arneiro (J. Otero).

Ardea cinerea 5 ex.
Falco tinnunculus  1 ex.
E pequenos bandos dispersos por toda a zona de pimpín (Fringilla coelebes) e pica dos prados (Anthus pratensis).

Goá (J. Otero).

Falco peregrinus  1 xuv. e, probablemente, un segundo individuo na mesma zona.



Día 25

Rábade (F. Fdez. de Soto).

Egretta alba 1 ex. voando baixo sobre o río Miño.

Día 28

A Espiñeira (C. González, J.R. Bugallo, O. Rivas).

Pluvialis apricaria  7 ex.
Vanellus vanellus  9 ex.
Turdus pilaris  mínimo 13 ex.

Lagoas de Riocaldo (J. Otero).

Na imaxe pódense ver varios mexillóns de río (Unio pictorum) que quedaron en terra. Foto: J. Otero.
Co nivel de auga 40/50 cm. por debaixo do que estaba en días pasados e unha bomba en funcionamento que segue succionando, o que en principio pode favorecer a sedimentación de limícolas (algo tarde xa), a verdade é que trátase dunha agresión ao medio en toda regla. Centos de mexillóns de río (Unio pictorum), lembremos que é especie recollida no catálogo galego de especies ameazadas na categoría de Vulnerable, atópanse fora da auga, o mesmo que toda a vexetación acuática e subacuática nunha extensa área.

Parte do tempo que se había dedicar ao censo (unha vez ao mes cénsanse de xeito coordinado os principais humidais chairegos), empregouse en devolver moitos destes bivalvos á auga.


Unio pictorum. Foto: J. Otero.
Da avifauna observada destacar:
Tringa ochropus  5 ex.
Gallinago gallinago  2 ex.
Calidris alpina  1 ex.
Anas penelope 2 ex.
Aythya fuligula  1 ex.
Larus ridibundus  2 ex. de 2º a.c.
Máis as anátidas comúns A. platyrhynchos e A. crecca, e mergullóns pequeno (Tachybaptus ruficollis) e cristado (Podiceps cristatus), etc.





Pígara. Guitiriz (J. Otero).

Turdus pilaris  mínimo 8 ex. nunha zona de pradeiras que linda co Pedroso.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Sobre "las aves que amenazan al silicio" ou como manipular á prensa (ou como deixarse manipular)

  Innumerables son as mostras do mal facer dun maior número de periodistas - ¿disque?¿periodistas? - dos que serían desexables. Escasa ou nula preocupación por documentarse, titulares grandilocuentes, tanto coma ridículos, falsos e tendenciosos, escritura indisimuladamente ao ditado, parcialidade absoluta... Que sí, que o prato de lentellas está caro hoxe, pero un chisco de personalidade, home!

  A antepenúltima, con xenerosidade, chegábanos da "asociación temporal" Voz de Galicia - Erimsa, ou o que é o mesmo Jorge Casanova -  Jose Manuel López (periodista que firma o artigo - director da empresa mineira). Sen máis preámbulos copiamos e pegamos o artigo que provocou o noso pasmo. Publicado na Voz de Galicia o domingo  día 28 de outubro de 2012. Non ten desperdicio, dende o titular até a apoteósica última frase.

"Las aves que amenazan al silicio

 


Hay que ir con cuidado, porque las colonias de ánades aún son muy asustadizas y es preciso moverse con cautela para verlas. Los chalecos reflectantes, con los que es preceptivo moverse en el interior de la explotación minera de Erimsa en Begonte, tampoco facilitan el camuflaje. Así que lo mejor que vemos durante la visita al sistema lagunar en el que se ha convertido parte de la explotación es la huída de un par de bandadas. Estamos en la laguna de Riocaldo, aunque José Manuel López, director de la mina, matiza que Riocaldo queda en otra parroquia. Pero ya es demasiado tarde. Todo el mundo la llama así. Tal vez porque antes, hace 30 años, aquello era una zona de monte y labradío como las que circundan la zona (hoy con más monte que labradío). Fue cuando Erimsa empezó a extraer cuarzo y otros áridos, creando diversos huecos. Unos los rellenó con tierra y otros con agua, creando una red de lagunas única en Galicia que, a su vez, ha generado un verdadero y rico ecosistema en el que las aves acuáticas reinan.
Todo muy bonito. Pero la empresa se encuentra ahora con consecuencias indeseables. Haber transformado el hábitat le ha supuesto una protección especial por parte de Red Natura, afectando a casi un 33% del territorio sobre el que tienen derechos y en el que, estiman, hay reservas de cuarzo para otros cuarenta años.
Ocio y ciencia
La concesión expira en un par de años y la prórroga solicitada aún no ha sido concedida. Así que las aves que migraron para instalarse en el idílico hábitat que les montaron en Begonte juegan ahora en contra de sus benefactores. La empresa quiere revertir la jugada. En medio año prevé abrir una de las lagunas al público, al pie de la A-6. Maneja un ambicioso proyecto para dotar su entorno de actividades de ocio y científicas, para el estudio de las aves. Dar visibilidad a su labor de restauración y revertir en el pueblo parte de los beneficios extraídos de sus entrañas. De allí han salido miles y miles de toneladas de áridos y sobre todo cuarzo, es decir, silicio.
La próxima primavera es posible que ya se pueda acceder a la laguna de Riocaldo para ir acostumbrando a los patos, las grullas, cormoranes o avefrías a la presencia humana. López explica por donde pasarán las rutas de senderismo hasta que, inesperadamente detiene el coche:
-Mire, un águila.
Y allí estaba. La primera que veo en Galicia."

