Dende a asociación Numenius de Lugo querémonos sumar ós blogs que van aparecendo nos derradeiros tempos e intentar dar unha visión actualizada do que ocorre co mundo das aves na comarca chairega principalmente pero sen esquecer outras zonas do interior da provincia. Trátase dun blog colectivo no que, por suposto, terán cabida opinións e comentrarios a título persoal. Agardamos que os contidos sexan de interese para quenes nos visiten.

27.4.09

Sobre restauración e xestión de humidais

Estes son o cartel e o programa da convocatoria desta xornada na que tres cualificados oradores exporán as súas respectivas experiencias na restauración e xestión de humidais continentais na Península Ibérica.

A convocatoria foi posible grazas á organización conxunta entre Numenius, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a consultora ambiental DS habitaq e a colaboración do concello de Cospeito. A asistencia é aberta a todas aquelas persoas interesadas na ornitoloxía, na xestión de humidais e na conservación do medio ambiente e a biodiversidade en xeral