  Ante estas informacións compre facer algunha puntualización:


  A lagoa de Rio Caldo, así chamada naqueles días, aló polo 1901 (hai algo máis de 30 anos, obsérvese) era citada polo clérigo e botánico (ou botánico e clérigo) Baltasar Merino, o Padre Baltasar Merino, na súa obra "Viajes de herborización por Galicia" como unha pequena lagoa cercana aos Pozos do Ollo, pozos que inda hoxe podemos contemplar, sobre todo o Ollo Grande, case igual que por aquel entón. Non é polo tanto ningún invento o de lagoas de Riocaldo. Xa daquela mencionaba o ilustre botánico algunha das especies de flora cuxa protección fixo que hoxe a zona estea incluída na Rede Natura 2000 (LIC Parga - Ladra - Támoga) por exemplo o cardiño da lagoa Eryngium viviparum. Este espazo de valor natural recoñecido conta ademais con outras especies, tanto de flora coma de fauna que figuran nos listados de especies de interese comunitario, no Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial e Catálogo Español de Especies Amenazadas e/ou no catálogo Galego de Especies Ameazadas e o fan merecedor deste estatus de protección: poderiamos nomear os mexillóns de río Margaritifera margaritifera e Unio pictorum, varias especies máis de flora como Luronium natans ou Pilularia globulifera ou mamíferos como a lontra Lutra lutra. Ademais están presentes cando menos 15 hábitats de interese comunitario no LIC, dos cales catro son prioritarios. Tamén réptiles e anfibios (Hyla arborea), artrópodos (Euphydryas aurinia, Oxygastra curtisii), peixes (Gasterosteus aculeatus) ou aves: Botaurus stellaris, Circus pygargus, Chlidonias niger, Podiceps cristatus (cunha pequena poboación reprodutora cada ano afectada pola actividade mineira) por nomear algúns taxóns.

Niño de mergullón cristado que unha repentina baixada do nivel da auga, non natural, deixa inutilizado e a incubación resulta estragada. Foto: J. Otero 22/05/12
  Dende logo que ao que menos lle debe a protección merecida do complexo sistema ecolóxico do Lugar de Importancia Comunitaria Parga – Ladra – Támoga e á actividade mineira de Erimsa.

  Quedarse co meramente anecdótico como a presenza accidental dun par de grous (Grus grus) ou pretender que a declaración do LIC foi grazas ás obras de Erimsa, agresivas ao fin e ao cabo co medio natural inda que do cambio producido na paisaxe xurdiran unha serie de hábitats que poden favorecer a presenza dalgunhas especies acuáticas é cando menos errado.

  Xusto é recoñecer que despois desta drástica transformación o medio lacunar resultante pode ter unha certa potencialidade para acoller unha máis ou menos rica diversidade biolóxica, pero para elo sería necesario entender que unha restauración non é a plantación de eucaliptos, chopos ou acacias como até agora vense producindo. A zona ten ademais a suficiente extensión para que compaxinar os usos recreativos coa conservación non teña que resultar lesivo para esta, nas súas mans está.

Aspecto do borde dunha das lagoas logo dunha repentina baixada artificial da auga. Pódese apreciar claramente na vexetación en termo medio o nivel que apenas uns días antes acadaba. Como consecuencia centos de exemplares de mexillón de río,  Unio pictorum, especie incluída no catálogo Galego de Especies Ameazadas, quedaron en terra. Foto: J. Otero. 28/10/2012
  Pero para isto, señores de Erimsa, compre entender o verdadeiro valor e potencial para a conservación que posúe esta área protexida, non paren vostedes na anécdota, afonden no coñecemento e fagan algo máis serio que vender fume, non lles vai custar máis cartos e a longo prazo o nome da empresa sairá mellor parado nun futuro no que o respecto polo medio natural cada vez dá máis prestixio.